Contubernio catro de Tomé S.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O contubernio»)

Contubernio catro de Tomé S.
Título orixinalContubernio catro de Tomé S.
Autor/aAlfredo Conde
OrixeGalicia
LinguaGalego
Xénero(s)Narrativa
EditorialCastrelos
Data de pub.1978
Páxinas141 páx.
ISBN84-7041-094-6
editar datos en Wikidata ]

Contubernio catro de Tomé S. é unha novela do escritor galego Alfredo Conde, publicada en 1978 pola editorial Castrelos. Na segunda edición realizada por Sotelo Blanco en 1987 leva por título O contubernio.

Argumento[editar | editar a fonte]

O libro conta a historia de Tomé Salgado, o cura párroco de Lixouriz, unha aldea do concello de Sanuxio, que no outono de 1967 tense que enfrontar ao problema de que o cemiterio da parroquia está cheo. Acorda cos veciños a súa ampliación pero o Concello, mediante o alcalde, prohibe os enterramentos por non contar cos permisos pertinentes. O problema acrecéntase cando chega un cadáver e queda á espera de enterrar. A partir de entón, os problemas magnifícanse e deberán, cura e veciños, ir polo mesmo camiño para resolver este e outros problemas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]