Saltar ao contido

O club do crime dos xoves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O club do crime dos xoves
 Título
    The Thursday Murder Club (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Caracterizado por
 Cor
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
Cifras e dimensións
 Formato imaxe
   2,39:1 Editar o valor en Wikidata
 Duración
   118 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
60/100 Metacritic (19 de novembro de 2025)
77% Rotten Tomatoes (19 de novembro de 2025) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt12001534 Filmaffinity: 924112 Allocine: 1000001574 Rottentomatoes: m/the_thursday_murder_club Metacritic: movie/the-thursday-murder-club Netlix: 81751137 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O club do crime dos xoves (en inglés: The Thursday Murder Club) é un filme británico-estadounidense de 2025 dirixido por Chris Columbus a partir dun guión de Katy Brand e Suzanne Heathcote. Baséase na novela de 2020 de Richard Osman. Está protagonizado por Helen Mirren, Pierce Brosnan, Ben Kingsley e Celia Imrie, xunto con David Tennant, Jonathan Pryce, Naomi Ackie, Daniel Mays, Henry Lloyd-Hughes, Richard E. Grant, Tom Ellis, Geoff Bell, Paul Freeman, Sarah Niles e Ingrid Oliver nos papeis secundarios. A súa trama segue a un grupo de detectives afeccionados de idade avanzada que tentan resolver un asasinato.

O club do crime dos xoves estreouse o 21 de agosto en Leicester Square, Londres, antes de ter unha estrea limitada en 30 cinemas o 22 de agosto, e de estrearse en liña en Netflix o 28 de agosto de 2025, onde conta con versión dobrada ao galego.[1] Recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. @pipicasgal, ed. (28 de agosto de 2025). "Hoxe Netflix estrea un filme dobrado en galego. O club do crime dos xoves". Consultado o 3 de setembro de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]