O Pedrón (ara romana)
O Pedrón (ara romana) | |
O Pedrón baixo o altar da igrexa de Santiago de Padrón. | |
Tipo | Ara votiva romana |
Data | Idade Antiga |
Cultura | Cultura galaicorromana |
Características | |
Materiais | Granito |
Descuberta | |
Localización | Iria Flavia, Padrón, Galicia |
Conservación | |
Localización | Igrexa de Santiago de Padrón |
O Pedrón de Padrón é unha ara romana dedicada a Neptuno. Pódese ler nesta ara a inscrición «NO ORI ESES D S P», que se interpreta como: (Neptu)no Orieses d(e) s(uo) p(osucrunt) "A Neptuno, os orieses, colocaron esta ara ás súas expensas". A tradición cristiá da Translatio Xacobea, recollida no Libro III do Códice Calixtino, relata que os discípulos do apóstolo Santiago amarraron no Pedrón a barca que portaba o corpo do santo. Na parte superior do Pedrón gravouse ademais unha cruz, seguindo o costume de cristianizar o pagán[1].
A ara custódiase baixo o altar maior da igrexa de Santiago de Padrón[1]. O propio nome da vila de Padrón deriva etimoloxicamente de "pedrón"[2].
Inscrición
[editar | editar a fonte]No Pedrón pódese ler unha inscrición que foi alterada no século XVI engadíndolle unha cruz e mudando o nome da divindade romana por "patrono"[3]. Interprétase a inscrición «NO ORI ESES D S P» como: "A Neptuno, os orieses, puxeron ás súas expensas este altar"[4]. Trátase dunha ara votiva en granito dedicada ó deus romano dos mares e de tódalas augas.
† | Cruz cristiá, gravado do século XVI, que altera o orixinal. |
I H S | |
NO | (NEPTU)NO, Neptuno. |
ORI
ESES |
Os ORIESES, facendo referencia ós habitantes do foro de Iria Flavia. |
D S P | De Suo Posuerunt, é dicir, puxeron ás súas expensas. |
Simboloxía
[editar | editar a fonte]O carácter do Pedrón como símbolo permanece inalterable ó longo dos séculos ata os nosos días, custódiase baixo o altar maior da Igrexa de Santiago de Padrón. O mesmo nome de Padrón deriva etimoloxicamente de Pedrón e no escudo da vila aparece representada esta ara. Este altar dedicado ó deus romano Neptuno é segundo a tradición cristiá o lugar onde os discípulos do Apóstolo amarraron a barca logo da longa viaxe, como se relata no Codex Calixtinus.
Entréganse en Padrón os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra ás persoas ou entidades que defenden ou promocionan a cultura galega, outorgados pola Fundación Pedrón de Ouro dende 1964. Tamén naceu a Agrupación Folclórica Cultural O Pedrón no ano 1991 en Padrón, coa finalidade de recoller, estudar, ensinar e divulgar a cultura folclórica de Galicia[5].
Hai unha réplica do Pedrón na localidade francesa de Noirmoutier-en-l'Île, agasallo da vila irmá de Padrón[6].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Réplica do Pedrón en Noirmoutier-en-l'Île.
-
Hai diversas xardineiras en Padrón que reproducen o Pedrón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 RB, Silvia (3-1-2009). "La Translación en Padrón". Pastoral de Santiago (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16-04-2017. Consultado o 16-4-2017.
- ↑ "Historia de Padrón". Concello de Padrón. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2014.
- ↑ Moure Salgado, Xabier. "Romanización de Galiza/Galicia (Provincia da Coruña)". O Noso Património.
- ↑ Fernández Sánchez, J M; Freire Barreiro, F (1885). Guía de Santiago y sus alrededores (en castelán).
- ↑ Ou. L. (17-2-2009). "A agrupación folclórica e cultural O Pedrón, do municipio de Padrón, celebra a súa maioría de idade". La Voz de Galicia. Archived from the original on 29-10-2014. Consultado o 29-10-2014.
- ↑ "Réplique Du "Pedrón" Auquel La Barque De Saint-Jacques Fut Amarrée Au Port De Padrón". Panoramio (en francés). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Pedrón |