O Morgullón, Piñeira, Ribadeo
Aparencia
| O Morgullón | |
|---|---|
| Parroquia | Piñeira |
| Concello | Ribadeo |
| Coordenadas | 43°33′00″N 7°03′28″O / 43.550114378048, -7.057766000102 |
| Poboación | 10 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Morgullón é un lugar da parroquia de Piñeira, no concello lugués de Ribadeo.Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 10 habitantes (3 homes e 7 mulleres), 2 menos ca en 2007[1].
Sitúase ao leste, no extremo da parroquia e lindando coa parroquia veciña de Vilaselán. Trátase dun asentamento de veciños que cultivaban a terra e que agora aproveitaron para algunha explotación gandeira dada a riqueza dos pastos. Non había industrias nin outra clase de servizos. Cerca do lugar está o camposanto parroquial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-10-21.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Piñeira
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Piñeira no concello de Ribadeo (Lugo) | |
|---|---|
|
O Alto dos Pinos | Arelongo | O Barreiro | As Cruces | Dompiñor | A Eirexa | Folgosa | O Morgullón | O Outeiro | O Río | Vilar Non aparecen no Nomenclátor de 2003: Reverte |