Grinch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O Grinch»)
Grinch

Imaxe do Grich nunha escultura de area.
Primeira aparición 1957
Información
Cor de pelo verde

O Grinch é un personaxe de ficción creado polo Dr. Seuss asociado coa época do Nadal.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A súa primeira aparición foi como antagonista no libro infantil de 1957, How the Grinch Stole Christmas! aínda que xa fora mencionado dous anos antes, en 1955.[1] En 1966 reapareceu nun especial de televisión co mesmo nome baseado no libro, producido por MGM Animation/Visual Arts Studio e dirixido por Chuck Jones. En 1977, Seuss respondeu as peticións dos seus fans de crear máis historias sobre o Grinch, motivo polo que escribiu Halloween Is Grinch Night, un especial de Halloween para a CBS. Tal como a súa predecesora, esta secuela foi premiada cun Emmy. En 1982, Marvel produce a curtametraxe The Grinch Grinches the Cat in the Hat, o cal foi coproducido polo Dr. Seuss, baixo o seu verdadeiro nome, Ted Geisel. Esta terceira aparición do personaxe xerou outros dous premios Emmy.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]