O Congreso de París (Dubufe)
| O Congreso de París | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata |
O Congreso de París é unha pintura ó óleo realizada en 1856 polo pintor francés Édouard Dubufe.[1] Está exposta no Palacio de Versalles. A pintura mostra unha das reunións que tiveron lugar en París entre o 25 de febreiro e 30 de marzo de 1856 para asinar a paz da Guerra de Crimea.
Historia
[editar | editar a fonte]
- Artigos principais: Guerra de Crimea e Tratado de París (1856).
Entre outubro de 1853 e febreiro de 1856 tivo lugar a Guerra de Crimea que enfrontou a alianza formada polo Imperio Británico, o Segundo Imperio Francés, o Imperio Otomán e o Reino de Sardeña contra o Imperio Ruso para frear a expansión destes, así coma a súa influencia nos Balcáns. Tras varias batallas célebres, como o sitio de Sebastopol, a batalla de Balaclava ou a batalla de Inkerman e constatada a derrota dos rusos, as potencias vencedoras reuníronse en París para asinar o tratado que poñía fin ao conflito.
Descrición do cadro
[editar | editar a fonte]O cadro mide 380 cm x 510 cm. A pintura mostra aos ministros plenipotenciarios dos países relacionados coa guerra, así como o de Prusia, que aínda que non participou, foi convidado a participar nas conversas.[2].
Os personaxes que aparecen representados no cadro son:
| Primeira fila (dereita a esquerda)[2] | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Nome | Retrato | Plenipotenciario de | |||
| Aleksei Feodorovich Orlov | |||||
| Karl Ferdinand von Buol | |||||
| Henry Wellesley | |||||
| Camillo Benso | |||||
| Segunda fila (dereita a esquerda)[2] | |||||
| Mehmed Emin Aali Pasha | |||||
| George Villiers | |||||
| Vincent Benedetti | |||||
| Mehemmed Djemil Bey | |||||
| Alexandre Colonna-Walewski | |||||
| Edwin Freiherr von Manteuffel | |||||
| Joseph Alexander Hübner | |||||
| François-Adolphe de Bourqueney | |||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Joconde - Portail des collections des musées de France". Consultado o 20 de xuño de 2016.
- 1 2 3 "The Congress of Paris, 25 February – 30 March 1856" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Congreso de París |