Manuel González González (músico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O Chicho do Funk»)
Manuel González González
Data nacemento30 de agosto de 1994
Nado enSantiago de Compostela
Ocupaciónmúsico
PseudónimoChicho do Funk e Ortiga
Na rede
Facebook: ortigadioica Instagram: ortiga.ortiga.ortiga Youtube: UCx_o1nVuhf4eciADYdYnOIQ Bandcamp: ortigamusica Spotify: 1lUJB2u64xeYmvpGeoIuR6 Discogs: 7826263 Genius: Ortiga Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Manuel González González, tamén coñecido como O Chicho do Funk ou Ortiga,[1] nado en Santiago de Compostela o 30 de agosto de 1994, é un músico galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que nado en Compostela, sempre estivo moi ligado a Trasar de Carballo e San Mamede (Carballedo), a terra dos seus avós. Estudou a primaria e a secundaria en Compostela e fixo estudos de fisioterapia en Pontevedra, na Universidade de Vigo.

Desde moi novo tivo afección pola música, sobre todo na interpretación con guitarra eléctrica, e formouse na escola de música A Casa do Rock, na súa cidade natal.[3][4]

Esteban & Manuel[editar | editar a fonte]

Despois de colaborar con varios grupos, deuse a coñecer co dúo Esteban & Manuel, que recuperou o espírito da verbena a ritmo de cumbia, trap e auto-tune.[5][6] Hai quen os considera "os pais galegos da cumbia-tune".[7] Actuaron no Monkey Week[8] de Sevilla e caracterizábanse por vestir un de vermello e o outro de azul. Un dos temas máis coñecidos de La banda sonora de tu día a día (La Melona, 2017)[9] foi Ela namoroume.

Boyanka Kostova[editar | editar a fonte]

O Chicho do Funk nunha entrevista para Nós Televisión.

Desde 2016, Cibrán García (Saibran Yiyi) e O Chicho do Funk formaron Boyanka Kostova, dúo galego de música trap.

Discos:

  • 2018: Vella canción Galega.
  • 2019: Nova Canción Galega.
  • 2020: Os dous de sempre.
  • 2022: Ranaeira.
  • 2024: Foliada do inferno Cara A: A resposta / Bo chaval / Comida, viño e cancións / Que che den polo cu / Todo me sabe a ti / Fóra da lei. Cara B: Doimakarra / Porralume / Italofeira / Foliada do inferno / Rayo solar

Ortiga[editar | editar a fonte]

Ortiga é un proxecto en solitario do Chicho que arrincou en 2019[10] con Chicho & sus chichas (Ernie Records). Ortiga é unha evolución do son de Esteban & Manuel, con algunhas peculiaridades que o achegan máis á electrónica, mais sen perder a alma latina e de festa popular, os seus sinais de identidade xunto co auto-tune. Os dez temas fan referencia á terra e a xente real:[11] Pistolera, Acostumbrao, Bolero digital, Chantadanfestas, O solar, Mambito de los enamoraos, La Ortiga, Las motos de agua, Para no ia (remix), Chicho y sus chichas.

Con elementos da salsa, o merengue, a cumbia e a bachata, contan co Auto-Tune típico das cancións trap, mais a base ten unha caixa de ritmos electrónica. Hai cancións en galego e nun dos cortes hai un son dun titorial sobre ortigas,[12] porque a ortiga é unha planta híper galega e tivo experiencias na infancia con ela.[13]

En agosto de 2020 confesáballe ao Diario de Pontevedra:[14]

Esteban e Manuel fomos os que empezamos co tema das cumbias, estabamos na escena underground galega pero non había ninguén interpretando este estilo, entón foi innovador. Con Boyanka Kostova pasou o mesmo pero co trap galego, que apenas había. Agora con Ortiga podo facer o que me dá a gana, porque estou eu só. Boyanka é trap, nel son unha especie de xograr que retrata o momento actual con música e facendo o parvo, e Ortiga é máis latino e cóntalle a súa vida á peña

En 2020 colaborou con Rodrigo Cuevas en "La magia de tu melena".[15]

Na primavera de 2021 lanzou Nanana e Helicóptero, dúas novas cancións.[16] En setembro de 2021 lanzou o disco Sabes el Camino que Elegí,[17] que recolle esas cancións. Composto entre 2019, 2020 e xaneiro e febreiro de 2021, foi gravado e mesturado por Hevi en Laboratorio Soyuz entre decembro de 2020 e febreiro de 2021. Foi masterizado por Cem Oral, producido por Chicho e coproducido por Hevi. A maioría das letras e das músicas son de Chicho do Funk. Son dez temas con salsa, cumbia, bachata -e outros- mesturados coa electrónica, o autotune e o folclore.

Discos[editar | editar a fonte]

  • Chicho & sus chichas (2019)
  • Sabes el Camino que Elegí (2021)

Ortiga e Grande Amore[editar | editar a fonte]

En 2021 Ortiga & Grande Amore presentaron Los rastreadores. Nos seus seis cortes, ‘Los Rastreadores’ "teñen elementos de techno, de rumba, de ritmos latinos, de rap… porque para iso están feitos, para que recollan todos os elementos que a eles sempre lles encanta atopar na música que lles transmite algo".[18] Os artistas gravaron todo o proceso de creación, composición e gravación para o disco, a cargo de Álvaro Alvite.[19]

Ortiga e Pili Pampín[editar | editar a fonte]

Neste mesmo ano, Ortiga coñeceu a Pili Pampín no programa Land Rover da televisión galega. Desde o emisora pedíuselles unha colaboración conxunta para o programa de fin de ano. Da unión dos dous artistas saíu unha versión, a ritmo de cumbia, do tema tradicional "eu chorar chorei", da que presentaron posteriormente un videoclip.[20]

Ortiga & High Paw[editar | editar a fonte]

En 2022 Ortiga e a cantante de reggae High Paw gravaron xuntos Non hai quen me ature.[21][22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: g". www.ogalego.eu. Consultado o 2020-08-04. 
  2. "A obsesión de Ortiga: o Mesón Valderrey". Vinte. Consultado o 2020-08-04. 
  3. "El músico de Fontiñas que a sus 25 años agota entradas se llama Ortiga". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-08-22. 
  4. Pontevedra, Diario de (2021-08-04). "Ortiga: "Vida só hai unha e hai que aproveitala"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2021-08-04. 
  5. Fariña, Noelia (2018-01-26). "Esteban & Manuel: la verbena se hace con 'autotune' y ya no es para viejos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-08-01. 
  6. S.L, EDICIONES PLAZA. "Esteban y Manuel: “No se debería subestimar el criterio musical de nuestra generación”". Cultur Plaza (en castelán). Consultado o 2020-08-01. 
  7. "Esteban y Manuel o los padres gallegos de la cumbiatune". www.vice.com (en castelán). Consultado o 2020-08-01. 
  8. "ESTEBAN & MANUEL: A PROPOSTA TROPICAL DE SINSAL PARA PLAY-DOC". Play-Doc. 2018-04-16. Consultado o 2020-08-01. 
  9. "La Banda Sonora de tu Día a Día, by Esteban & Manuel". La Melona. Consultado o 2020-08-01. 
  10. "Ortiga: candidato a disco del año". ELMUNDO (en castelán). 2019-11-11. Consultado o 2020-08-01. 
  11. "ORTIGA - Chicho & sus chichas (2019) FUSIóN MeGA música en galicia". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-01. 
  12. Rubén (2019-10-22). "'Chicho y sus chichas' nos presenta a un Ortiga inclasificable". MusicUP (en castelán). Consultado o 2020-08-01. 
  13. "Ortiga: "Funciono mejor en sitios donde a priori no encajo"". MondoSonoro (en castelán). 2019-12-31. Consultado o 2020-08-01. 
  14. Casteleiro, Patricia (2020/08/20). "Ortiga Cantante". Diario de Pontevedra: 21. 
  15. "La magia de tu melena". youtube.com. 
  16. "Ortiga se pone veraniego al máximo en “Helicóptero”". MondoSonoro (en castelán). 2021-05-14. Consultado o 2021-06-16. 
  17. "CULTURA / Prepárate para la pista de baile tropical de Ortiga - murcia.com". www.murcia.com. Consultado o 2021-09-02. 
  18. "'LOS RASTREADORES' por ORTIGA & GRANDE AMORE Compostela Cultura". www.compostelacultura.gal. Consultado o 2021-06-16. 
  19. "Ortiga & Grande Amore presentan Los rastreadores". youtube.com. 
  20. "O sorprendente dueto de Ortiga e Pili Pampín que se gravou en La Luna". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-04-24. 
  21. Murcia.com. "CULTURA / Ortiga presenta "Non Hai Quen Me Ature" junto a High Paw - murcia.com". www.murcia.com. Consultado o 2022-04-26. 
  22. "ORTIGA & HIGH PAW. Non Hai Quen Me Ature". Consultado o 2022-04-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]