O Campo das Bestas, Mañufe, Gondomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Campo das Bestas
ParroquiaMañufe
ConcelloGondomar
Coordenadas42°06′29″N 8°46′14″O / 42.108166666667, -8.7704722222222Coordenadas: 42°06′29″N 8°46′14″O / 42.108166666667, -8.7704722222222
Poboación48 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

O Campo das Bestas é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello pontevedrés de Gondomar, bisbarra histórica e natural do Val Miñor, que actualmente forma parte administrativamente da comarca de Vigo. Segundo o INE en 2019 tiña 48 habitantes (22 homes e 26 mulleres), dous menos ca en 2010.

Campos de cultivos nas Ribeiras de San Bieito, Campo das Bestas, Mañufe, Gondomar

Descrición[editar | editar a fonte]

Dista 1,2 km do centro da vila de Gondomar, e atópase a 18 metros de altitude sobre o nivel do mar[1]. Sitúase entre os barrios da Moreira e Pousada. Está constituída por un pequeno conxunto de casas sobre terras de cultivo na ribeira sur do río Miñor. A franxa de leiras recostada ao Miñor tamén é coñecida como As Ribeiras de San Benito[2]. O lugar é atravesado polo camiño Campo das Bestas, que nace na Vía da Cova (actualmente corresponde a un tramo da estrada provincial PO-2035, tamén baixo o nome de Avenida Rogelio de la Granja) e remata na Avenida Curros Enríquez tras pasar o barrio de Pousada.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O microtopónimo Ribeiras de San Bieito está vinculado á advocación de San Bieito na próxima vila de Gondomar[2]. É zona inundable pola enchentes do Miñor. Segundo a tradición agraria local, “para que sexa bo ano de colleitas o río ha de saír do leito sete veces”[3].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Fonte do Outeiral: Situada nas terras do Igrexiario, abaixo da igrexa parroquial de Mañufe, con acceso dende o camiño medieval da Nosa Señora do Norte ao paso polo Campo das Bestas[2]. É unha fonte de cano cun nicho pétreo “totalmente embutido no muro que dá amparo ao socalco posterior formado polo Igrexario. Cando aínda as augas non se comercializaban en botella, o seu caudal era moi apreciado” segundo o arquitecto Antonio Soliño Troncoso[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lugares da parroquia de Mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 07/05/2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Toponimia do Concello de Gondomar". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26/05/2020. Consultado o 07/05/2020. 
  3. 3,0 3,1 "Rutas do Concello de Gondomar". Wikiloc. Consultado o 07/05/2020. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Mañufe[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra)

O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal

Parroquias de Gondomar[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)