O Alto dos Pinos, Piñeira, Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Alto dos Pinos
ParroquiaPiñeira
ConcelloRibadeo
Coordenadas43°32′37″N 7°04′40″O / 43.543522552435, -7.0777262925064Coordenadas: 43°32′37″N 7°04′40″O / 43.543522552435, -7.0777262925064
Poboación14 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]


O Alto dos Pinos é un lugar da parroquia de Piñeira, no concello lugués de Ribadeo. Tiña 14 habitantes en 2015 (6 homes e 8 mulleres) segundo datos do IGE[1]. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2007 cando tiña 13 habitantes (5 homes e 8 mulleres), e dous habitantes máis que en 2006.

Localización[editar | editar a fonte]

Sitúase nun pequeno alto cheo de pinos que aproveitaban para madeira e para leña. Formouse como consecuencia de asentamentos de veciños chegados doutros lugares próximos e da propia parroquia, que fixeron a súa vivenda nunha leira ou nun monte, despois de cortar os piñeiros. Era importante porque se cruzaban a estrada que unía A Coruña con Oviedo e a que une Piñeira con Folgosa.

Economía[editar | editar a fonte]

Hoxe, despois da concentración parcelaria, xa non se traballa a terra coa axuda do gando, senón con maquinaria agrícola. As obras da autovía do Cantábrico, e antes as do ferrocarril Ferrol-Xixón separaron este lugar da parroquia e déronlle unha nova dimensión que se ve favorecida polo asentamento de pequenas industrias de servizos e algún taller, desaparecendo o cultivo agrícola, agás o de autoconsumo.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Piñeira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Piñeira no concello de Ribadeo (Lugo)

O Alto dos Pinos | Arelongo | Barreiro | As Cruces | Dompiñor | A Eirexa | Folgosa | O Morgullón | O Outeiro | Río | Vilar

Parroquias de Ribadeo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2016.