O Alto do Castaño, Narón, Narón
| O Alto do Castaño | |
|---|---|
Casa do Concello | |
| Parroquia | Narón |
| Concello | Narón |
| Coordenadas | 43°30′11″N 8°11′44″O / 43.50315, -8.19562 |
| Poboación | 6.117 hab. (2009) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Alto do Castaño[1] é un barrio de Narón no concello coruñés de Narón. Está situado no sur do concello e limita ao norte co barrio de Piñeiros, ao sur co da Gándara, ao leste co do Couto, e ao oeste co concello de Ferrol e o barrio da Solaina.
Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia que o conforma, sendo este o de Xubia (San Xosé Obreiro)[1][2]. A parroquia naceu nos anos sesenta logo da segregación da parroquia matriz que era a do Couto. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Poboación
[editar | editar a fonte]No ano 2010, as parroquias de Xubia (Nosa Señora dos Desamparados), Xubia (San Xosé Obreiro), Xubia (San Martiño), Xubia (Santa Icía), Xubia (Santa Rita) e Xubia (Santiago Apóstolo) fusionáronse estatisticamente para dar lugar ao núcleo urbano de Narón[2]. A parroquia de San Xosé Obreiro, ou sexa, o actual distrito do Alto do Castaño, tiña os seguintes lugares[1]:
- O Alto do Castaño
- O Camiño do Pino
- O Chantado
- O Colmeote
- Domirón
- A Ferrolana
- A Fontaíña
- O Hedreiro
- A Pena
- O Roibo
- O Seixo
- A Torre
Segundo datos do Instituto Galego de Estatística tiña 6.117 habitantes no ano 2009 (último ano do cal se teñen datos) dos cales eran 2.982 homes e 3.135 mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando tiña 4.669 habitantes[2]. É o barrio que máis medrou nos últimos anos, debido en gran parte ó traslado da Casa do Concello e outros servizos como o Centro de Saúde.
A distribución da poboación por lugares en 2009 era a seguinte[2]:
| Total | Homes | Mulleres | |
|---|---|---|---|
| O Alto do Castaño | 970 | 486 | 484 |
| O Colmeote | 101 | 46 | 55 |
| Domirón | 1129 | 523 | 606 |
| O Hedreiro | 1869 | 931 | 938 |
| A Fontaíña | 192 | 86 | 106 |
| O Roibo | 735 | 348 | 387 |
| A Torre | 1121 | 562 | 559 |
| 6117 | 2982 | 3135 |
Do resto de lugares o IGE non especifica datos de poboación.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Casa da Cultura
-
Biblioteca
-
Pazo da Cultura
-
Apeadeiro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares do Alto do Castaño
[editar | editar a fonte]| Lugares do barrio do Alto do Castaño no concello de Narón, na provincia da Coruña | |
|---|---|
|
O Alto do Castaño | O Camiño do Pino | O Chantado | O Colmeote | Domirón | A Ferrolana | A Fontaíña | O Hedreiro | A Pena | O Roibo | O Seixo | A Torre |
Barrios de Narón
[editar | editar a fonte]| Barrios de Narón no concello de Narón, na provincia da Coruña | |
|---|---|
|
O Alto do Castaño | O Couto | A Gándara | Piñeiros | A Solaina | Xuvia |
Parroquias de Narón
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "ORDE do 10 de xullo de 2001 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan, pertencentes ós concellos de Abegondo, Arteixo, Coristanco, A Coruña, Dumbría, Mazaricos, Narón, Noia, Oroso, O Pino, Ponteceso, Ribeira, Sada, Tordoia, Trazo e Vilasantar.". DOG. Xunta de Galicia. Consultado o 3 de setembro de 2025.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2009". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-03.