ONR-Falanga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Campo Nacional Radical-Falanga (en polaco, Obóz Narodowo Radykalny-Falanga/ONR-Falanga) foi un movemento fascista, ultranacionalista e católico. En 1931 converteuse nun partido político e existiu até 1939. Era un movemento minoritario, xurdido da división do Campo Nacional Radical (en polonés, Obóz Narodowo Radykalny, ONR) en 1934. Opúxose ao Terceiro Reich durante a invasión alemá de Polonia de 1939.

Formación e ideoloxía[editar | editar a fonte]

O ONR-Falanga xurdiu na primavera de 1935, tras a ruptura dos membros do Campo Nacional Radical detidos no campo de detención de Bereza Kartuska.[1] Adoptou o nome de Obóz Narodowo-Radykalny (Campo Radical Nacional), mais axiña sería máis coñecido como a Falanga. Ese nome sería tamén o do seu xornal. O seu grupo rival obtería o seu nome da mesma forma, coñecido como Campo Nacional Radical-ABC).[2]

A Falanga, liderada por Bolesław Piasecki, promovía un totalitarismo católico inspirado na Falange Española. Porén, críase máis abocado a un fundamentalismo católico có grupo español. De feito, a súa afirmación de que "Deus é a máis alta forma do home" lembraba o fanatismo relixioso do fascista romanés Corneliu Zelea Codreanu.[3][4] O grupo é considerado un movemento fascista.[2][5][6]Moi críticos co sistema capitalista, apoiaban a retirada dos dereitos civís dos xudeus de Polonia. Presentábanse a si mesmos como a vangarda opositora ao caudillo polonés Józef Piłsudski.[2][2]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Cunha extensa base de formación e orixe na universidade, a Falanga perseguiu o antisemitismo activo, mais tiña poucos integrantes. Desde as súas bases escolares tentou ataques contra alumnado e xente de negocios xudeus.[7][8] Así mesmo, perseguiron e hostigaron activistas de esquerdas dentro das súas actividades violentas.[2]

O grupo e os seus membros logo foron obxecto do escrutaxe do goberno polaco. De feito, ao contrario do que sucedía en movementos similares en Europa que celebraban regularmente manifestacións públicas, a ONR-Falanga celebrou só dúas reunións deste tipo, en 1934 e 1937, rapidamente disoltas pola policía.[6]

O movemento estivo brevemente aliado co Campo de Unidade Nacional (en polonés, Obóz Zjednoczenia Narodowego, OZN). O coronel Adam Koc, impresionado pola organización da ONR-Falanga, puxo a Piasecki á fronte das mocidades do OZN. Koc encargoulle a creación dun estado unipartidista e apoiou o movemento xuvenil para lograr o obxectivo, malia que o pronunciamento perturbaría a moitos integrantes moderados a prol do goberno. Como consecuencia de dita formulación, Koc sería cesado como líder do OZN en 1938. Substituíuno o xeneral Stanisław Skwarczyński, quen rapidamente rompeu os vínculos coa ONG-Falanga.[9]

Desaparición[editar | editar a fonte]

Como movemento nacionalista polaco, o ONR-Falanga opúxose á ocupación de Polonia tras a invasión de 1939. Por tanto foi rapidamente subsumido polo Konfederacja Narodu, un grupo da resistencia polaca próximo á ultradereita.[2]

Con todo, tras o estabelecemento en Polonia dun goberno afín á URSS en 1945, permitíuselle a Piasecki liderar o movemento PAX (en polonés, Stowarzyszenie PAX). A organización, supostamente ultracatólica, en realidade era unha das correntes fachada da NKVD. Promovía un novo réxime comunista nunha Polonia católica mentres os afastaba do Vaticano.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "no zhy". 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 C.P. Blamires, World Fascism: A Historical Encyclopedia, ABC-Clio, 2006, p. 523
  3. Stanley G. Payne, A History of Fascism 1914-1945, Londres: Routledge, 2001, p. 262
  4. Payne, A History of Fascism, pp. 321-2
  5. P. Davies & D. Lynch, The Routledge Companion to Fascism and the Far Right, Londres: Routledge, 2002. p. 324
  6. 6,0 6,1 Norman Davies, God's Playground: A History of Poland Volume 2: 1795 to the Present, Columbia University Press, 1982, p. 262
  7. "Obóz Narodowo-Radykalny - [[WIEM Encyklopedia]]" (en polaco). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2011. Consultado o 30 de setembro de 2017. 
  8. J.W. Borejsza, "East European Perceptions of Italian Fascism, S. U. Larsen, B. Hagtvet & J. P. Myklebust, Who Were the Fascists: Social Roots of European Fascism, Scandinavian University Press, Oslo, 1980, p. 358
  9. Payne, A History of Fascism, p. 322
  10. Davies, God's Playground, p. 579

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]