Nzinga de Ndongo e Matamba
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1582 Reino de Ndongo |
| Morte | 17 de decembro de 1663 Reino da Matamba |
| Raíña reinante | |
| 1624 – 1663 | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Reino da Matamba (pt) |
| Relixión | Cristianismo |
| Outro | |
| Título | Raíña |
| Pai | Mbande a Ngola |
| Irmáns | Bárbara de Matamba Ngola Mbande |
| Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dictionary of Caribbean and Afro-Latin American Biography |
Anna Nzinga, nada c. 1583 e finada o 17 de decembro de 1663, tamén coñecida como Njinga Mbande ou Ana de Sousa Nzinga Mbande,[1] foi unha raíña africana do século XVII (muchino a muhatu) que reinou nos reinos de Ndongo e Matamba do mbundu da actual Angola. Ascendeu ó poder como unha embaixadora e conseguiu o control da fortaleza portuguesa de Ambaca. Asumiu o poder de Ndongo despois de que o seu irmán se suicidase, polo que se converteu en rexente do seu fillo, Kaza. Nzinga loitou durante catro décadas (1620-1660) pola liberdade dos seus reinos contra o dominio portugués, que estaban a colonizar a área naquela época.[2] Hoxe, é lembrada en Angola pola súa perspicacia política e diplomática, así como unha brillante táctica militar. Unha rúa principal de Luanda leva o seu nome, e colocouse unha estatua en Kinaxixi en 2002, dedicada polo presidente Santos para celebrar o 27 aniversario da independencia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Williams 2010, p. 82.
- ↑ "Queen Nzinga - African Feminist Forum". African Feminist Forum (en inglés). 14 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2017. Consultado o 12 de setembro de 2017.