Nzambi Matee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNzambi Matee

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1992 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeKenya Editar o valor em Wikidata
EducaciónJomo Kenyatta University of Agriculture and Technology (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedora , enxeñeira , académica , deseñadora , ecoloxista , científica , empresaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: nzambimatee_ke Instagram: nzambimatee_ke LinkedIn: nzambi-matee-gjenge2017 Editar o valor em Wikidata


Nzambi Matee é unha enxeñeira de materiais de Kenya que recicla residuos plásticos en materiais de construción sostibles e de baixo custo.[1]

O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) recoñeceu o seu traballo e concedeulle o premio ambiental da ONU, para os menores de 30 anos, que se entrega anualmente a sete persoas da ciencia, enxeñería, mundo empresarial e activistas de todo o mundo chamados Xuventude Campioa da Terra 2020.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nzambi Matee como enxeñeira especializouse en ciencia de materiais e traballou na industria petroleira de Kenya .

Vendo a contaminación por residuos plásticos continuamente, o desperdicio rutineiro de bolsas de plástico tiradas polas rúas de Nairobi, fíxolle reflexionar e pensar como facer algo útil coa reciclaxe dos residuos plásticos e ao mesmo tempo darlle solución ao problema de contaminación. Nzambi Matee creou o seu propio lema: ¡Actúa pola natureza!

En 2017, Nzambi Matee deixou o seu traballo como analista de datos e comezou a investigar, crear e probar diferentes materiais de pavimentación de plástico e area no curro da casa da súa nai, convencida de que podería sacar adiante este proxecto sostible levouna ao día seguinte a empregar tódolos seus aforros nel.[3] Solicitou e recibiu unha bolsa para un programa de formación en emprendemento social nos Estados Unidos. Durante a súa estancia nos Estados Unidos, Nzambi Matee estudou e investigou nos laboratorios da Universidade de Colorado en Boulder , logrando mellorar as proporcións de area e plástico necesarias para a fabricación dos seus ladrillos. Nestes laboratorios tamén deseñou e desenvolveu a maquinaria para producir os ladrillos de plástico.

En 2018 fundou a empresa Gjenge Makers especializada na reciclaxe do plástico e o seu uso para convertelo en ladrillos. "O plástico é un material mal empregado e incomprendido. O seu potencia é enorme, máis a súa vida posterior pode ser desastrosa", di Matee.[4]

Emprega residuos plásticos que xa non se poden procesar, que non se poden reciclar, contribuíndo con este proceso a solucionar o problema da contaminación por residuos plásticos en Kenya e ao mesmo tempo contribuíndo a solucionar o problema da vivenda.

Os produtos feitos de plásticos son fortes e duradeiros, os residuos plásticos mestúranse con area e quéntanse e o produto resultante é de cinco a sete veces máis resistente que o formigón. O plástico é fibroso, o que fai do ladrillo ou do adobe un material forte e duradeiro. Ademais, en comparación cos ladrillos convencionais, os ladrillos producidos con plásticos como materia prima son máis lixeiros, polo que o transporte e a instalación realízanse a maior velocidade. [5]

A materia prima utilizada é unha combinación de tipos de plásticos, polietileno de alta densidade (procedentes de botellas de leite, latas de produtos de limpeza e aseo, etc.), polietileno de baixa densidade (bolsas) e polipropileno (cordas, tapas, etc.). ).

Algúns dos produtos que se fabrican ademais dos adoquines* son ladrillos, tellas e tapas de sumidoiros.

Empregáronse adobes de Gjenge Makers para cubrir os camiños de terra do Centro de Formación de Habilidades de Mukuru situado no barrio de Mukuru Kyaba da capital, patios escolares pavimentados cos seus ladrillos de cores.

O proxecto Nzambi Matee ten como obxectivo reducir o impacto ambiental no desenvolvemento económico e crear oportunidades de traballo para a mocidade e mulleres nas industrias da sostibilidade e da construción en Kenya. É unha verdadeira economía circular. "Constrúe alternativamente, constrúe de forma alcanzable, constrúe de maneira sustentable", ese é o lema de Gjenge Makers.[6]

Gjenge Makers cumpre coa iniciativa das Nacións Unidas de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), concretamente cos Obxectivos:

  • Obxectivo 8: Promover un crecemento económico sostido, inclusivo e sostible, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todos.
  • Obxectivo 9: construír infraestruturas resilientes, promover unha industrialización inclusiva e sostible e fomentar a innovación.
  • Obxectivo 11: facer que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sostibles.
  • Obxectivo 13: Adoptar medidas urxentes para loitar contra o cambio climático e os seus efectos.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

O seu traballo foi recoñecido polas Nacións Unidas e formou parte do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

Ten o título de Young Champion on the Earth 2020 (Young Champions of the Earth 2020). Nzambi Matee é unha das sete persoas galardoadas co premio á sostibilidade outorgado pola ONU que se outorga en recoñecemento aos ecoloxistas, de entre 18 e 30 anos, dos cales só se seleccionan sete persoas dos eidos da ciencia, enxeñería, empresarial e activistas de todo o mundo.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]