A aeroliña reliza principalmente voos chárter a curto prazo, pero en 2020 e 2021 fíxose con contratos públicos para realizar voos domésticos en Estonia, Finlandia e Suecia.
En Estonia a compañía comezou a voar entre Talín e Kuressaare, na illa de Saaremaa, en decembro de 2020, e entre Talín e Kärdla, en Hiiumaa, dende o 1 de marzo de 2024.[3] En Finlandia a compañía realiza voos dende Helsinqui ata Jakobstad-Kokkola, Savonlinna, Kemi e Jyväskylä dende maio de 2021. NyxAir tamén realizou voos domésticos en Suecia en nome de Air Leap.[4] Desde marzo de 2022 voa de Estocolmo-Bromma a Trollhättan en nome da aeroliña local sueca Västflyg.[5] Ademais, a aeroliña opera voos de carga.[6]