Museo Nusantara (Delft)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nusantara")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Museo Nusantara
(Museum Nusantara)
NusantaraDelft.JPG
Antiga sede do
Museo Nusantara en 2015.
Coordenadas52°0′45″N 4°21′18″L / 52.01250, -4.35500
PaísFlag of the Netherlands.svg Países Baixos
CidadeCoat of arms of Delft.svg Delft
TipoEtnográfico
Inauguración1911
Sitio Web[1]

O Museo Nusantara (en neerlandés: Museum Nusantara) foi unha institución museística sobre Indonesia (ex Indias Orientais Neerlandesas) sito no número 4 da praza Sint Agathaplein, na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos[1]

A colección estaba composta por arte e utensilios tradicionais de Indonesia, e pretendía achegar unha idea da historia e da cultura dos diversos grupos étnicos daquel país.

Ademais, este museo foi unha mostra das relacións existents durante catro séculos entre Indonesia e os Países Baixos, logo de que en 1595 partise a primeira frota holandesa cara ás Indias Orientais e en 1602 se establecese a Compañía Holandesa das Indias Orientais (VOC).[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Estatuiña masculina de madeira, exposta no Museo Nusantara

En 1864, o Consello Municipal de Delft decidiu crear unha institución para a educación en lingüística e en etnoloxía das Indias Orientais Neerlandesas, vinculada tamén á Escola Politécnica de Delft (actual Universidade de Tecnoloxía de Delft). Este organismo, chamado Institución Indiana (Indische Instelling), creou unha colección inicial de obxectos para utilizar nese proceso educativo, que constituíu o núcleo dos fondos do posterior Museo Nusantara. O proxecto educativo finalizou en 1899, cando a colección abranguía arredor de 5.000 obxectos.[3]

En 1909 a exposoción instalouse provisoriamente no Museo Prinsenhof, e en 1911 abriuse oficialmente o museo etnográfico co nome de Nusantara, e os fondos trasladáronse do Prinsenhof á sede da praza Sint Agatha Plein.

A partir de aí, a colección continuou agrandándose ata chegar aos 18.000 obxectos, 16.000 fotografías e soportes de imaxe, e 8.000 fondos bibliográficos relativos a Indonesia.

En 1954 fundouse a Asociación de Amigos do Museo Etnográfico, e en 1962 a Fundación para a Propiedade da Arte Etnográfica, coa misión de conseguir fondos económicos e adquirir novas pezas para o museo.

No marco da reestruturación do uso de edificios e institucións municipais, o Concello de Delft, propietario do edificio e da colección, decidiu o pechamento do museo o 6 de xaneiro de 2013. En abril de 2014 anunciouse que a antiga colección do Museo Nusantara sería dividida provisionalmente entre diversos museos, entre outros o Museo Prinsenhof, tamén de Delft, e o Museo Volkenkunde, de Leiden, aínda que existe un proxecto de reestablecemento do museo, pendente de concreción.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "¿Qué es el Museo Nusantara?". Na antiga web do museo (en castelán)
  2. "Museum Nusantara". En WikiDelft.nl (en neerlandés)
  3. "De Indische Instelling en de schatten van Museum Nusantara in Delft" (en neerlandés)
  4. "Herbestemming collectie Museum Nusantara" (proxecto de rehabilitación da colección do Museo Nusantara) (en neerlandés)
  5. "Collectie museum Nusantara definitief uiteen" . En AD.nl. 14 de novembro de 2016 (en neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wentholt, Arnold. Nusantara. Highlights from Museum Nusantara Delft. C. Zwartenkot Art Books. Leiden, 2014 [ISBN 978-90-5450-013-1]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]