Nuno Rodrigues dos Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nuno Rodrigues dos Santos
Nacemento13 de marzo de 1910
Lugar de nacementoLuanda, Estado da África Occidental, Reino de Portugal
Falecemento5 de abril de 1984
Lugar de falecementoLisboa
NacionalidadePortugal
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Nuno Aires Rodrigues dos Santos, nado en Luanda (Angola) o 13 de marzo de 1910 e finado en Lisboa o 5 de abril de 1984, foi un político portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de António da Cruz Rodrigues dos Santos e da súa muller Maria José Gonçalves, Nuno Aires naceu en Luanda, capital do Estado da África Occidental, o 13 de marzo de 1910, sete meses antes da revolución que derrocaría a monarquía portuguesa.

Foi un dos «republicanos históricos» máis prestixiosos do Partido Popular Democrático, fundado en maio de 1974 e desde 1976 denominado Partido Social Demócrata (PPD/PSD),[1] con fortes conviccións democráticas e humanistas que o levaron a se opoñer á ditadura do Estado Novo. Era ademais membro coñecido do Grande Oriente Lusitano - Maçonaria Portuguesa, tras iniciarse en 1935 na Loja Magalhães Lima, de Lisboa, co nome simbólico de «Danton», e pertenceu durante a clandestinidade á tamén lisboeta Loja Liberdade, onde acadou o grao 30.

Deputado da Assembleia Constituinte en 1975, volvería ser elixido á Asemblea da República en 1976, 1979, 1980 e 1983. Entón presidiu a Comisión Política Nacional, tras ser nomeado no X Congreso do PPD/PSD, celebrado en Albufeira, no Hotel Montechoro, os días 25, 26 e 27 de febreiro de 1983. Nel Francisco Pinto Balsemão —un dos tres líderes fundadores canda Francisco Sá Carneiro e Joaquim Magalhães Mota— foi derrotado e a dirección do partido entregóuselle a unha estrutura colexiada que integraban o propio Nuno Rodrigues dos Santos, Henrique Nascimento Rodrigues, Carlos Mota Pinto e Eurico de Melo.[2][3]

Estivo casado con Júlia Rodrigues de Brederode, descendente dos baróns de Brederode, orixinarios dos Países Baixos. Ambos foron pais do xornalista e xurista Nuno Brederode dos Santos (1944-2017) e de Maria Emília Brederode Santos, casada con José Manuel de Medeiros Ferreira.

O 30 de xuño de 1980 foi agraciado co grao de Comendador da Ordem da Liberdade.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Non confundir co Partido Socialista.
  2. Nuno Rodrigues dos Santos na páxina do Partido Social-Demócrata.
  3. Rodrigues dos Santos Nuno Rodrigues dos Santos na páxina da Fundação Mário Soares.
  4. "Entidades Nacionais Agraciadas com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Nuno Rodrigues dos Santos". Consultado o 2020-09-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Sobre a identidade orixinaria socialdemócrata republicana histórica do Partido Social Demócrata:

Sobre Rodrigues dos Santos: