Nuno
Aparencia
| Nuno | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
Nuno[1][2] é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co asturiano e co portugués. A súa orixe é incerta, mais crese que pode ter a raíz latino-romance *nunn- procedente da linguaxe infantil.[2]
En xaneiro de 2023 existían 410 varóns en Galicia co nome Nuno, cunha media de idade de 10,3 anos.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi un nome moi frecuente en Galicia durante a Idade Media, como Nuno I, bispo de Mondoñedo, presente tamén na nobreza da época en personaxes como Nuno Freire de Andrade, o Mao (século XV), contra quen se ergueu a primeira irmandade (1431) ou trobadores como Nuno Fernandes Torneol e Nuno Eanes Cerzeo.
Nuno noutras linguas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- 1 2 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Nuno na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ mieres.es (ed.). "NOMES DE PERSONA N’ASTURIANO" (PDF). Consultado o 13 de febreiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nuno |