Numismatic Literary Guild
| Numismatic Literary Guild | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
O Numismatic Literary Guild (NLG; en galego "Gremio Literario Numismático") é unha entidade asociativa e sen ánimo de lucro de carácter numismático que ten como obxectivo o apoio, o recoñecemento e a promoción da excelencia na literatura numismática e na creación de contidos.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Este gremio, fundado en 1968,[2] tivo a primeira xuntanza no marco da Feira Mundial do Diñeiro celebrada aquel ano pola American Numismatic Association en San Diego, California. Foi promovido por un grupo de autores entre os que estaban Dorothy Dow e Lee Martin[2] —o seu primeiro director executivo en 1968-1969— e entre os membros do seu primeiro consello estaba tamén Maurice M. Gould, que foi o seu segundo director executivo, no bienio 1970-1971.[3] Outros dos destacados numismáticos que estiveron á fronte do NLG nas súas primeiras décadas de existencia foron Raymond A. Byrne (1972-1976), Virginia Culver (1977-1981), Paul Whitnah (1981-1982), David T. Alexander (1982-1990) ou Edwin J. Reiter (1990).[4]
Xa naquela xuntanza fundacional de 1968, acordouse a creación do principal premio outorgado pola nova entidade, que recibiu o nome de Premio Clemy por proposta de James L. Miller, daquela editor da revista numismática COINage.[5]
Desde entón, o NLG agrupa editores, autores, xornalistas, blogueiros, deseñadores e produtores multimedia que aborden nas súas creacións calquera aspecto relacionado coas moedas, as medallas, as fichas comerciais e calquera outro obxecto de colección relacionado.[1]
O NLG celebra anualmente un concurso de creadores no que se escollen as mellores producións do ano, que conducen á entrega dos premios na respectiva edición da Feira Mundial do Diñeiro.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "About Us". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org).
- 1 2 3 «Writers' Guild Formed». En The Numismatist. Vol. 81. Nº 4. Abril de 1968. Páxinas 466-467.
- ↑ Bailey, C. F. (1976). Páxina 16.
- ↑ Alexander, D. T. (1993). Páxina 11.
- ↑ Bailey, C. F. (1976). Páxina 17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alexander, D. T. (1993). Numismatic Literary Guild: A 25-Year History, 1968-1993. Numismatic Literary Guild.
- Bailey, C. F. (1976). «The Numismatic Literary Guild». En The Centinel. Vol. 23. Nº 3. Central States Numismatic Society. Páxinas 16-17, 23.
- «Writers' Guild Formed». En The Numismatist. Vol. 81. Nº 4. Abril de 1968. Páxinas 466-467.