Nujoom Al-Ghanem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nujoom Al-Ghanem
Nacemento24 de outubro de 1962
 Dubai
NacionalidadeEmiratos Árabes Unidos
Alma máterUniversidade de Ohio e Universidade Griffith
Ocupacióndirectora de cine, poeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

Nujoom al-Ghanem, nada en Dubai o 24 de outubro de 1962, é unha escritora e directora de cinema emiratí.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Al-Ghanem foi a única rapaza de cinco irmáns, e foi criada pola súa avoa porque o seu pai non a aceptou logo de ter catro filos. De nena lía sobre temas diversos, como misticismo, teoloxía, filosofía ou poesía. Despois aumentou as súas lecturas grazas á feira do libro de Sharjah. A poesía árabe inspirouna de nova, e levouna a escribir os seus propios poemas.[2] Tamén lle gustaba pintar, porque tiña un tío pintor, e a fotografía.[3] Antes da comezar a súa carreira profesional como escritora publicou os seus textos en prensa local.[2] Logo de rematar os estudos secundarios decidiu que quería ir estudar a Londres. A pesar do apoio do seu pai, ela preferiu casar antes para non marchar ela soa.[3]

Estivo un semestre na Universidade de Al Ain e deixou os estudos.[3] Comezou a traballar no Departamento de Arte e Cultura de Dubai e os Emiratos do Norte. Logo de casar, ser nai e traballar como xornalista, decidiu ir estudar a Ohio. En 1996 rematou un grao en produción audiovisual na Universidade de Ohio, e en 1999 rematou un mestrado na Universidade Griffith.[3][4]

Poesía[editar | editar a fonte]

Al-Ghanem publicou oito poemarios:[5]

  • Masaa Al-Janah ("Tardes de ceo", 1989)
  • Al-Jarair ("As consecuencias", 1991)
  • Rawahel (1996)
  • Manazel Al-Jilnaar (2000)
  • La Wasf Lima Ana Feeh (2005)
  • Malaikat Al-Ashwaaq Al-Baeeda ("Anxos de longa distancia", 2008)
  • Laylon Thaqeelon 3la Alayel (2010)
  • Asqoto fi Nafsi ("Caín en min mesma", 2012)

A súa obra está inspirada en autoras árabes como a siria Saniyah Saleh, ou as emiratís Ousha a Poeta e Sheikha Sana’a bint Mana Al Maktoum.

Filmes[editar | editar a fonte]

  • Between Two Banks (1999, documental)
  • Al Mureed (2008, documental sobre Fatima Ali Alhameli)
  • Hamama (2010)
  • Amal (2011)
  • Red, Blue, Yellow (2013)
  • Sounds of the Sea (2015)
  • Nearby Sky (2015)[6]
  • Sharp Tools (2017)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Amin, Omnia. "Poetry of Nujoom Al Ghanem". Jehat. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2007. Consultado o 6 de xullo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Khalaf, Hala (24 de agosto de 2016). "Emirati Women’s Day: Interview with poet and filmmaker Nujoom Al Ghanem". The National. Consultado o 6 de xullo de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Clarke, Kelly (2 de marzo de 2016). "Art was always my calling: Emirati poet". Khaleej Times. Consultado o 6 de xullo de 2017. 
  4. "Nujoom Al Ghanem". Litfest. Consultado o 6 de xullo de 2017. [Ligazón morta]
  5. "Nujoom Al Ghanem". Blackbird Archive. Consultado o 6 de xullo de 2017. 
  6. "Nujoom Al Ghanem". Festival Scope Pro. Consultado o 6 de xullo de 2017.