Saltar ao contido

Nugallás, Arcos, Antas de Ulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nugallás

Hórreo da Casa de Xan
ParroquiaArcos
ConcelloAntas de Ulla
Coordenadas42°45′25″N 7°54′39″O / 42.75694444, -7.91083333
Poboación4 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Nugallás é un lugar da parroquia de Arcos no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa. Segundo o IGE[1], en 2011 tiña catro habitantes (un home e tres mulleres). Sitúase a carón do lugar de Nugallás (San Fiz de Amarante).

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Nugallás é un fitónimo derivado de Nucaliales, facendo referencia á abundancia de nogueiras.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O Instituto Xeográfico Nacional de España sitúa neste lugar o Centro xeográfico de Galicia.[3][4] [5] O goberno da Deputación de Lugo comezou en xuño de 2020 a realizar xestións cos propietarios dos predios de Nugallás coa idea de poñer en valor a nivel turístico un feito tan obxectivo como simbólico: que Antas de Ulla se sinta orgullosa de ser o "centro de Galicia". A este efecto, o presidente da Deputación José Tomé Roca, e a responsábel de Turismo, Pilar García Porto (que ademais é concelleira de Antas), asinaron ante notario o 18 de xuño deste ano a escritura de compra da carballeira na que se encontra o centro xeográfico de Galicia. O presidente da Deputación afirmou que quere seguir comprando máis terreos lindeiros para crear «o antes posíbel e neste mandato» un grande espazo público de lecer e natureza, unha área recreativa que dignifique o punto central da comunidade, e que incluso se levantará un monólito que fará referencia ao centro xeográfico de Galicia, que estará rodeado dun parque público para o lecer dos veciños de Antas e de todos os visitantes, mentres que a deputada de Turismo mantén conversas cos propietarios dos terreos aínda por comprar, expoñendo o proxecto ao alcalde Antas e informándoo do compromiso do organismo provincial para desenvolver esta área recreativa.[6]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Arcos

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Arcos no concello de Antas de Ulla (Lugo)

Arcos | Barbalde | Cabo de Arcos | A Fraga | Nugallás | Pumar | Veloín | A Vila Pequena

Parroquias de Antas de Ulla

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Antas de Ulla

Agüela (San Mamede) | Alvidrón (Santa María) | Amoexa (Santiago) | Antas de Ulla (San Xoán) | Árbol (Santalla) | Arcos (Santa María) | Areas (Santa Cristina) | Barreiro (San Cibrao) | Casa de Naia (Santa María) | A Cervela (San Miguel) | Cibreiro (San Miguel) | Cutián (San Xoán) | Dorra (Santiago) | Facha (San Xiao) | Olveda (Santa María) | Peibás (San Lourenzo) | Queixeiro (San Pedro) | Reboredo (Santiago) | O Rial (Santo André) | San Fiz de Amarante (San Fiz) | San Martiño de Amarante (San Martiño) | Santa Mariña do Castro de Amarante (Santa Mariña) | Santiso (Santalla) | Santo Estevo do Castro de Amarante (Santo Estevo) | Senande (San Miguel) | Terra Chá (San Xurxo) | Vilanuñe (San Salvador) | Vilapoupre (San Martiño)


  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  2. Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 57-58. ISBN 978-84-17807-36-8. 
  3. "O verdadeiro centro da Galiza está na aldea de Nugallás". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-26. 
  4. Xavier Fonseca (06-05-2018). "¿Dónde está el verdadero centro geográfico de Galicia?". La Voz de Galicia. Consultado o 20-06-2020. 
  5. Xosé María Palacios (19-06-2020). "El centro geográfico de Galicia, calculado con un algoritmo". La Voz de Galicia. Consultado o 20-06-2020. 
  6. Suso Varela (19-06-2020). "El centro geográfico de Galicia tendrá un parque". La Voz de Galicia. Consultado o 20-06-2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]