Nueva Vía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nueva Vía foi a corrente reformadora do Partido Socialista Obrero Español liderada por José Luis Rodríguez Zapatero, expresidente do Goberno de España, e utilizada como plataforma electoral ante o XXXV Congreso do seu partido no ano 2000.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Nueva Vía evoca as correntes asociadas á Terceira Vía (Third Way) do ex-primeiro ministro británico Tony Blair e a do que fora chanceler alemán Gerhard Schröder (Neue Mitte). Disolveuse como grupo organizado tras alzarse Rodríguez Zapatero coa Secretaría Xeral do PSOE.

Membros[editar | editar a fonte]

Os principais membros da nova corrente foron entre outros José Luis Rodríguez Zapatero, Trinidad Jiménez, Jesús Caldera, Jordi Sevilla, José Blanco, Antonio Cuevas, Juan Fernando López Aguilar e Enrique Martínez Marín[1].

Notas[editar | editar a fonte]