Saltar ao contido

Nucifraga columbiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nucifraga columbiana
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Nucifraga
Especie: N. columbiana
Nome binomial
Nucifraga columbiana
(Wilson, 1811)
Área de distribución de Nucifraga columbiana
Área de distribución de Nucifraga columbiana

Área de distribución de Nucifraga columbiana

Nucifraga columbiana é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das tres integradas no xénero Nucifraga,[2][3]

As outras dúas especies do xénero son Nucifraga multipunctata, antigamente considerada como unha subespecie de Nucifraga caryocatactes (N. c. multipunctata), do Himalaia, e Nucifraga caryocatactes, propia de Eurasia.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1811 polo poeta, naturalista, ornitólogo e ilustrador estadounidense de orixe escocesa Alexander Wilson,[4][5] baixo o nome de Corvus columbiana.[4]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Nucifraga.

O epíteto específico, columbiana, debese a que o seu espécime tipo foi un exemplar encontrado na Columbia Británica.

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido (2021), a especie coñeceuse como:[4]

  • Corvus columbiana Wilson, 1811.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Nucifraga columbiana, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional como crebanoces americano, ou de Clark, é o representante Norteamericano do xénero Nucifraga, ten o seu hábitat nos piñeiris de altura (de 900 a 3 900 m).

Distribúese polo oeste do subcontinente, desde o Canadá até o norte de México.

Características

[editar | editar a fonte]

O crebanoces de Clark é un pouco máis pequeno que o seu parente euroasiático, Nucifraga caryocatactes. A maior parte do seu corpo está cuberto por plumas de cor gris cinza. As ás e a cola son brancas e negras; as centrais da cola son negras e as exteriores brancas. O bico, as patas (incluídos os dedos) tamén son negros. O bico é longo, robusto e de forma cónica.

Dimensións

[editar | editar a fonte]
  • Tamaño: de 27 a 30 cm.[6]
  • Masa corporal: de 106 a 161 g.[6]
  • Envergadura alar: 61 cm.[7]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]
Nucifraga columbiana no estado de Washington
Nucifraga columbiana, debuxo orixinal de Alexander Wilson

Nutrición

[editar | editar a fonte]

As fonte máis importante de alimentación desta especie son os piñóns, é dicir, as sementes dos piñeiros, principalmente das dúas especies de clima frío (por habitaren a grandes altitudes) de piñeiros brancos (Pinus subxénero Strobus) con grandes sementes (P. albicaulis e P. flexilis), pero tamén usa outras especies de grande altitude, como o P. balfouriana, o P. longaeva e o P. monticola.

Durante as súas obrigadas migracións a altitudes menores, cando o alimento escasea, tamén usa amplamente as sementes de piñeiros piñoneiros. A poboación illada de Cerro Potosí asóciase estreitamente cun endemismo local, Pinus culminicola.

Todos os crebanoces americanos teñen un saco sublingual capaz de gardar de 50 a 150 sementes, dependiendo do tamaño destas.[8] Esta bolsa acrecenta grandemente a capacidade destes paxaros de transportar e almacenar sementes.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Esta especie adoita aniñar en piñeiros ou outras coníferas a principios da primavera. As femias poñen de dous a catro ovos. A incubación, a cargo das femias e dos machos, dura de 16 a 18 días.

Tanto os machos como as femias coidan das crías. Os polos adoitan emplumar ao rededor dos 22 días de vida. Os polos cando poden voaren acompañan aos seus pais durante varios meses, posibelmente para aprender o complexo comportamento da obtención e o almacenamento das sementes.

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerando que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamente grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de "vulnerábel" segundo o criterio do tamaño do rango (extensión de presenza <20 000 km2), e a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuíndo, non se cre que a diminución sexa o suficientemente rápida como para acercarse aos limiares de vulnerábel. O tamaño da poboación é extremadamente grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerábel segundo este criterio. Por todo isto, a UICN avalía o status desta especie como LC (pouco preocupante).[1]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Nucifraga columbiana na Lista vermella da UICN. Consutada o 3 de decembro de 2021.
  2. Nucifraga Brisson, 1760 no GBIF. Consultado o 3 de decembro de 2021.
  3. Nucifraga Brisson, 1760 no ITIS. Consultado o 3 de decembro de 2021.
  4. 4,0 4,1 4,2 Nucifraga columbiana (A.Wilson, 1811) no GBIF. Consultado o 3 de decembro de 2021).
  5. Nucifraga columbiana (A. Wilson, 1811) no ITIS.
  6. 6,0 6,1 Clark's Nutcracker Identification, All About Birds, Cornell Lab of Ornithology en allaboutbirds.org]. Consultado o 3 de decembro de 2021.
  7. Andy McCormick: Clark's Nutcracker en Eastside Audubon. Consultado o 3 de decembro de 2021.
  8. Tomback, D. F. (1998): "Clark's Nutcracker (Nucifraga columbiana)". En A. Poole & F. Gill, eds. The Birds of North America, Nº 331. Philadelphia: The Birds of North America, Inc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]