Nubes de Kordylewski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama que amosa as posicións de Lagrange L4 e L5 do sistema Terra-Lúa, nos cales se atopan as nubes de Kordylewski

As Nubes de Kordylewski son grandes concentracións de po que parecen existir dentro dos puntos de Langrage L4 e L5 do sistema Terra-Lúa. Foron observadas por primeira vez polo astrónomo polaco Kazimierz Kordylewski nos anos 60, pero aínda hai moita controversia ó redor da súa existencia, debido ó seu extremadamente baixo brillo. Algúns astrónomos pensa que estas nubes poderían ser un evento transitorio xa que os puntos L4 e L5 de Langrage son inestables, debido as perturbacións dos planetas interiores.

Descubrimento e observación[editar | editar a fonte]

A existencia dunha concentración de po confirmable fotometricamente nos puntos de libración foi predita polo Profesor J. Witkowski no 1951.[1]

As Nubes foron vistas por primeira vez por Kordylewski no 1956.[2] Entre o 6 de marzo e o 6 de abril, 1961 conseguiu fotografar dúas manchas brillantes preto do punto de libración L5.[1] Durante a observación as manchas amosaron un movemento case imperceptible cara L5.[1] As observacións foron feitas dende a montaña Kasprowy Wierch.[1]

No 1967, J. Wesley Simpson fixo observación usando ó Kuiper Airborne Observatory.

A existencia das nubes de Kordylewski aínda son motivo de discusión.[2] A sonda espacial xaponesa Hiten, a cal pasou a través dos puntos de libración para detectar partículas de po, e as súas medicións non obtiveron un incremento significativo da densidade de po respecto dos niveis de densidade de po do espazo circundante.[2][3]

Aparencia[editar | editar a fonte]

As nubes de Kordylewski son un fenómeno moi pouco luminoso, comparable en brillo ó Gegenschein.[4] Son moi difíciles de ver dende a Terra[2] pero poden ser visibles en noites dun ceo excepcionalmente claro e escuro.[4] Aparecen máis brillantes cando están en oposición ó Sol.[4] A meirande parte das observacións foron feitas dende desertos, o mar, ou montañas.[4] As nubes poden aparecer máis vermellas có Gegenschein, indicando que seguramente teñan diferentes tipos de partículas de po.[2]

As nubes de Kordylewski están situadas preto dos puntos de Langrage L4 e L5 do sistema Terra-Lúa.[2] Son de aproximadamente 6 graos en diámetro angular.[2] As nubes poden desprazarse entre 6 a 10 graos destes puntos.[4] Outras observacións suxiren que as nubes movesen ó redor dos puntos de libración en elipses de 6 a 2 graos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Kazimierz Kordylewski (1961). «Photographische Untersuchungen des Librationspunktes L5 im System Erde-Mond». Acta Astronomica (en German) 11: 165–169. Consultado o 2009-02-28. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Conferencia - The Kordylewsky Clouds — an Example for a Cruise Phase Observation During the Lunar Mission BW1, 11º ISU Annual International Symposium, Strasbourg, por Wilfried Tost, Oliver Zeile, Ralf Srama, Hans-Peter Roeser, febreiro do 2007, , consultado no 07-01-2009
  3. NASA (ed.). «Hiten». Consultado o 2009-03-08. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Michael A. Covington (1999). Cambridge University Press, ed. Astrophotography for the Amateur. pp. 32–33. ISBN 9780521627405. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kazimierz Kordylewski (1961). «Photographische Untersuchungen des Librationspunktes L5 im System Erde-Mond». Acta Astronomica 11. 
  • «Dust Cloud Moons of the Earth». Physics Today 2: 39–46. 1967. 
  • Winiarski, Maciej (1989). «Photographic Observations of the Clouds in the Neighbourhood of Libration Point L5 of the Earth-Moon System». Earth, Moon and Planets 47 (2). doi:10.1007/BF00058142. 
  • A Search for Objects near the Earth-Moon Lagrangian Points, by Francisco Valdes and Robert A. Freitas Jr., did not find any objects at the Earth-Moon or Earth-Sun lagrange points, but this survey was not sensitive to diffuse clouds.

Outros artigos[editar | editar a fonte]