Novruz Mammadov
![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1947 ![]() Şıxmahmud, Azerbaidján (en) ![]() ![]() |
Primeiro ministro de Azerbaidján | |
21 de abril de 2018 – 8 de outubro de 2019 | |
Membro da Assembleia Nacional do Azerbaijão (pt) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam ![]() |
Educación | Azerbaijan University of Languages (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, político, diplomático ![]() |
Partido político | Partido do Novo Azerbaidján (1995–) Azerbaijan National Independence Party (en) ![]() Partido Comunista da Unión Soviética ![]() |
Premios | |
Sitio web | cabmin.gov.az ![]() |
Novruz Mammadov (en azerí: Novruz İsmayıl ouğlu Məmmədov), nado o 15 de marzo de 1947, é un estadista e figura política azerí, que foi primeiro ministro da República de Azerbaidján, dende o 21 de abril de 2018[1] ata a súa dimisión o 8 de outubro de 2019.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Novruz Mammadov naceu o 15 de marzo de 1947 na aldea de Shikmakhmud en Nakhichevan. En 1964 graduouse en secundaria e entrou na sección de lingua francesa da facultade de linguas europeas do Instituto Pedagóxico das linguas de Azerbaidján.
Entre os anos 1967-1968 traballou en Alxeria, entre 1971-1973 en Guinea, e en 1978-1981 en Alxeria, como intérprete e xefe de intérpretes.
En 1991 obtivo o doutoramento en ciencia de filoloxía. En 1992-1993 foi decano da facultade do Instituto Pedagóxico das linguas de Azerbaidján, e en 1993-1997 decano da facultade de francés. O 12 de abril de 1997 foi nomeado xefe do departamento das relacións exteriores da Administración do Presidente da República de Azerbaidján. En 1998, Novruz Mammadov, polos seus méritos no fortalecemento das relacións amigables entre Azerbaidján e Francia, concedéuselle a Lexión de Honra polo presidente de Francia Jacques Chirac.
En xaneiro de 2002 foi ascendido o rango de Embaixador extraordinario e plenipotenciario polo presidente de Azerbaidján. Dende o setembro de 2005 é o membro da Comisión Nacional de Azerbaidján na UNESCO.
Do 1 de xuño de 2017 foi auxiliar de exterior do presidente de Azerbaidján. O 21 de abril de 2018 foi nomeado primeiro ministro da República de Azerbaidján.[1] Dimitiu ao ano seguinte, o 8 de abril de 2019, sendo substituído por Ali Asadov.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The Order of the President of the Republic of Azerbaijan on appointing N. I. Mammadov as Prime Minister of the Republic of Azerbaijan".
- ↑ 2,0 2,1 "Ali Asadov, primer ministro de Azerbaiyán tras renuncia sorpresa de antecesor". La Vanguardia (en castelán). 8 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019.