Saltar ao contido

Novair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Novair
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Elemento operado
Implicados
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
1997 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
9 de outubro de 2023 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF123743919 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/065ll7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Novair Airlines AB, operando como Novair, é unha aeroliña sueca coa súa sede en Estocolmo.[1] Opera principalmente voos chárter cara ao Mediterráneo e as illas Canarias. No pasado tamén operou voos de longo alcance con destinos como Tailandia, India e Indonesia. A súa base principal e centro de conexións está no aeroporto de Estocolmo-Arlanda, aínda que a compañía tamén opera dende o aeroporto de Oslo-Gardermoen.

Novair naceu e comezou a operar en novembro de 1997, con servizos dende Estocolmo a Phuket, Tailandia e as illas Canarias no nome de Apollo, unha axencia de viaxes sueca.[2] Dende a súa fundación a aeroliña operou distintos tipos de avións, como Boeing 737-300, Boeing 737-800, Airbus A330 e Lockheed L-1011 TriStar. Entre 2007 e 2011 a aeroliña alugou un A330 de Orbest e Air Europa. En 2013 e 2014 alugou un A330 de Aer Lingus, operado con tripulantes de voo de Aer Lingus e tripulantes de cabina de Novair, antes de que a aeroliña deixase de realizar voo de longo alcance.

En xaneiro de 2001 a compañía pertencía totalmente ao grupo suízo Kuoni Travel Group e tiña ao redor de 330 empregados. En xuño de 2005 Kuoni Travel vendeu Novair e outros departamentos da súa compañía a DER Touristik, a división de viaxes do grupo alemán Rewe Group. Independentemente a esta venda, a compañía decidiu pechar a súa base en Gotemburgo en marzo de 2016 e devolver dous dos tres Airbus A321 que tiña alugados o mes seguinte.[2] Novair renovou a súa frota incorporando dous novos Airbus A321neo no ano 2017.

En decembro de 2020 a frota de Novair estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de Novair
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A321neo 2 3 221
Total 2 3
  1. Novair (ed.). "Kontakta oss". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2018. Consultado o 7 de abril de 2018.
  2. 1 2 Seat Maestro (ed.). "History of Novair". Consultado o 7 de abril de 2018.
  3. Planespotters (ed.). "Novair Fleet Details and History". Consultado o 13 de decembro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]