James Norris Memorial Trophy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Norris Trophy»)
O James Norris Memorial Trophy.

O James Norris Memorial Trophy é un trofeo entregado anualmente pola National Hockey League (NHL) ao mellor "defensa que demostrou ao longo da tempada a maior capacidade integral na posición".[1] O James Norris Memorial Trophy foi entregado 60 veces a 25 xogadores distintos dende a súa introdución en 1954. Ao final de cada tempada, membros da Professional Hockey Writers' Association votan para elixir o xogador que foi o mellor defensor durante a liga regular.

Historia[editar | editar a fonte]

O trofeo recibe o nome en honor a James E. Norris, propietaro dos Detroit Red Wings da National Hockey League dende 1932 ata 1952.[1] O trofeo foi entregado por primeira vez á conclusión da tempada 1953-54.

Bobby Orr, dos Boston Bruins, gañou o premio cun récord de oito veces consecutivas entre 1968 e 1975. Doug Harvey e Nicklas Lidström gañaron o trofeo sete veces, mentres que Ray Bourque o conseguiu en cinco ocasións. Os xogadores dos Boston Bruins son os que máis xogadores gañaron o Norris Trophy cun total de 14 veces; os xogadores dos Montreal Canadiens son os segundos máis laureados co Norris Trophy, cun total de 12.[2]

Tan só dous xogadores gañaron o Norris Trophy e o Hart Memorial Trophy (entregado ao MVP da liga) na mesma tempada: Bobby Orr, que gañou os dous trofeos nas tempadas 1969–70, 1970–71 e 1971–72, e Chris Pronger, que gañou o Hart e o Norris na tempada 1999–00.[3]

Seis defensas diferentes gañaron o Hart Trophy antes da introdución do Norris Trophy: Herb Gardiner, Eddie Shore (catro veces), Albert "Babe" Siebert, Ebbie Goodfellow, Tommy Anderson e Babe Pratt.[4]

A votación realízase ao final da liga regular por membros da Professional Hockey Writers Association, e cada votante clasifica aos seus cinco candidatos segundo un sistema de 10–7–5–3–1 puntos.[5] Noméanse tres finalistas e o trofeo é entregado na cerimonia de entrega de trofeos da NHL logo da finalización dos play-offs.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Bobby Orr, gañador en oito ocasións.
Nicklas Lidstrom posúe sete galardóns.
Ray Bourque gañou o título en cinco ocasións.
Brian Leetch, gañador en dúas ocasións.
Chris Pronger, posúe un James Norris Memorial Trophy.
Zdeno Chára, gañador nunha ocasión.

     Xogador aínda en activo.      Xogador introducido no Hockey Hall of Fame      Xogador elixible non introducido no Hockey Hall of Fame

Tempada Gañador Equipo Galardóns
1953–54 Canadá Red Kelly Detroit Red Wings 1
1954–55 Canadá Doug Harvey Montreal Canadiens 1
1955–56 Canadá Doug Harvey Montreal Canadiens 2
1956–57 Canadá Doug Harvey Montreal Canadiens 3
1957–58 Canadá Doug Harvey Montreal Canadiens 4
1958–59 Canadá Tom Johnson Montreal Canadiens 1
1959–60 Canadá Doug Harvey Montreal Canadiens 5
1960–61 Canadá Doug Harvey Montreal Canadiens 6
1961–62 Canadá Doug Harvey New York Rangers 7
1962–63 Canadá Pierre Pilote Chicago Black Hawks 1
1963–64 Canadá Pierre Pilote Chicago Black Hawks 2
1964–65 Pierre Pilote Chicago Black Hawks 3
1965–66 Jacques Laperrière Montreal Canadiens 1
1966–67 Harry Howell New York Rangers 1
1967–68 Bobby Orr Boston Bruins 1
1968–69 Bobby Orr Boston Bruins 2
1969–70 Bobby Orr Boston Bruins 3
1970–71 Bobby Orr Boston Bruins 4
1971–72 Bobby Orr Boston Bruins 5
1972–73 Bobby Orr Boston Bruins 6
1973–74 Bobby Orr Boston Bruins 7
1974–75 Bobby Orr Boston Bruins 8
1975–76 Denis Potvin New York Islanders 1
1976–77 Larry Robinson Montreal Canadiens 1
1977–78 Denis Potvin New York Islanders 2
1978–79 Denis Potvin New York Islanders 3
1979–80 Larry Robinson Montreal Canadiens 2
1980–81 Randy Carlyle Pittsburgh Penguins 1
1981–82 Doug Wilson Chicago Black Hawks 1
1982–83 Rod Langway Washington Capitals 1
1983–84 Rod Langway Washington Capitals 2
1984–85 Paul Coffey Edmonton Oilers 1
1985–86 Paul Coffey Edmonton Oilers 2
1986–87 Ray Bourque Boston Bruins 1
1987–88 Ray Bourque Boston Bruins 2
1988–89 Chris Chelios Montreal Canadiens 1
1989–90 Ray Bourque Boston Bruins 3
1990–91 Ray Bourque Boston Bruins 4
1991–92 Brian Leetch New York Rangers 1
1992–93 Chris Chelios Chicago Blackhawks 2
1993–94 Ray Bourque Boston Bruins 5
1994–95 Paul Coffey Detroit Red Wings 3
1995–96 Chris Chelios Chicago Blackhawks 3
1996–97 Brian Leetch New York Rangers 2
1997–98 Rob Blake Los Angeles Kings 1
1998–99 Al MacInnis St. Louis Blues 1
1999–2000 Chris Pronger St. Louis Blues 1
2000–01 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 1
2001–02 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 2
2002–03 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 3
2003–04 Scott Niedermayer New Jersey Devils 1
2004–05 Non houbo gañador a causa do lockout.
2005–06 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 4
2006–07 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 5
2007–08 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 6
2008–09 Eslovaquia Zdeno Chára Boston Bruins 1
2009–10 Duncan Keith Chicago Blackhawks 1
2010–11 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 7
2011–12 Erik Karlsson Ottawa Senators 1
2012–13 P. K. Subban Montreal Canadiens 1
2013–14 Duncan Keith Chicago Blackhawks 2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 NHL.com (ed.). "James Norris Memorial Trophy history" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2008. Consultado o 10 de xuño de 2015. 
  2. canadianencyclopedia.com (ed.). "James Norris Memorial Trophy history" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2015. 
  3. NHL.com (ed.). "Blues trade Chris Pronger to Edmonton for three players including Brewer" (en inglés). Archived from the original on 27/04/2006. Consultado o 10 de xuño de 2015. 
  4. NHL.com (ed.). "Hart Memorial Trophy history" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2006. Consultado o 10 de xuño de 2015. 
  5. Dolezar, Jon (20 de abril de 2003). SI.com, ed. "Foppa shows the most Hart" (en inglés). Archived from the original on 05 de decembro de 2007. Consultado o 10 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]