Normativa oficial do galego - Verbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Normativa oficial do galego
Índice
  1. O alfabeto
  2. A acentuación
  3. O guión
  4. Uso das maiúsculas
  5. A diérese
  6. O apóstrofo
  7. Os signos de interrogación e de admiración
  8. Grupos consonánticos
  9. Sufixos e terminacións
  10. Outras particularidades
  11. Formación do plural
  12. Formación do feminino
  13. Comparativos e superlativos
  14. O artigo
  15. Pronomes
  16. Numerais
  17. Verbo
  18. Adverbios e locucións adverbiais
  19. Preposicións e locucións prepositivas
  20. Conxuncións e locucións conxuntivas

17. Verbo

Paradigmas regulares[editar | editar a fonte]

I Conxugación II Conxugación III Conxugación
ANDAR VARRER PARTIR
INDICATIVO
PRESENTE
ando varro parto
andas varres partes
anda varre parte
andamos varremos partimos
andades varredes partides
andan varren parten
COPRETÉRITO
andaba varría partía
andabas varrías partías
andaba varría partía
andabamos varriamos partiamos
andabades varriades partiades
andaban varrían partían
PRETÉRITO
andei varrín partín
andaches varriches partiches
andou varreu partiu
andamos varremos partimos
andastes varrestes partistes
andaron varreron partiron


ANTEPRETÉRITO
andara varrera partira
andaras varreras partiras
andara varrera partira
andaramos varreramos partiramos
andarades varrerades partirades
andaran varreran partiran
FUTURO
andarei varrerei partirei
andarás varrerás partirás
andará varrerá partirá
andaremos varreremos partiremos
andaredes varreredes partiredes
andarán varrerán partirán
POSPRETÉRITO
andaría varrería partiría
andarías varrerías partirías
andaría varrería partiría
andariamos varreriamos partiriamos
andariades varreriades partiriades
andarían varrerían partirían


SUBXUNTIVO
PRESENTE
ande varra parta
andes varras partas
ande varra parta
andemos varramos partamos
andedes varrades partades
anden varran partan
COPRETÉRITO
andase varrese partise
andases varreses partises
andase varrese partise
andásemos varrésemos partísemos
andásedes varrésedes partísedes
andasen varresen partisen
FUTURO
andar varrer partir
andares varreres partires
andar varrer partir
andarmos varrermos partirmos
andardes varrerdes partirdes
andaren varreren partiren


IMPERATIVO
anda varre parte
andade varrede partide
INFINITIVO CONXUGADO
andar varrer partir
andares varreres partires
andar varrer partir
andarmos varrermos partirmos
andardes varrerdes partirdes
andaren varreren partiren
FORMAS NOMINAIS
INFINITIVO
andar varrer partir
XERUNDIO
andando varrendo partindo
PARTICIPIO
andado varrido partido

Observacións[editar | editar a fonte]

Alternacias gráficas[editar | editar a fonte]

Hai algunhas alteracións gráficas reguladas polas leis de distribución de grafemas expostas en 1.2 e 1.3: c/qu, g/gu e z/c alternan na representación gráfica da raíz do verbo segundo que a vogal que siga sexa a, o, u ou e, i respectivamente:

(sacar) saco, sacas / saque,

(delinquir) delinco, delinca / delinque, delinquía,

(segar) sego, segas / segue,

(erguer) ergo, erga / ergue, erguía,

(cazar) cazo, cazas / cace,

(cocer) cozo, coza / coce, cocía.

Asimilacións[editar | editar a fonte]

A primeira persoa de plural perde o -s cando leva enclítico opronome nos: vémonos. Cando unha forma verbal rematada en -s ou en -r vai seguida polos pronomes lo, la, los, las, elimínanse, por asimilación total, o -s e o -r: cantar lo > cantalo, cantas la > cántala.

Para o comportamento do alomorfo lo do artigo tras formas verbais en –r ou –s, vide 14.1.1.

Cando a forma verbal remata en -n estas variantes convertéronse en no, na, nos, nas, e a secuencia nn simplificouse: comeron las > coméronnas > coméronas (cf. 14.1.1).

Verbos en -cer e -cir[editar | editar a fonte]

Os verbos en -cer (menos facer e derivados) e en -cir (menos dicir e derivados) son completamente regulares (a menos que teñan algunha das alternancias vocálicas de que se falará máis adiante en 17.2.5). Por exemplo:

INDICATIVO

SUBXUNTIVO

IMPERATIVO

INDICATIVO

SUBXUNTIVO

IMPERATIVO

PRESENTE

COPRETÉRITO

PRESENTE

PRESENTE

COPRETÉRITO

PRESENTE

obedezo

obedecía

obedeza

traduzo

traducía

traduza

obedeces

obedecías

obedezas

obedece

traduces

traducías

traduzas

traduce

obedece

obedecía

obedeza

traduce

traducía

traduza

obedecemos

obedeciamos

obedezamos

traducimos

traduciamos

traduzamos

obedecedes

obedeciades

obedezades

obedecede

traducides

traduciades

traduzades

traducide

obedecen

obedecían

obedezan

traducen

traducían

traduzan

PRETÉRITO

ANTEPRETÉRITO

PRETÉRITO

INF.CONX.

PRETÉRITO

ANTEPRETÉRITO

PRETÉRITO

INF. CONX.

obedecín

obedecera

obedecese

obedecer

traducín

traducira

traducise

traducir

obedeciches

obedeceras

obedeceses

obedeceres

traduciches

traduciras

traducises

traducires

obedeceu

obedecera

obedecese

obedecer

traduciu

traducira

traducise

traducir

obedecemos

obedeceramos

obedecésemos

obedecermos

traducimos

traducíramos

traducísemos

traducirmos

obedecestes

obedecerades

obedecésedes

obedecerdes

traducistes

traducírades

traducísedes

traducirdes

obedeceron

obedeceran

obedecesen

obedeceren

traduciron

traduciran

traducisen

traduciren

FUTURO

POSPRETÉRITO

FUTURO

F. NOMINAIS

FUTURO

POSPRETÉRITO

FUTURO

F. NOMINAIS

obedecerei

obedecería

obedecer

INF.

traducirei

traduciría

traducir

INF.

obedecerás

obedecerías

obedeceres

obedecer

traducirás

traducirías

traducires

traducir

obedecerá

obedecería

obedecer

XER.

traducirá

traduciría

traducir

XER.

obedeceremos

obedeceriamos

obedecermos

obedecendo

traduciremos

traduciriamos

traducirmos

traducindo

obedeceredes

obedeceriades

obedecerdes

PART.

traduciredes

traduciriades

traducirdes

PART.

obedecerán

obedecerían

obedeceren

obedecido

traducirán

traducirían

traduciren

traducido

Verbos con radical acabada en vogal[editar | editar a fonte]

Verbos acabados en -ear, -oar[editar | editar a fonte]

Son completamente regulares:

NOMEAR

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
nomeo nomeaba nomee
nomeas nomeabas nomees nomea
nomea nomeaba nomee
nomeamos nomeabamos nomeemos nomeade
nomeades nomeabades nomeedes
nomean nomeaban nomeen
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
nomeei nomeara nomease nomear
nomeaches nomearas nomeases nomeares
nomeou nomeara nomease nomear
nomeamos nomearamos nomeásemos nomearmos
nomeastes nomearades nomeásedes nomeardes
nomearon nomearan nomeasen nomearen
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F. NOMINAIS
nomearei nomearía nomear INF.
nomearás nomearías nomeares nomear
nomeará nomearía nomear XER.
nomearemos nomeariamos nomearmos nomeando
nomearedes nomeariades nomeardes PART.
nomearán nomearían nomearen nomeado

AMONTOAR


INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
amontoo amontoaa amontoe
amontoas amontoabas amontoes amontoa
amontoa amontoaba amontoe
amontoamos amontoabamos amontoemos amontoade
amontoades amontoabades amontoedes
amontoan amontoaban amontoen
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
amontoei amontoara amontoase amontoar
amontoaches amontoaras amontoases amontoares
amontoou amontoara amontoase amontoar
amontoamos amontoaramos amontoásemos amontoarmos
amontoastes amontoarades amontoásedes amontoardes
amontoaron amontoaran amontoasen amontoaren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F. NOMINAIS
amontoarei amontoaría amontoar INF.
amontoarás amontoarías amontoares amontoar
amontoará amontoaría amontoar XER.
amontoaremos amontoariamos amontoarmos amontoando
amontoaredes amontoariades amontoardes PART.
amontoarán amontoarían amontoaren amontoado

Verbos acabados en -iar, -uar[editar | editar a fonte]

Entre os acabados en -iar, -uar, aínda que regulares sempre,cómpre distinguir: a) aqueles en que ia, io, ie ou ua, uo, ue son sempre ditongo (cambio, cambia, cambie; minguo, mingua, mingüe), e b) os que teñen aquelas secuencias conservadas como hiato (afío, afía,afíe, e mesmo a-fi-ar, ou acentúo, acentúa,acentúe).

PRES. IND. PRES. SUBX. IMPERATIVO
cambio cambie
cambias cambie
cambia cambie cambia
cambiamos cambiemos
cambiades cambiedes cambiade
cambian cambien
PRES. IND. PRES. SUBX. IMPERATIVO
afío afíe
afías afíes afía
afía afíe
afiamos afiemos
afiades afiedes afiade
afían afíen

No resto do paradigma non hai diferenza acentual, pero foneticamente as secuencias -ia-, -ie- pronúncianse como ditongo nos verbos do primeiro tipo cam-bia-mos, cam-bia-des, cam-bia-ba, cam-bie-des, cam-bia-rei, cam-biar,etc.) e como hiatos nos do segundo tipo (a-fia-mos, a-fi-a-ba,a-fi-a-rei, a-fi-ar).

Os do tipo a) constitúen o grupo maioritario; son, especialmente, os que se corresponden con substantivos en -io, -ia: cambiar, oficiar, viciar etc. (cf. os substantivos correspondentes: cambio, oficio, vicio etc.).

Os do tipo b) son menos abundantes; correspóndense case sempre cos substantivos en -ío, -ía: adiar, agoniar, arrefriar,asubiar, aviar, chiar, confiar, espiar, fiar, guiar, liar, miar,variar, vixiar, xunto con outros membros das mesmas familias léxicas (desconfiar,porfiar, desafiar etc.) (cf. os substantivos día, agonía,frío, asubío, avío, chío, espía, fío, guía, vixía,etc.). Conxúganse tamén conforme este modelo ansiar e paliar.

Verbos acabados en -aer,-oer, -aír, -oír.[editar | editar a fonte]

Caer (decaer, recaer), choer, doer (condoer), moer (remoer), proer, roer (corroer), oír (desoír, entreoír), saír (sobresaír), os derivados de traer (atraer, distraer...) etc., son regulares, pero intercalan un -i- sen valor morfolóxico entre a raíz e a desinencia, cando esta empeza por o ou por a.

CAER

PRES. IND COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBX. IMPERATIVO
caio caía caín caia
caes caías caíches caias cae
cae caía caeu caia
caemos caïamos caemos caiamos
caedes caïades caestes caiades caede
caen caían caeron caian

MOER

PRES. IND COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBX. IMPERATIVO
moio moía moín moia
moes moías moíches moias moe
moe moía moeu moia
moemos moïamos moemos moiamos
moedes moïades moestes moiades moede
moen moían moeron moian

SAÍR

PRES. IND COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBX. IMPERATIVO
saio saía saín saia
saes saías saíches saias sae
sae saía saíu saia
saímos saïamos saímos saiamos
saídes saïades saístes saiades saíde
saen saían saíron saian

OÍR

PRES. IND COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBX. IMPERATIVO
oio oía oín oia
oes oías oíches oias oe
oe oía oíu oia
oímos oïamos oímos oiamos
oídes oïades oístes oiades oíde
oen oían oíron oian

Verbos en -er (< -eer) e -ir (< -iir)[editar | editar a fonte]

Os verbos en -er (< -eer) e -ir (< -iir), como crer, descrer; ler, reler, trasler; sobreser e rir, sorrir, son parcialmente irregulares. De todas as maneiras, cómpre ter en conta algúns encontros vocálicos que na fala e na escritura (xa desde a época medieval) se resolven en contracción. Estes encontros son os seguintes: -eé- > -e- (ex.: leer > ler), -ée- > -e- (lees > les), -eí- > -i- (leía > lía), -eï- > -i- (leïamos > liamos), -íe- > -i- (ríes > ris), -ií- >-i- (riíches > riches), -iï- > -i- (riïamos > riamos), sempre conservando a mesma tonicidade.

LER


INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRET PRESENTE
leo lía lea
les lías lea le
le lía lea
lemos liamos leamos
ledes liades leades lede
len lían lean
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
lin lera lese ler
liches leras leses leres
leu lera lese ler
lemos leramos lésemos lermos
lestes lerades lésedes lerdes
leron leran lesen leren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F. NOMINAIS
lerei lería ler INF.
lerás lerías leres ler
lerás lería ler XER.
leremos leriamos lermos lendo
leredes leriades lerdes PART.
lerán lerían leren lido

RIR


INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
río ría ría
ris rías rías ri
ri ría ría
rimos riamos riamos
rides riades riades ride
rin rían rían
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
rin rira rise rir
riches riras rises rires
riu rira rise rir
rimos riramos rísemos rirmos
ristes rirades rísedes rirdes
riron riran risen riren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F. NOMINAIS
rirei riría rir INF.
rirás rirías rires rir
rirás riría rir XER.
riremos ririamos rirmos rindo
riredes ririades rirdes PART.
rirán rirían riren rido


Para ver e derivados, que en parte da súa conxugación habería que incluír neste epígrafe, vide 17.3.27.

Alternancias vocálicas no radical do verbo[editar | editar a fonte]

Verbos en -er[editar | editar a fonte]

Os verbos en -er que teñen -e-, -o- como últimas vogais do lexema presentan unha alternancia [‘ɛ]/[‘e], [‘ɔ]/[‘o], cando son tónicas, segundo a seguinte distribución: [‘ɛ], [‘ɔ] na 2ª e 3ª persoas de singular e na 3ª de plural do presente de indicativo; [‘e], [‘o] no resto. En posición átona son sempre pechadas.

BEBER
PRES. IND. PRES. SUBX. IMPER.
bebo [‘e] beba [‘e]
bebes [‘ɛ] bebas bebe [‘e]
bebe [‘ɛ] beba [‘e]
··· ···
··· ··· ···
beben [‘ɛ] beban [‘e]


COMER
PRES. IND. PRES. SUBX. IMPER.
como [‘o] coma [‘o]
comes [‘ɔ] comas [‘o] come [‘o]
come [‘ɔ] coma [‘o]
··· ···
··· ··· ···
comen [‘ɔ] coman [‘o]

Quedan excluídos desta alternancia no presente de indicativo outra serie de verbos que por razóns históricas teñen vocalismo radicaltónico, ou sempre aberto ([ɛ]: querer, quecer, esquecer; [ɔ]: poder), ou sempre pechado ([e]: deber, crer, ler, e sobreser, así como os derivados de todos eles; e, en boa parte do territorio lingüístico galego, tamén os verbos rematados en -ecer: parecer etc.).

Esta alternancia non ten repercusións gráficas. Unicamente as pode ter cando, por razóns de clareza, queiramos diferenciar parellas homógrafas: (el) cóme / come (ti). Neste caso acentuarase graficamente a palabra en que apareza a vogal aberta.

Alternancias vocálicas nos verbos en -ir[editar | editar a fonte]

A maioría dos verbos da terceira conxugación manteñen inalterada a última vogal do radical ao longo de todo o paradigma. Ocorre isto, sen excepción ningunha, cando é a (partir, invadir, sobresaír, persuadir etc.) ou cando é i (finxir, incidir, dividir, transmitir, vivir, corrixir etc.). Para o modelo de paradigma véxase partir en 17.1.

Verbos con e como vogal final do lexema no infinitivo[editar | editar a fonte]

Estes verbos (advertir, servir etc.) poden presentar dous tipos de alternancia:

a) Hai un grupo que troca o e en i nas formas do presente de indicativo e imperativo en que a raíz é tónica e, ademais, en todo o presente de subxuntivo:

Advertir
Presente de indicativo Presente de subxuntivo Imperativo
advirto advirta
advirtes advirtas advirte
advirte advirta
advertimos advirtamos
advertides advirtades advertide
advirten advirtan

Conforme a este modelo conxúganse os seguintes verbos: adherir; advertir, divertir; agredir, transgredir; conferir, diferir, inferir, preferir, proferir, referir, transferir; competir, repetir; concernir, discernir; espelir; espir; dixerir, inxerir, suxerir; inserir; medir; pedir e derivados; reflectir; vestir, investir, revestir.

b) Hai outro grupo que presenta unha variación tripla no vocalismo da raíz: en posición átona sempre é [e] (agás no presente de subxuntivo); en posición tónica hai [ɛ] nas persoas 2ª, 3ª de singular e 3ª de plural do presente de indicativo e i na persoa 1ª de singular do presente de indicativo, na 2ª de singular do imperativo e en todo o presente de subxuntivo.

Servir
Presente de indicativo Presente de subxuntivo Imperativo
sirvo sirva
serves sirvas sirve
serve sirva
servimos sirvamos
servides sirvades servide
serven sirvan

O mesmo paradigma é o dos verbos ferir, mentir, sentir, seguir e dos seus derivados e compostos: malferir; desmentir; asentir,consentir, resentir, conseguir, perseguir e proseguir (advírtase que conferir, inferir etc. non son derivados de ferir, senón que se remontan á base culta latina -FERRE).

Verbos con u como vogal final do lexema no infinitivo[editar | editar a fonte]

Os verbos que teñen u como vogal final do lexema no infinitivo(discutir, fuxir etc.) poden presentar dúas posibilidades de conxugación:

a)Verbos do tipo discutir

Hai verbos en -u...ir (discutir, conducir etc.) que son completamente regulares e seguen o modelo de partir (vide 17.1). Son os seguintes (a maioría deles de procedencia culta): argüír, asumir, atuír, -cluír (concluír, excluír, incluír, recluír), -cumbir (incumbir, sucumbir...), cumprir ‘completar’, -cutir (discutir, percutir, repercutir...), curtir, derruír, diluír, diminuír, -ducir (aducir, conducir, deducir, inducir, reducir, seducir, traducir...), embutir, escapulir, esculpir, estatuír, gruñir, fluír e derivados (afluír, confluír, influír,refluír...), fulxir (e refulxir), -fundir (fundir ‘derreter’, afundir, confundir, difundir, infundir, refundir), imbuír, insurxir, -ludir (aludir, eludir), nutrir, presumir, resumir, rustrir, -stituír (constituír, destituír, instituír, prostituír, reconstituír, restituír,substituír...), -struír (construír, destruír, instruír, obstruír, reconstruír...), suplir, -tribuír (atribuír, contribuír, distribuír, retribuír...), tupir e derivados (entupir, desentupir),unir e derivados (desunir, reunir), unxir, urxir, zurcir.

b) Verbos do tipo fuxir

Hai outro grupo de verbos en -u...ir, menos numeroso, que presenta unha alternancia tradicional u/o: [o] nas persoas 2ª e 3ª de singular e 3ª de plural do presente de indicativo, [u] no resto do paradigma:

Fuxir
Presente de indicativo Presente de subxuntivo Imperativo
fuxo fuxa
foxes fuxas fuxe
foxe fuxa
fuximos fuxamos
fuxides fuxades fuxide
foxen fuxan

Conforme a este modelo, conxúganse tamén os seguintes verbos: acudir, bulir (e rebulir), cubrir e derivados (descubrir, encubrir, recubrir), cumprir ‘ser mester’, cuspir, durmir, engulir, fundir ‘render’, fuxir, lucir e derivados (deslucir, entrelucir, relucir, translucir, tremelucir), mulir, muxir, pulir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, sumir (e os seus derivados consumir e ensumir), tusir, ulir, urdir, xunguir, xurdir.

Produtividade da 2ª e 3ªconxugacións[editar | editar a fonte]

Mantéñense como verbos da segunda (en contraste co castelán) converxer, emerxer, encher, erguer, esparexer, fender, ferver, premer, render, repeler, rexer, toller, xemer. Tamén se conservan como verbos da segunda os derivados de bater (abater, combater, debater, rebater), correr (concorrer, decorrer, discorrer, escorrer, incorrer, ocorrer, percorrer, recorrer, socorrer, transcorrer), romper (corromper, interromper, irromper, prorromper) e verter (converter, inverter, perverter, reverter, subverter; pero advertir e divertir). Para caer e traer véxase 17.2.4.3 e 17.3.25, respectivamente.

Pasaron á terceira concibir, escribir, vivir, dicir, elixir e derivados, así como aducir, recibir e os restantes membros da familia léxica (véxase unha explicación máis detallada en dicir, 17.3.5).

Paradigmas dos verbos irregulares[editar | editar a fonte]

Os verbos considerados irregulares en galego sono por dous motivos:

  • O radical do tema de perfecto (os tempos de pasado perfecto e pluscuamperfecto dos dous modos, indicativo e subxuntivo) non coincide co radical do tema de presente, que son a maior parte. O radical do tema de presente sempre coincide co radical do infinitivo;
  • Cando se conxuga o verbo, aparecen tres ou catro (ata cinco) radicais distintos, como pode ser con ir (v-ou, vai-a, i-des, ir-ei, for-a)

Caber[editar | editar a fonte]

TEMA DE PERFECTO: COUB-

INDICATIVO

SUBXUNTIVO

IMPERATIVO

PRESENTE

COPRETÉRITO

PRESENTE

caibo

cabía

caiba

cabes

cabías

caibas

cabe

cabe

cabía

caiba

caiba

cabemos

cabiamos

caibamos

caibamos

cabedes

cabiades

caibades

cabede

caben

cabían

caiban

caiban

PRETÉRITO

ANTEPRETÉRITO

PRETÉRITO

INF.CONX.

couben

coubera

coubese

caber

coubeches

couberas

coubeses

caberes

coubo

coubera

coubese

caber

coubemos

couberamos

coubésemos

cabermos

coubestes

couberades

coubésedes

caberdes

couberon

couberan

coubesen

caberen

FUTURO

POSPRETÉRITO

FUTURO

F.NOMINAIS

caberei

cabería

couber

INF.

caberás

caberías

couberes

caber

caberá

cabería

couber

XER.

caberemos

caberiamos

coubermos

cabendo

caberedes

caberiades

couberdes

PART.

caberán

caberían

couberen

cabido

Caer (vide 17.2.4.3)[editar | editar a fonte]

Crer (vide 17.2.4.5)[editar | editar a fonte]

Dar[editar | editar a fonte]

TEMA DE PERFECTO: DE-

INDICATIVO

SUBXUNTIVO

IMPERATIVO

PRESENTE

COPRETÉRITO

PRESENTE

dou daba dea

dás

dabas

deas

daba

dea

damos

dabamos

deamos

dades

dabades

deades

dade

dan

daban

dean

PRETÉRITO

ANTEPRETÉRITO

PRETÉRITO

INF. CONX.

dei

dera

dese

dar

deches

deras

deses

dares

deu

dera

dese

dar

demos

deramos

désemos

darmos

destes

derades

désedes

dardes

deron

deran

desen

daren

FUTURO

POSPRETÉRITO

FUTURO

F.NOMINAIS

darei

daría

der

INF.

darás

darías

deres

dar

dará

daría

der

XER.

daremos

dariamos

dermos

dando

daredes

dariades

derdes

PART.

darán

darían

deren

dado

Dicir[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
digo dicía diga
dis dicías digas di
di dicía diga
dicimos diciamos digamos
dicides diciades digades dicide
din dicían digan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
dixen dixera dixese dicir
dixeches dixeras dixeses dicires
dixo dixera dixese dicir
dixemos dixeramos dixésemos dicirmos
dixestes dixerades dixésedes dicirdes
dixeron dixeran dixesen diciren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
direi diría dixer INF.
dirás dirías dixeres dicir
dirá diría dixer XER.
diremos diriamos dixermos dicindo
diredes diriades dixerdes PART.
dirán dirían dixeren dito

Conxúganse tamén así os derivados de dicir: contradicir, desdicir, predicir. No galego actual existe unha tendencia maioritaria a conxugar os verbos bendicir e maldicir de maneira totalmente regular (bendice, bendicirá, bendiza, bendiciu etc.), se ben tampouco parece condenable, sobre todo no presente de indicativo e subxuntivo, a conxugación seguindo o modelo de dicir.

Doer (vide 17.2.4.3)[editar | editar a fonte]

Estar[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
estou estaba estea
estás estabas esteas está
está estaba estea
estamos estabamos esteamos
estades estabades esteades estade
están estaban estean
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
estiven estivera estivese estar
estiveches estiveras estiveses estares
estivo estivera estivese estar
estivemos estiveramos estivésemos estarmos
estivestes estiverades estivésedes estardes
estiveron estiveran estivesen estaren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
estarei estaría estiver INF.
estarás estarías estiveres estar
estará estaría estiver XER.
estaremos estariamos estivermos estando
estaredes estariades estiverdes PART.
estarán estarían estiveren estado

Os verbos arrestar, contrastar, obstar, prestar, restar, derivados latinos de STARE, por seren hoxe semanticamente opacos, son totalmente regulares: resto, restaba, restei...

Facer[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
fago facía faga
fas facías fagas fai
fai facía faga
facemos faciamos fagamos
facedes faciades fagades facede
fan facían fagan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
fixen fixera fixese facer
fixeches fixeras fixeses faceres
fixo fixera fixese facer
fixemos fixeramos fixésemos facermos
fixestes fixerades fixésedes facerdes
fixeron fixeran fixesen faceren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
farei faría fixer INF.
farás farías fixeres facer
fará faría fixer XER.
faremos fariamos fixermos facendo
faredes fariades fixerdes PART.
farán farían fixeren feito

Haber[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
hei había haxa
has habías haxas ---
ha, hai había haxa
habemos habiamos haxamos
habedes habiades haxades ---
han habían haxan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
houben houbera houbese haber
houbeches houberas houbeses haberes
houbo houbera houbese haber
houbemos houberamos houbésemos habermos
houbestes houberades houbésedes haberdes
houberon houberan houbesen haberen
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
haberei habería houber INF.
haberás haberías houberes haber
haberá habería houber XER.
haberemos haberiamos houbermos habendo
haberedes haberiades houberdes PART.
haberán haberían houberen habido

Ir[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
vou ía vaia
vas ías vaias vai
vai ía vaia
imos iamos vaiamos vamos
ides iades vaiades ide
van ían vaian
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
fun fora fose ir
fuches foras foses ires
foi fora fose ir
fomos foramos fósemos irmos
fostes forades fósedes irdes
foron foran fosen iren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
irei iría for INF.
irás irías fores ir
irá iría for XER.
iremos iriamos formos indo
iredes iriades fordes PART.
irán irían foren ido

O verbo derivado latino preterir carece de motivación semántica; nas persoas en que non é defectivo conxúgase como advertir (17.2.5.2.1), e non como derivado de ir.

Ler (vide 17.2.4.5)[editar | editar a fonte]

Moer (vide 17.2.4.3)[editar | editar a fonte]

Oir e ouvir[editar | editar a fonte]

a) Oír (vide ademais 17.2.4.3)[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
oio oía oia
oes oías oias oe
oe oía oia
oímos oïamos oiamos
oídes oïades oiades oíde
oen oían oian
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
oín oíra oíse oír
oíches oíras oíses oíres
oíu oíra oíse oír
oímos oiramos oísemos oírmos
oístes oirades oísedes oírdes
oíron oíran oísen oíren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
oirei oiría oír INF.
oirás oirías oíres oír
oirá oiría oír XER.
oiremos oiriamos oírmos oíndo
oiredes oiriades oírdes PART.
oirán oirían oíren oído

b) Ouvir[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
ouzo ouvía ouza
ouves ouvías ouzas ouve
ouve ouvía ouza
Ouvimos ouviamos ouzamos
ouvides ouviades ouzades ouvide
ouven ouvían ouzan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
ouvín ouvira ouvise ouvir
Ouvíches ouviras ouvises ouvires
ouviu ouvira ouvise ouvir
Ouvimos ouviramos ouvísemos ouvirmos
Ouvistes ouvirades ouvísedes ouvirdes
ouviron ouviran ouvisen ouviren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
ouvirei ouviría ouvir INF.
ouvirás ouvirías ouvires ouvir
ouvirá ouviría ouvir XER.
ouviremos ouviriamos ouvirmos ouvindo
ouviredes ouviriades ouvirdes PART.
ouvirán ouvirían ouviren ouvido

Parir[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
pairo paría paira
pares parías pairas pare
pare paría paira
parimos pariamos pairamos
parides pariades pairades paride
paren parían pairan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
parín parira parise parir
Pariches pariras parises parires
pariu parira parise parir
parimos pariramos parísemos parirmos
paristes parirades parísedes parirdes
pariron pariran parisen pariren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
parirei pariría parir INF.
parirás parirías parires parir
parirá pariría parir XER.
pariremos paririamos parirmos parindo
pariredes paririades parirdes PART.
parirán parirían pariren parido

Poder[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
podo podía poida
podes podías poidas pode
pode podía poida
podemos podiamos poidamos
Podedes podiades poidades podede
poden podían poidan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
puiden puidera puidese poder
puideches puideras puideses poderes
puido puidera puidese poder
puidemos puideramos puidésemos podermos
puidestes puiderades puidésedes poderdes
Puideron puideran puidesen poderen
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
poderei podería puider INF.
poderás poderías puideres poder
poderá podería puider XER.
poderemos poderiamos puidermos podendo
poderedes poderiades puiderdes PART.
poderán poderían puideren podido

Poñer e pór[editar | editar a fonte]

a) Poñer[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
poño poñía poña
pos poñías poñas pon
pon poñía poña
poñemos poñiamos poñamos
poñedes poñiades poñades poñede
poñen poñían poñan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
puxen puxera puxese poñer
puxeches puxeras puxeses poñeres
puxo puxera puxese poñer
puxemos puxeramos puxésemos poñermos
puxestes puxerades puxésedes poñerdes
puxeron puxeran puxesen poñeren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
poñerei poñería puxer INF.
poñerás poñerías puxeres poñer
poñerá poñería puxer XER.
poñeremos poñeriamos puxermos poñendo
poñeredes poñeriades puxerdes PART.
poñerán poñerían puxeren posto

b) Pór[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
poño puña poña
pos puñas poñas pon
pon puña poña
pomos puñamos poñamos
pondes puñades poñades ponde
pon puñan poñan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
puxen puxera puxese pór
puxeches puxeras puxeses pores
puxo puxera puxese pór
puxemos puxeramos puxésemos pormos
puxestes puxerades puxésedes pordes
puxeron puxeran puxesen poren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
porei poría puxer INF.
porás porías puxeres pór
porá poría puxer XER.
poremos poriamos puxermos pondo
poredes poriades puxerdes PART.
porán porían puxeren posto

Conxúganse igual que poñer e pór os seus derivados,tanto os formados con prefixos cultos coma cos populares. Así, os formados con ante-, a-, com-, contra-, de-, descom-, dis-, ex-, im-, indis-, o-,predis-, presu-, pro-, re-, recom-, su-, super-, tras-, xusta-.

Pracer[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
prazo pracía praza
praces pracías prazas prace
prace pracía praza
pracemos praciamos prazamos
Pracedes praciades prazades pracede
pracen pracían prazan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
prouguen prouguera prouguese pracer
prougueches prougueras prougueses praceres
prougo prouguera prouguese pracer
prouguemos prougueramos prouguésemos pracermos
prouguestes prouguerades prouguésedes pracerdes
prougueron prougueran prouguesen praceren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
pracerei pracería prouguer INF.
Pracerás pracerías prougueres pracer
pracerá pracería prouguer XER.
praceremos praceriamos prouguermos pracendo
praceredes praceriades prouguerdes PART.
Pracerán pracerían prougueren pracido

Os derivados apracer, compracer e despracer son regulares en todo o paradigma.

Querer[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
quero quería queira
queres querías queiras quere
quere quería queira
queremos queriamos queiramos
queredes queriades queirades querede
queren querían queiran
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
quixen quixera quixese querer
quixeches quixeras quixeses quereres
quixo quixera quixese querer
quixemos quixeramos quixésemos querermos
quixestes quixerades quixésedes quererdes
quixeron quixeran quixesen quereren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
quererei querería quixer INF.
Quererás quererías quixeres querer
quererá querería quixer XER.
quereremos quereriamos quixermos querendo
quereredes quereriades quixerdes PART.
Quererán quererían quixeren querido

Os derivados cultos de querer (adquirir, inquirir,requirir) son inmotivados semanticamente; seguen por tanto a lei xeral deincorporación de verbos cultos (vide 17.2.6).

Rir (vide 17.2.4.5)[editar | editar a fonte]

Roer (vide 17.2.4.3)[editar | editar a fonte]

Saber[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
sei sabía saiba
sabes sabías saibas sabe
sabe sabía saiba
Sabemos sabiamos saibamos
sabedes sabiades saibades sabede
saben sabían saiban
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
souben soubera soubese saber
soubeches souberas soubeses saberes
soubo soubera soubese saber
soubemos souberamos soubésemos sabermos
soubestes souberades soubésedes saberdes
souberon souberan soubesen saberen
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
saberei sabería souber INF.
saberás saberías souberes saber
saberá sabería souber XER.
saberemos saberiamos soubermos sabendo
saberedes saberiades souberdes PART.
saberán saberían souberen sabido

Saír (vide 17.2.4.3 e 17.3.1, caberei)[editar | editar a fonte]

Ser[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
son era sexa
es ["ä] eras sexas
é ["ä] era sexa
somos eramos sexamos
sodes erades sexades sede
son eran sexan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
fun fora fose ser
fuches foras foses seres
foi fora fose ser
fomos foramos fósemos sermos
fostes forades fósedes serdes
foron foran fosen seren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
serei sería for INF.
serás serías fores ser
será sería for XER.
seremos seriamos formos sendo
seredes seriades fordes PART.
serán serían foren sido

O verbo defectivo sobreser, por ser inmotivado semanticamente, é regular nos tempos e persoas en que se conxuga (vide 17.2.4.5).

Ter[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
teño tiña teña
tes tiñas teñas ten
ten tiña teña
temos tiñamos teñamos
tendes / tedes tiñades teñades tende / tede
teñen tiñan teñan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
tiven tivera tivese ter
Tiveches tiveras tiveses teres
tivo tivera tivese ter
tivemos tiveramos tivésemos termos
tivestes tiverades tivésedes terdes
tiveron tiveran tivesen teren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
terei tería tiver INF.
terás terías tiveres ter
terá tería tiver XER.
teremos teriamos tivermos tendo
teredes teriades tiverdes PART.
terán terían tiveren tido

Os derivados abster, ater, conter, deter, entreter, manter, reter e soster conxúganse igual.

Traer[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
traio traía traia
traes traías traias trae
trae traía traia
traemos traïamos traiamos
traedes traïades traiades traede
traen traían traian
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
trouxen trouxera trouxese traer
trouxeches trouxeras trouxeses traeres
trouxo trouxera trouxese traer
trouxemos trouxeramos trouxésemos traermos
trouxestes trouxerades trouxésedes traerdes
trouxeron trouxeran trouxesen traeren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
traerei traería trouxer INF.
traerás traerías trouxeres traer
traerá traería trouxer XER.
traeremos traeriamos trouxermos traendo
traeredes traeriades trouxerdes PART.
traerán traerían trouxeren traído

Os derivados abstraer, atraer, contraer, distraer, extraer, retraer e subtraer, por seren semanticamente inmotivados, son regulares en todos os tempos: distraio, distraía, distraín, distraera, distraerei, distraería, distraia, distraese, distraer (vide 17.2.4.3).

Valer[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
vallo valía valla
vales valías vallas vale
vale valía valla
valemos valiamos vallamos
valedes valiades vallades valede
valen valían vallan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
valín valera valese valer
valiches valeras valeses valeres
valeu valera valese valer
valemos valeramos valésemos valermos
valestes valerades valésedes valerdes
valeron valeran valesen valeren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
valerei valería valer INF.
valerás valerías valeres valer
valerá valería valer XER.
valeremos valeriamos valermos valendo
valeredes valeriades valerdes PART.
valerán valerían valeren valido

Conxúgase da mesma manerira que valer o derivado equivaler.

Ver[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
vexo vía vexa
ves vías vexas ve
ve vía vexa
vemos viamos vexamos
vedes viades vexades vede
ven vían vexan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
vin vira vise ver
viches viras vises veres
viu vira vise ver
vimos viramos vísemos vermos
vistes virades vísedes verdes
viron viran visen veren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
verei vería vir INF.
verás verías vires ver
verá vería vir XER.
Veremos veriamos virmos vendo
veredes veriades virdes PART.
verán verían viren visto

Conxúganse igual os derivados motivados: entrever, prever,rever. Prover conxúgase como ver nos tempos do tema depresente e nas formas nominais (provexo, provés...; provía...; proverei...), mentres que nos temposdo tema de perfecto tende a facerse regular: provín, proviches,proveu, provemos, provestes, proveron; provera, etc.; provese,etc.;prover etc.

Vir[editar | editar a fonte]

INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
veño viña veña
vés viñas veñas ven
vén viña veña
vimos viñamos veñamos
vindes / vides viñades veñades vinde / vide
veñen viñan veñan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF.CONX.
vin viñera viñese vir
Viñeches viñeras viñeses vires
veu viñera viñese vir
Viñemos viñeramos viñésemos virmos
viñestes viñerades viñésedes virdes
viñeron viñeran viñesen viren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F.NOMINAIS
virei viría viñer INF.
virás virías viñeres vir
virá viría viñer XER.
viremos viriamos viñermos vindo
viredes viriades viñerdes PART.
virán virían viñeren vido

Conxúganse igual os derivados de vir (advir, convir,contravir, desconvir, devir, desavir, intervir, previr, provir, reconvir,sobrevir), aínda que no tema de perfecto algúns deles tendan a conxugarse polo modelo regular (ver advertir, en 17.2.5.2.1).