Saltar ao contido

Norma Talmadge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNorma Talmadge

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de maio de 1894 Editar o valor en Wikidata
Jersey City, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte24 de decembro de 1957 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Las Vegas, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortegripe Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHollywood Forever Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónErasmus Hall High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , produtora , actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1909 Editar o valor en Wikidata - 1930 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGeorge Jessel (1934–1939)
Joseph Schenck (1916–1934)
NaiMargaret Talmadge (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsNatalie Talmadge (pt) Traducir e Constance Talmadge (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0848232 Allocine: 31199 Allmovie: an210491 TCM: 1481269
BNE: XX1393840 WikiTree: Talmadge-132 Find a Grave: 1015 Editar o valor en Wikidata

Norma Marie Talmadge,[1] nada en Jersey City o 26 de maio de 1894 e finada en Las Vegas o 24 de decembro de 1957,[2] foi unha actriz e produtora cinematográfica estadounidense, unha das máis destacadas do cinema mudo.[3] Interpretou principalmente papeis dramáticos e baseou o seu éxito na súa intelixencia e profesionalidade, así como na súa naturalidade e sinceridade na súa forma de actuar.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Norma Taldmadge era a filla primoxénita de Fred Talmadge, un vendedor con problemas de alcohol, e Margaret (Peg).[4] As súas irmás pequenas eran Constance e Natalie. Constance tamén se converteu en actriz, aínda que nunca alcanzou a fama da súa irmá. Natalie, que foi esposa de Buster Keaton, tamén participou nalgúns filmes do seu marido como Our Hospitality (1923). As tres irmás pasaron a súa infancia en Brooklyn, onde participaron en grupos de teatro na escola.[5] O seu pai abandonounas[6] e ela, aos 13 anos, comezou a traballar como modelo en fotografías publicitarias e cancións ilustradas que se proxectaban a miúdo entre películas ou números de vodevil.[7]

A finais de 1910,[2] grazas á súa experiencia como modelo, comezou a súa carreira como actriz nos Vitagraph Studios de Nova York a razón de 2,50 dólares á semana. Malia as reticencias iniciais da súa nai, cando viu o soldo que estaba a cobrar Norma e como a nena gozaba co seu traballo, cambiou de opinión e conseguiu que as outras dúas fillas acabasen entrando no mundo do cinema.[7] O seu primeiro filme foi The Household Pest (1910).[4] A partir de realizar pequenos papeis, aprendeu a profesión de actriz. Inicialmente, a súa carreira de actriz non avanzaba xa que tiña dificultades para interiorizar a técnica de interpretación, mais coa axuda de Maurice Costello foi superando esta deficiencia aos poucos.[7] A primeira vez que chamou a atención foi en A Tale of Two Cities (1911) como a moza que acompañaba a Maurice Costello á guillotina[2] e obtivo o seu primeiro papel protagonista en The Doctor's Secret (1913).[6] Para Vitagraph fixo uns 250 filmes,[8] moitos dos cales actualmente considéranse filmes perdidos. Cando deixou Vitagraph tiña un salario de 250 dólares á semana.[4]

No verán de 1915 deixou Vitagraph despois de protagonizar o drama de propaganda anti-alemán The Battle Cry of Peace (1915).[2] Foi contratada xunto coa súa irmá Constance pola compañía californiana West Coast National Pictures por 400 dólares á semana.[4] Alí só fixo un filme (Cativating Mary Carstairs) antes de pasar como freelance a Triangle, tamén en California, e a Fine Arts baixo a supervisión, mais non a dirección, de D. W. Griffith. Alí comezou unha amizade coa guionista e escritora Anita Loos.[7]

Para dous dos filmes que Talmadge protagonizou en Fine Arts, The Social Secretary (1916) e Fifty-Fifty (1916), a rodaxe trasladouse a Nova York e foi alí onde a actriz coñeceu a Joseph M. Schenck.[9] Schenck era un alto executivo da rede de vodevil de Marcus Loew e máis tarde converteuse nun dos produtores cinematográficos máis importantes. Casaron o 20 de outubro de 1916[2] e Schenck converteuse na persoa que conseguiu facer de Norma nunha grande estrela.[7] En 1917 o tándem Schenck-Talmadge fundou a Norma Talmadge Film Corporation[3] para producir os filmes da actriz e instalouse en Nova York.[8] A primeira produción da parella foi Panthea (1917), que tivo un grande éxito.

A súa produtora distribuía a través de Selznick Pictures, que a partir de 1917, coa entrada de Adolph Zukor, converteuse en Select Pictures.[9] Talmadge protagonizou entre catro e seis filmes ao ano con Select, moitas veces baixo a dirección de Sidney Franklin, con quen fixo por exemplo The Forbidden City (1918), The Heart of Wetona (1919) ou The Probation Wife (1919). Ao ter a súa propia produtora, puido seleccionar as historias que máis lle conviñan e contratar actores solventes pero que non a eclipsasen como compañeiros.[3] Talmadge fixo catro filmes ao ano, permanecendo entre elas na súa mansión de Long Island.[4]

En 1919, Schenck e Talmadge romperon con Select para asinar con [[First National onde tamén traballaban outros actores-produtores como Charles Chaplin. Os anos en First National foron os máis rendibles para a actriz;[9] neste período realizou os seus filmes máis ambiciosos e interesantes, como The Passion Flower (1921), The Eternal Flame (1922), Ashes of Vengeance (1923), Secrets (1925) ou Smilin' Through (1922), unha das grandes comedias románticas do cinema mudo.[2] En Within the Law (1923) Talmadge interpretou unha tendeira acusada de roubo que se converte en chantaxista. En Granstark (1925) foi a princesa do reino de Ruritania que obtiña a aprobación do seu pobo para casar cun oficial estadounidense. O seu papel na comedia Kiki (1926) superou o remake que máis tarde fixo Mary Pickford en 1931.

Xa a principios da década de 1920, Norma Talmadge era o epítome da elegancia e da sofisticación tanto na pantalla como na vida real.[7] A vida das irmás Talmadge excitaba a imaxinación do público feminino. Ela e as súas irmás tiñan un estilo sofisticado e os vestidos que usaban nos filmes convertéronse no estándar da moda do momento.[6] Os lectores da revista Photoplay votárona como a actriz máis popular en 1924. Foi un dos primeiros actores, xunto con Mary Pickford e Douglas Fairbanks, en deixar a súa pegada nas baldosas diante do Grauman's Chinese Theatre en 1927.[3] En 1927 o seu salario era de 7 500 dólares á semana e recibía unhas 3 000 cartas á semana dos seus fans.[4]

En Camille (1927), baseado na novela de Alexandre Dumas, actuou xunto co seu amante,[2] Gilbert Roland. A actriz separouse do seu marido mais este produciu os seguintes filmes en tándem, The Dove (1928) e The Woman Disputed (1929), xa que constituían un negocio moi importante.

A chegada do son foi desastrosa para a actriz,[7] Talmadge tomara a chegada do son moi en serio e en 1929 non participou en ningún filme para concentrarse en tomar clases de voz. Participou en dous filmes sonoros, New York Nights (1929) e Du Barry, Woman of Passion (1930) mais o seu acento de Brooklyn non encaixaba co estilo sofisticado que tiña dela o público e retirouse. O diñeiro acumulado ata ese momento e que investiu en negocios inmobiliarios permitiulle ter un patrimonio de preto de tres millóns de dólares no momento da súa morte.[6]

En 1933 comezou unha carreira teatral con Intimate Revue do cómico George Jessel.[7] En abril de 1934 divorciouse definitivamente de Joseph Schenck, casando con Jessel ese mesmo ano.[2] O matrimonio non durou moito e en 1939 divorciáronse.[2] En 1946 casou por terceira vez, esta vez con Carvel James, un médico de Las Vegas.[2] Faleceu o 24 de decembro de 1957.[6]

Filmografía parcial

[editar | editar a fonte]
  • The Household Pest (1910)
  • A Broken Spell (1910)
  • Love of Chrysanthemum (1910)
  • Uncle Tom's Cabin (1910)
  • A Dixie Mother (1910)
  • In Neighboring Kingdoms (1910)
  • Paola and Francesca (1911)
  • A Tale of Two Cities (1911)
  • The Wild Cat Well (1911)
  • The Stumbling Block (1911)
  • The Sky Pilot (1911)
  • The General's Daughter (1911)
  • The Thumb Print (1911)
  • The Child Crusoes (1911)
  • Forgotten; o An Answered Prayer (1911)
  • Her Hero (1911)
  • His Last Cent (1911)
  • A Romance of Wall Street (1912)
  • Captain Barnacle's Messmates (1912)
  • The First Violin (1912)
  • Mrs. Carter's Necklace (1912)
  • Mrs. 'Enry 'Awkins (1912)
  • Counsel for the Defense (1912)
  • Fortunes of a Composer (1912)
  • The Extension Table (1912)
  • The Troublesome Step-Daughters (1912)
  • Wanted... a Grandmother (1912)
  • The Lovesick Maidens of Cuddleton (1912)
  • Mr. Butler Buttles (1912)
  • The Higher Mercy (1912)
  • A Fortune in a Teacup (1912)
  • Captain Barnacle's Waif (1912)
  • Bobby's Father (1912)
  • Father's Hot Toddy (1912)
  • Faithful Unto Death (1912)
  • His Official Appointment (1912)
  • Captain Barnacle, Reformer (1912)
  • The Model for St. John (1912)
  • O'Hara, Squatter and Philosopher (1912)
  • Casey at the Bat (1913)
  • O'Hara Helps Cupid (1913)
  • Stenographer Troubles (1913)
  • Just Show People (1913)
  • O'Hara's Godchild (1913)
  • Belinda the Slavey; o Plot and Counterplot (1913)
  • Getting Up a Practice (1913)
  • Let 'Em Quarrel (1913)
  • Wanted, a Strong Hand (1913)
  • Sleuthing (1913)
  • O'Hara and the Youthful Prodigal (1913)
  • Omens and Oracles (1913)
  • Vampire of the Desert (1913)
  • A Lady and Her Maid (1913)
  • The Midget's Revenge (1913)
  • The Silver Cigarette Case (1913)
  • Officer John Donovan (1914)
  • A Helpful Sisterhood (1914)
  • Under False Colors (1914)
  • Captivating Mary Carstairs (1915)
  • The Battle Cry of Peace (1915)
  • The Crown Prince's Double (1915)
  • The Missing Links (1916)
  • Martha's Vindication (1916)
  • The Children in the House (1916)
  • Going Straight (1916)
  • The Devil's Needle(1916)
  • The Social Secretary (1916)
  • Fifty-Fifty (1916)
  • Panthea (1917)
  • The Law of Compensation (1917)
  • Poppy (1917)
  • The Moth (1917)
  • The Secret of the Storm Country (1917)
  • The Ghosts of Yesterday (1918)
  • By Right of Purchase (1918)
  • De Luxe Annie (1918)
  • The Safety Curtain (1918)
  • Her Only Way (1918)
  • The Forbidden City (1918)
  • The Heart of Wetona (1919)
  • The New Moon (1919)
  • The Probation Wife (1919)
  • Dust of Desire (1919)
  • The Way of a Woman (1919)
  • The Isle of Conquest (1919)
  • She Loves and Lies (1920)
  • A Daughter of Two Worlds (1920)
  • The Woman Gives (1920)
  • Yes or No (1920)
  • The Branded Woman (1920)
  • The Passion Flower (1921)
  • The Sign on the Door (1921)
  • The Wonderful Thing (1921)
  • Love's Redemption (1921)
  • Smilin' Through (1922)
  • The Eternal Flame (1922)
  • The Voice from the Minaret (1923)
  • Within the Law (1923)
  • Ashes of Vengeance (1923)
  • The Song of Love (1923)
  • Secrets (1924)
  • The Only Woman (1924)
  • The Lady (1925)
  • Graustark (1925)
  • Kiki (1926)
  • Camille (1927)
  • The Dove (1928)
  • The Woman Disputed (1928)
  • New York Nights (1929)
  • Du Barry, Woman of Passion (1930)
  1. Hornblow Jr., Arthur (agosto de 1915). "Norma Talmadge: Post-Impression of a Girl of the Photoplays Who Has Enacted Every Sort of Feminine Role, From Childhood to Old Age". Photoplay (en inglés): 99. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Slide, Anthony (2010-09-12). Silent Players: A Biographical and Autobiographical Study of 100 Silent Film Actors and Actresses (en inglés). University Press of Kentucky. p. 279. ISBN 978-0-8131-2708-8. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Bauer, Laura L. S. (2018-12-07). Hollywood Heroines: The Most Influential Women in Film History (en inglés). ABC-CLIO. p. 29. ISBN 978-1-4408-3649-7. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Golden, Eve (2015-11-13). Golden Images: 41 Essays on Silent Film Stars (en inglés). McFarland. p. 171. ISBN 978-0-7864-8354-9. 
  5. Soister, John T.; Nicolella, Henry; Joyce, Steve (2014-01-10). American Silent Horror, Science Fiction and Fantasy Feature Films, 1913-1929 (en inglés). McFarland. p. 28. ISBN 978-0-7864-8790-5. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 A to Z of American Women in the Performing Arts. p. 209. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 Flom, Eric L. (2009-03-05). Silent Film Stars on the Stages of Seattle: A History of Performances by Hollywood Notables (en inglés). McFarland. p. 213. ISBN 978-0-7864-3908-9. 
  8. 8,0 8,1 Koszarski, Richard (1994-05-04). An Evening's Entertainment: The Age of the Silent Feature Picture, 1915-1928 (en inglés). University of California Press. p. 281. ISBN 978-0-520-08535-0. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Petro, Patrice (2010-03-04). Idols of Modernity: Movie Stars of the 1920s (en inglés). Rutgers University Press. pp. 68–69. ISBN 978-0-8135-4929-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]