Saltar ao contido

Nordanstig

Modelo:Xeografía políticaNordanstig
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 61°59′00″N 17°04′00″L / 61.983333333333, 17.066666666667
EstadoSuecia
Condadocondado de Gävleborg Editar o valor en Wikidata
CapitalBergsjö (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9.284 (2025) Editar o valor en Wikidata (3,67 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie2.526,52 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1974 Editar o valor en Wikidata

Sitio webnordanstig.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: nordanstigskommun Instagram: nordanstigskommun Youtube: UCrzz8EQCWjm2h3tabf2whfg Editar o valor en Wikidata

Nordanstig é un concello sueco no condado de Gävleborg.[1] A súa capital é Bergsjö. Dende 1980 a tendencia de poboación vén sendo negativa, e en decembro do ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 9 262 habitantes.[2]

Ao longo da costa hai unha franxa dunha milla de ancho de terreo baixo que transita cara a un terreo montañoso primitivo cara ao interior. No oeste co concello as alturas acadan uns 500 metros. O 90% da superficie do municipio está cuberta de bosque e durante moito tempo a industria forestal ten sido a súa principal actividade económica, aínda que no presente o princial empregador é o concello.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Bergsjö, Gnarp, Harmånger, Hassela, Ilsbo e Jättendal. Nesas parroquias formáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

Coa reforma municipal de 1952 Ilsbo e Jättendal pasaron a formar parte de Harmånger mentres que os municipios de Bergsjö, Gnarp e Hassela permaneceron sen cambios.

Coa reforma municipal de 1971 creáronse os municipios de Bergsjö, Gnarps, Hassela e Harmånger a partir dos concellos rurais do mesmo nome. O actual concello de Nordanstig naceu posteriormente en 1974 a partir deses catro concellos, con Bergsjö como capital.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello atópase no norte do condado de Gävleborg e limita co municipio de Sundsvall, no condado de Västernorrland, ao norte, co de Ljusdal ao oeste, e co de Hudiksvall ao sur, estes dous últimos tamén en Gävleborg.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-31.
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-13.
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.