Nora Volkow
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de marzo de 1956 Cidade de México, |
| País de nacionalidade | estadounidense |
| Educación | Universidade Nacional Autónoma de México, |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Psiquiatría, abuso de substancias e endocannabinoids (en) |
| Ocupación | médica psiquiatra e investigadora |
| Empregador | National Institute on Drug Abuse, directora (2003–) National Institute on Drug Abuse Laboratorio Nacional de Brookhaven |
| Participou en | |
| 2022 | Global Conference 2022 |
| 2021 | Partnering for Patients Forum 2021 (en) |
| 21 de xaneiro de 2015 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015 |
| Familia | |
| Pai | Esteban Volkow |
| Irmáns | Veronica Volkow Patricia Volkow Natalia Volkow |
| Premios | |
Nora Volkow, nada o 27 de marzo de 1956, é unha psiquiatra e investigadora norteamericana de orixe mexicana cuxo traballo se centrou no estudo do cerebro das persoas adictas ás drogas.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus descubrimentos axudaron a aclarar como se producen as adiccións e xogaron un papel importante no cambio da percepción pública da adicción desde unha debilidade do carácter ata unha enfermidade cerebral[2] que é tratable. É a directora do National Institute on Drug Abuse (NIDA),[3] que forma parte do National Institutes of Health (NIH).[4]
Foi a primeira representante dos NIH en visitar o Dalai Lama na súa residencia en Dharamsala, na India; durante esta visita en 2013, participou nun diálogo sobre a ciencia da adicción, como parte dunha conferencia de cinco días patrocinada polo Mind & Life Institute (Instituto Mente e Vida).[5] [6]
En 2014, foi conferenciante destacada en TEDMED, a reunión multidisciplinar anual onde líderes de todos os sectores da sociedade se reúnen para explorar a promesa da tecnoloxía e o potencial para o logro humano en saúde e medicina. A súa conferencia centrouse nos paralelismos entre a alimentación compulsiva e a adicción ás drogas.[7]
Nora Volkow é de ascendencia rusa e ucraína e é a bisneta do líder revolucionario ruso Lev Trotski. É filla de Esteban Volkow e neta de Zinaida Volkova, filla de Trosky.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografía de la Dra. Nora Volkow" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2023. Consultado o 05 de marzo de 2023.
- ↑ "Entre Científicas Dra. Nora Volkow" (en castelán).
- ↑ "Director's Page". drugabuse.gov ; about-nida (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2017.
- ↑ "Institutes, Centers & Offices" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2017.
- ↑ "Talking to the Dalai Lama about Addiction Science" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2017.
- ↑ "Mind and Life XXVII - Craving, Desire and Addiction" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2017.
- ↑ "Nora Volkow, Why do our brains get addicted?" (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2017.
- ↑ Gugliotta, Guy (2003-08-21). "Revolutionary Thinker". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2023-03-05.