Saltar ao contido

Nora Roberts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNora Roberts

(2007) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Eleanor Marie Robertson Aufem-Brinke Wilder Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Eleanor Marie Robertson Editar o valor en Wikidata
10 de outubro de 1950 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Silver Spring, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBoonsboro (pt) Traducir (1989–)
Keedysville (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónMontgomery Blair High School (en) Traducir (–1968) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional e literature for women (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Maryland Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista , empresaria , legal secretary (en) Traducir , escritora , guionista , escritora de ciencia ficción , filántropa Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoNovela romántica, thriller novel (en) Traducir, futuristic novel (en) Traducir e Fantasía Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioJ.D. Robb
Sarah Hardesty
Nora Roberts
Jill March Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webnoraroberts.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0731465 Allocine: 248002 Allmovie: p346400
Facebook: noraroberts Twitter: NRoberts_atHome Instagram: norarobertsauthor BNE: XX4579011 Musicbrainz: c965c6fc-ac08-4e18-bf98-3b46b317de08 WikiTree: Robertson-30276 Editar o valor en Wikidata

Eleanor Marie Robertson, nada en Silver Spring (Maryland) o 10 de outubro de 1950, é unha escritora de best-sellers estadounidense,[1] dentro do xénero da novela romántica e de suspense co nome de Nora Roberts e de literatura fantástica co nome de J. D. Robb. Foi a primeira escritora incluída no Salón da Fama dos Escritores Románticos dos Estados Unidos. A partir de 2011, as súas novelas totalizaron 861 semanas na Lista de Best-Sellers do New York Times, incluíndo 176 semanas na posición número un.[2]

Publicou tamén unha historia nunha revista co pseudónimo de Jill March. Ademais, na súa publicación no Reino Unido, a serie Born In foi editada co pseudónimo de Sarah Hardesty, mais non volveu traballar con ese editor.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Eleanor Marie Robertson foi a menor e única nena de cinco irmáns. Foi educada durante un tempo nunha escola católica antes de casar moi nova con Ronald Aufem-Brinke contra os desexos dos seus pais[3] e establecerse en Keedysville, Maryland. Traballou como secretaria legal, mais despois do nacemento dos seus dous fillos permaneceu na casa. O matrimonio acabou en divorcio en 1983.

Comezou a escribir durante unha tormenta en febreiro de 1979,[4][5] e a súa primeira novela, Irish Thoroughbred, apareceu en 1981, publicada por Silhouette. Para asinar as súas novelas románticas empregou o diminutivo do seu nome e apelidos, Nora Roberts.[3]

Coñeceu o seu segundo marido, Bruce Wilder, cando o contratou para que lle fixese unhas baldas. Casaron en xullo de 1985.

Baixo o pseudónimo de J. D. Robb, Roberts tamén escribe a serie In Death de ciencia ficción sobre temas policíacos. Protagonízanas a detective Eve Dallas e o seu home Roarke e teñen lugar a mediados do século XXI en Nova York.[6] As iniciais "J. D." son dos seus fillos, Jason e Dan, mentres que "Robb" é unha forma apocopada de Robertson. Ao comezar a serie, escollera o pseudónimo de D. J. MacGregor, mais cambiouno porque xa o empregara outro autor.[4]

Roberts é célebre por ser moi prolífica. En 1996 superou as cen novelas con Montana Sky. Escribe oito horas cada día, todos os días.[7] Moitos lectores e estudosos da ficción romántica atribúen a transformación cara a unha heroína romántica máis forte en parte á habilidade de Roberts para desenvolver personaxes e narrar unha boa historia.

En 1997, outra novelista romántica, Janet Dailey, admitiu que copiou repetidamente a obra de Roberts. Esta práctica descubriuse cando unha lectora de Roberts leu Sweet Revenge, de Roberts, e Notorious, de Daley; ao comparalas, notou os parecidos e colgou en Internet as pasaxes parecidas.[8] Roberts recibiu unha compensación económica que dedicou a causas literarias.

  1. Clark, Blanche (30 de novembro de 2010). "'The $60 million woman'". Herald Sun. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 6 de decembro de 2010. 
  2. "Nora Roberts Did You Know?". Website Oficial Nora Roberts. 27 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2011. Consultado o 9 de abril de 2011. 
  3. 3,0 3,1 Kloberdanz, Kristin (Marzo–abril de 2002). "Meet the Authors - Nora Roberts|Book Magazine". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2007. Consultado o 10 de agosto de 2007. 
  4. 4,0 4,1 "Frequently Asked Questions and Answers from Nora Roberts". Consultado o 4 de agosto de 2007. 
  5. "Author Nora Roberts". Nora Roberts. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2007. Consultado o 4 de agosto de 2007. 
  6. Schendel, Jennifer (15 de novembro de 2001). "The Appeal of the Romance Series". All About Romance. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2007. Consultado o 9 de agosto de 2007. 
  7. "Fire Destroys Novelist Roberts' Hotel". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2008. Consultado o 22 de febreiro de 2008. 
  8. "Nora Roberts: A Celebration of Emotions". Publishers Weekly. 23 de febreiro de 1998. Consultado o 25 de decembro de 2006. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Little, Denise and Laura Hayden, The Official Nora Roberts Companion, Berkley Books, 2003, ISBN 0-425-18344-0.
  • "Stolen Kisses", Entertainment Weekly Issue #392

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]