Nomes dos días
- Artigo principal: Semana.

Os días da semana son as sete divisións temporais que compoñen a semana. Na tradición europea, os nomes proceden da asociación cos sete astros visibles da astronomía antiga do sistema grecorromano.[1]
Ademais, en moitas linguas, incluído o galego, convive un sistema numérico que denomina os días como segunda feira, terza feira, etc.
En galego actual é máis frecuente o sistema clásico (luns, martes…), mais o sistema de feiras está documentado historicamente e hoxe úsase en certos rexistros e ámbitos culturais, en paralelo ao portugués.[2]
Nomes dos días segundo os planetas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Semana.
A asociación dos sete días cos corpos celestes (o sol, a lúa e cinco planetas visíbeis) está documentada desde a Antigüidade clásica. Entre os séculos I e III o Imperio romano consolidou a semana de 7 días e espallou os seus nomes polas linguas romances. O ordenamento responde á tradición astrolóxica helenística e ao esquema das esferas planetarias descrito na Antigüidade.

Nomes en galego
[editar | editar a fonte]Sistema clásico de orixe latina (dos deuses/astros)
[editar | editar a fonte]- luns
- día da Lúa (Lunae) [3]
- martes
- día de Marte (Martis) [4]
- mércores
- día de Mercurio (Mercŭri) [5]
- xoves
- día de Xúpiter (Iovis) [6]
- venres
- día de Venus (Veneris) [7]
- sábado
- do hebreo sabbath [8]
- domingo
- do latín cristián dies Dominicus / domĭnĭcusdies [9]

Sistema numérico de feiras (tradición galego-portuguesa)
[editar | editar a fonte]- segunda feira (tamén só "segunda")
- terza feira (terza/terça)
- cuarta feira (corta/ quarta)
- quinta feira (quinta)
- sexta feira (sexta)
- sábado e domingo mantéñense iguais.
| Lingua | Día 1 [10] | Día 2 | Día 3 | Día 4 | Día 5 | Día 6 | Día 7 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Galego (clásico) | luns | martes | mércores | xoves | venres | sábado | domingo |
| Galego (numérico de feiras) | segunda feira | terza feira | cuarta feira / corta feira | quinta feira | sexta feira | sábado | domingo |
| Galego-portugués medieval [11] | lues/ lũens/ lũus | martes | mércores / mércoles | joves / youes / joues | vernes | sabado | domingo |
| Portugués | segunda-feira | terça-feira | quarta-feira | quinta-feira | sexta-feira | sábado | domingo |
| Castelán | lunes | martes | miércoles | jueves | viernes | sábado | domingo |
| Inglés | Monday | Tuesday | Wednesday | Thursday | Friday | Saturday | Sunday |
| Latín | Lunae | Martis | Mercurii | Iovis | Veneris | Sabbatum | Dominica |
Outras tradicións
[editar | editar a fonte]Nas linguas xermánicas adaptouse o modelo romano substituíndo as divindades clásicas por deuses propios (p. ex., Týr, Odín/Woden, Thor, Frigg), agás o sábado en inglés (Saturday) que conserva Saturno. Noutros grupos lingüísticos existen tamén denominacións numéricas ou relixiosas (p. ex., “día do Señor” para o domingo -dominicus- nalgunhas linguas romances).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Week; Origin, History, & Facts". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2025-10-03.
- ↑ Ciberdúvidas/ISCTE-IUL. "Ainda a origem dos nomes dos dias da semana - Ciberdúvidas da Língua Portuguesa". ciberduvidas.iscte-iul.pt (en portugués). Consultado o 2025-10-03.
- ↑ "luns". DIGALEGO. Consultado o 2025-10-03.
- ↑ "martes". DIGALEGO; digalego.xunta.gal.
- ↑ "mércores". DIGALEGO.
- ↑ "xoves". DIGALEGO.
- ↑ "Definición da palabra: Venres". Portal das Palabras. Consultado o 2025-10-03.
- ↑ Bustos, Prof Dr Alberto. "Etimología de ‘sábado’". lengua-e.com (en castelán). Consultado o 2025-10-03.
- ↑ "domingo". DIGALEGO.
- ↑ No sistema numérico de feiras, a semana comeza no domingo, por iso o luns é a segunda feira e non a primeira.
- ↑ "DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval". ilg.usc.gal. Consultado o 2025-10-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nomes dos días |
| Vexa a entrada do Galizionario acerca de Nomes dos días |