Nomen nudum
En taxonomía, un nomen nudum ('nome espido ou nu' en latín; plural nomina nuda) é unha designación dun taxon[2] que se parece a un nome científico, e pode que orixinalmente pretendese selo, pero que non foi publicado cunha descrición axeitda. Isto fai que sexa un nome "nu" ou "espido", que non se pode aceptar oficialmente.[3] Un termo en gran medida equivalente pero moito menos usado é nomen tantum ("nome soamente"). Ás veces o termo "nomina nuda" considérase erradamente como sinónimo de "nomes non dispoñibles". Porén, non todos os nomes non dispoñibles son nomina nuda, o cal se aplica a nomes publicados, é dicir, calquera nome publicado que non cumpre os requirimentos do artigo 12 (se se publicou antes de 1931) ou do artigo 13 (se se publicou despois de 1930).[4] De xeito similar, unha especie podería publicarse cunha descrición parcial ou incompleta que non é suficientemente precisa para cumprir as regras de publicación. Isto denomínase nomen subnudum (abreviado nom. subnud.[5]) ou, ás veces, seminudum.[6]
En zooloxía
[editar | editar a fonte]Segundo as regras de nomenclatura zoolóxica, un nomen nudum non está dispoñible; o glosario do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica dá esta definición:[7]
nomen nudum (pl. nomina nuda), n.
Un termo latino que se refire a un nome que, se foi publicado antes de 1931, non cumpre o artigo 12; ou, se foi publicado despois de 1930, non cumpre o artigo 13. [...]
E entre as regras do mencionado Código Zoolóxico:
12.1. Para estar dispoñible, todo nome novo publicado antes de 1931 debe ... ir acompañado dunha descrición ou unha definición do taxon que denota, ou dunha indicación [é dicir, que é, por referencia a dita descrición ou definición, pero para un xénero pode tamén inferirse dos nomes específicos dispoñibles usados en combinación].
13.1. Para estar dispoñible, todo nome novo publicado despois de 1930 debe ... ir acompañado dunha descrición ou derfinición que enuncia con palabras os caracteres que se supón diferencian o taxon, ou ir acompañado dunha referencia bibliográfica a dito enunciado publicado.
En botánica
[editar | editar a fonte]De acordo coas regras da nomenclatura botánica un nomen nudum non está publicado validamente. O glosario do Código Internacional de Nomenclatura de algas, fungos e plantas dá esta definición:[8]
A designación dun novo taxon publicado sen unha descrición ou diagnose ou referencias a unha decriciónn ou diagnose.
Os requisitos para a diagnose ou descrición están cubertos polos artigos 32, 36, 41, 42 e 44.[8]
Desde o 1 de xaneiro de 1935 ao 31 de decembro de 2011, para ser publicado validamente tamén se requiría que a descrición ou diagnose estivese en latín como reafirmou o artigo 39 do Código de Melbourne. Despois de 2011 só se recomenda que os autores inclúan ou citen unha descrición ou diagnose en latín ou en inglés.[8]
Os nomina nuda que foron publicados antes do 1 de xaneiro de 1959 poden usarse para establecer un nome de cultivar. Por exemplo, Veronica sutherlandii, un nomen nudum, foi utilizado como base para Hebe pinguifolia 'Sutherlandii'.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berger, Lee R.; Hawks, John (14 de decembro de 2018). "Australopithecus prometheus is a nomen nudum". American Journal of Biological Anthropology (en inglés) 168 (2): 383–387. ISSN 2692-7691. PMID 30552667. doi:10.1002/ajpa.23743. Consultado o 24 de outubro de 2023.
- ↑ Turland, N. (2013). The Code Decoded: A user's guide to the International Code of Nomenclature for algae, fungi, and plants. Regnum Vegetabile Volume 155. Koeltz Scientific Books. ISBN 978-3-87429-433-1.
- ↑ "What is a nomen nudum?". International Commission on Zoological Nomenclature. Consultado o 11 de setembro de 2010.
- ↑ Caetano, João Marcus Vale; Delcourt, Rafael; Ponciano, Luiza Corral Martins de Oliveira (marzo de 2023). "A taxon with no name: 'Ubirajara jubatus' (Saurischia: Compsognathidae) is an unavailable name and has no nomenclatural relevance" (PDF). Zootaxa 5254 (3): 443–446. PMID 37044710. doi:10.11646/zootaxa.5254.3.10.
- ↑ Jacobson, Arthur Lee (1 de febreiro de 1996). North American Landscape Trees. Berkeley, California: Ten Speed Press. p. xx. ISBN 978-0-89815-823-6. Consultado o 28 de outubro de 2025.
- ↑ Baranov, Andreĭ (1971). Basic Latin for Plant Taxonomists. Lehre [Liechtenstein]: J. Cramer. p. 144. ISBN 978-3-7682-0727-0. Consultado o 28 de outubrode 2025.
- ↑ International Commission on Zoological Nomenclature. "Glossary". International Trust for Zoological Nomenclature. Consultado o 11 de setembro de 2010.
- 1 2 3 MlepwcNeill, J.; Barrie, F.R.; Buck, W.R.; Demoulin, V.; Greuter, W.; Hawksworth, D.L.; Herendeen, P.S.; Knapp, S.; Marhold, K.; Prado, J.; Prud'homme Van Reine, W.F.; Smith, G.F.; Wiersema, J.H.; Turland, N.J. (2012). International Code of Nomenclature for algae, fungi, and plants (Melbourne Code) adopted by the Eighteenth International Botanical Congress Melbourne, Australia, July 2011. Regnum Vegetabile 154. A.R.G. Gantner Verlag KG. ISBN 978-3-87429-425-6.
- ↑ Brickell, C.D.; Alexander, C.; David, J.C.; Hetterscheid, W.L.A.; Leslie, A.C.; Malecot, V.; Jin, X.; Cubey, J.J. (2009). International Code of Nomenclature for Cultivated Plants (ICNCP or Cultivated Plant Code) incorporating the Rules and Recommendations for naming plants in cultivation, Eighth Edition, Adopted by the International Union of Biological Sciences International Commission for the Nomenclature of Cultivated Plants (PDF). International Association for Plant Taxonomy and International Society for Horticultural Science. ISBN 978-90-6605-662-6. Artigo 21.6