Nollywood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodaxe dun filme de Nollywood.

Nollywood é o nome que popularmente recibe a industria cinematográfica de Nixeria, a segunda máis grande do mundo, despois de Bollywood.[1] Segundo o Censo Nacional de Filmes, un órgano do Goberno nixeriano, cada ano prodúcense unha media de 1200 filmes, cun orzamento total duns 20 millóns de euros.

A súa orixe atópase nos vendedores de aparellos electrónicos, que comezaron a facer filmes e ofrecelos como extra á mercancía. Realizaban todo o proceso: produción, guión, dirección, filmación, montaxe, etc.

The Nolly Awards[editar | editar a fonte]

The Nolly Awards, nun comezo coñecidos coma Nollywood Movies Awards, son os premios que buscan honrar as mellores producións de Nollywood. A primeira edición celebrouse na cidade de Lagos o 2 de xuño de 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]