Manuel Copena Araújo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nolete»)
Infotaula de personaManuel Copena Araújo
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Gondomar, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de novembro de 1987 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Alcalde de Baiona
1965 – 1972
← José Pereira TroncosoAlfonso Mandado Robles → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , mestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata

Manuel Copena Araújo, nado en Gondomar o 22 de novembro de 1911 e finado o 30 de novembro de 1987,[1] foi un mestre, futbolista e político galego, máis coñecido como Nolete, que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezando a súa carreira en equipos pequenos da contorna de Vigo, e mentres estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra xogou no Eiriña Club de Fútbol. En 1932 fichou polo Celta de Vigo, equipo no que estivo até 1943 logo de 113 encontros e 96 goles marcados.

Foi o home dos goles decisivos, tanto na promoción do primeiro ascenso a Primeira División do equipo celeste en 1936, en 1940 ante o Deportivo da Coruña tamén en partido de promoción coma ao ano seguinte para evitar o descenso a Segunda División ante o Real Zaragoza. Coma por exemplo tamén un gol ante o Real Madrid en Balaídos que clasificaba o Celta para cuartos de final da Copa de España. Foi tamén autor do primeiro tanto do equipo celeste en Primeira División.

Uns anos antes de morrer recordaba para no Faro de Vigo os seus anos no Celta, club que non quixo deixar a pesar das numerosas ofertas que recibiu:

Cheguei a probar incluso polo Real Madrid cunha ficha moi importante, pero eu quería a miña Galicia, quería o meu Celta. Xa podían ofrecerme todo o ouro do mundo que eu nunca deixaría a miña terra, o meu Celta. [...]
Nun partido contra o Sporting cheguei a meter un gol de forte chut dende o centro do campo. Nin eu mesmo o cría. Nunha ocasión Lángara chegou a dicirme: Nolete, tes o chut máis forte que o meu". [...]
Cando ascendemos en 1936, o Celta estivo a piques de desfacerse por problemas económicos. Entón os xogadores renunciamos a cobrar o que se nos adebedaba, non fixen cartos, case me custou. Ata cando a miña nai mataba o porco viñan os meus compañeiros de equipo a comer á miña casa. Aqueles tempos non eran como os de agora, xogabamos por auténtico amor ao club.
Faro de Vigo, 17 de febreiro de 1985

Tras retirarse como futbolista foi mestre en Gondomar e no Instituto Santa Irene de Vigo onde se xubilou en novembro de 1981. Militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS dende 1939, foi nomeado alcalde de Baiona entre xullo de 1965[2] e 1972[3]. Foi tamén xuíz de paz nese mesmo concello.


Predecesor:
José Pereira Troncoso
 
Alcalde de Baiona
 
1965 - 1972
Sucesor:
Alfonso Mandado Robles

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Eloisa Vidal Domínguez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 2-12-1987, p. 46.
  2. El Pueblo Gallego, 17-7-1965, p. 10.
  3. Primitivo Carbajo (3 de agosto de 2008). "Cinco alcaldes del franquismo reciben la medalla de Baiona". El País (en castelán). .