Noitébrega
Avenoiteira | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Caprimulgus europaeus' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Verán Inverno |
A noitébrega[2], avenoiteira cincenta, noitebra ou denoiteira cincenta, Caprimulgus europaeus L., é unha especie de ave pertencente á familia dos caprimúlxidos (Caprimulgidae), que se distribúe polas zonas amornadas de bosque, matogueira e pasteiro de Europa e Asia. Non está ameazada a nivel global, e a súa poboación estímase entre 930.000 e 2 100 000 de exemplares.[3]
Chega a noite, miña filla, |
É unha ave de hábitos crepusculares e nocturnos, que se alimenta de insectos, especialmente de bolboretas nocturnas e outros insectos voadores grandes.
En Galicia, a onde chega a finais de abril e parte en setembro, non é escasa, aniñando desde o nivel do mar até os 2.000 metros de altitude.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BirdLife International (2012). "Caprimulgus europaeus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Noitébrega. O DRAG recolle os sinónimos noiteboa, avenoiteira, denoiteira, noitarega, noitebra
- ↑ BirdLife International (2012). "Caprimulgus europaeus". Lista Vermella da IUCN. Version 2012.1. International Union for Conservation of Nature. Consultado o 16 de xullo de 2012.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha da avenoiteira. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 79. ISBN 84-7154-379-6.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos e Silvar, Carlos (1991): Guía de aves de Galicia. A Coruña: Bahía Edicións, p. 198.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Noitébrega |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Noitébrega |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos e Silvar, Carlos (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións, p. 198. ISBN 84-87674-06-2.
- SGHN / CCG (1995): Atlas dos vertebrados de Galicia. II. Aves. Santiago: Consello da Cultura Galega. Relatorio de Patrimonio Natural / Sociedade Galega de Historia Natural, pp. 450–1. ISBN 84-87172-89-X.