Noelia Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNoelia Otero
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Noelia Otero Lago, nada en Vigo en 1980,[1] é unha xornalista e política galega independente e deputada co PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Antonio Nebrija e especialista en Información Internacional e Países do Sur pola Universidade Complutense de Madrid.[2] Comezou a súa carreira en Onda Cero Vigo, onde traballou en 2004 e 2005,[2] logo foi editora e locutora na Cadena SER en Vigo[1] dez anos[2] ata dar o salto á televisión incorporándose como directora e presentadora de programas na Televisión de Galicia e máis tarde traballou en Telecinco como reporteira de El Programa de Ana Rosa; foi codirectora de Las Cosas Claras[1] presentado por Jesús Cintora en TVE (2020-2021).

En 2020 traballou como directora e coordinadora do Laboratorio de Ideas do PSdG-PSOE[2] e nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 levou o número seis na lista do PSdG-PSOE como independente pola circunscrición electoral de Pontevedra,[3] pero non foi elixida deputada autonómica. Logo do falecemento de Isaura Abelairas foi deputada dende xuño de 2021.[1][4] No grupo parlamentario leva áreas como vivenda, mocidade, enerxía ou lgtbi ademais do control da CRTVG.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Redacción (22 de xuño de 2021 [actulizado día 23 de xuño de 2021]). "La viguesa Noelia Otero, nueva diputada del PSdeG en el Parlamento de Galicia". atlantico.net (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "A xornalista viguesa Noelia Otero toma posesión como nova deputada do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia". psdeg-psoe.com. 22 de xuño de 2021. Consultado o 17 de xullo de 2023. 
  3. "Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020.
  4. Álvarez, Xoán (23 de xuño de 2021). "Noelia Otero toma posesión en las filas socialistas". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]