Saltar ao contido

No Way Out

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
No Way Out
Stone Temple Pilots Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Implicados
 Interpretado por
 Selo discográfico
Wikidata

"No Way Out" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Stone Temple Pilots que aparece como sexto tema do seu cuarto álbum de estudio, No. 4 (1999). Escrita polos catro membros da banda e producida por Brendan O'Brien, a canción céntrase nas loitas do líder Scott Weiland contra a adicción ás drogas e os seus demos persoais, como a súa condena a prisión en febreiro de 1999. Xunto con "Sex & Violence" e "MC5", a canción está considerada unha das máis pesadas do álbum.[1]

En outubro de 2000 Atlantic Records lanzou un sinxelo promocional que alcanzou o posto número 17 na lista Mainstream Rock[2] e o 24 na Alternative Airplay.[3] No ano 2000 tamén se lanzou un vídeo musical dirixido por Bart Lipton con imaxes dos concertos da banda.

  1. "No. 4 - Stone Temple Pilots". AllMusic (en inglés). Consultado o 2026-04-04.
  2. "Stone Temple Pilots (Mainstream Rock)". Billboard (en inglés). Consultado o 2026-04-04.
  3. "Stone Temple Pilots (Alternative Airplay)". Billboard (en inglés). Consultado o 2026-04-04.