No Title as of 13 February 2024 28,340 Dead
No Title as of 13 February 2024 28,340 Dead | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Godspeed You! Black Emperor | ||||
Publicado | 4 de outubro de 2024 | |||
Gravación | 2024 | |||
Estudio(s) | Hotel2Tango, Montreal | |||
Duración | 54:09 (CD/streaming) 67:14 (vinilo) | |||
Xénero(s) | post-rock | |||
Selo(s) | Constellation Records | |||
Produtor | Jace Lasek | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
No Title as of 13 February 2024 28,340 Dead (estilizado con todo en maiúsculas e entre comiñas) é o oitavo álbum de estudio da banda canadense de post-rock Godspeed You! Black Emperor, publicado o 4 de outubro de 2024 a través do selo Constellation Records. Segue ao seu lanzamento de 2021 G_d's Pee at State's End! e foi precedido polo sinxelo "Grey Rubble - Green Shoots", editado o día do anuncio do disco o 27 de agosto de 2024.
O título fai referencia ao número de palestinos mortos por ataques de Israel entre o 7 de outubro de 2023 e o 13 de febreiro de 2024 durante a guerra de Gaza, segundo os datos do Ministerio de Sanidade de Gaza.[1] Nun comunicado anunciando o álbum, a banda proclamou: "No Title= Que xestos tenen sentido mentres pequeños corpos caen? Que contexto? Que melodía rota? E despois un reconto e unha data para marcar un punto na liña, o proceso negativo, a morea crecente".[2]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Sun Is a Hole Sun Is Vapors" | 5:32 | |||||||
2. | "Babys in a Thundercloud" | 13:37 | |||||||
3. | "Raindrops Cast in Lead" | 13:18 | |||||||
4. | "Broken Spires at Dead Kapital" | 3:35 | |||||||
5. | "Pale Spectator Takes Photographs" | 11:18 | |||||||
6. | "Grey Rubble – Green Shoots" | 6:53 | |||||||
54:09 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zemler, Emily (2024-08-28). "Godspeed You! Black Emperor Announce New Album, Share Track 'Grey Rubble - Green Shoots'". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2025-01-28.
- ↑ Strauss, Matthew (2024-08-28). "Godspeed You! Black Emperor Announce New Album “No Title As of 13 February 2024 28,340 Dead”, Share Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2025-01-28.