Saltar ao contido

Noé Carrillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNoé Carrillo
Biografía
Nacemento28 de decembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (19 anos)
Teo Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2024–   Deportivo Fabril

Noé Carrillo Collazo, nado en Teo o 28 de decembro de 2006, é un futbolista galego que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Deportivo Fabril da Segunda Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira deportiva no Club San Francisco Teo, inicialmente na disciplina de fútbol sala. Con 6 anos pasou a xogar ao fútbol no Praíña Sporting Club e posteriormente no Santiago de Compostela Club de Fútbol. En 2018, tras a absorción do Santiago por parte do CD Conxo Santiago, comezou a formarse neste equipo. En 2019 ingresou nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña.[1]

O 6 de xuño de 2024, Carrillo renovou o seu contrato co equipo coruñés até 2027.[2] O 31 de agosto dese ano debutou co Deportivo Fabril nun partido de Segunda Federación contra o Real Ávila, entrando como substituto nos 13 minutos finais. A pesar de ser titular habitual durante os seguintes meses, en novembro de 2024 sufriu unha lesión de xeonllo que o retirou dos terreos de xogo durante o resto da tempada.[3][4]

En xullo de 2025, Carrillo reincorporouse no Fabril e xogou 6 partidos consecutivos co filial coruñés. Con todo, debeu retirarse novamente durante dous meses por mor dunha lesión de nocello.[4][5] O 16 de decembro de 2025 tivo lugar a súa estrea co Deportivo da Coruña, entrando como substituto de Diego Villares nun partido dos dezaseisavos da Copa do Rei 2025/26. Neste encontro ante o RCD Mallorca, Carrillo anotou o gol decisivo que lle deu a vitoria ao club galego por 1-0 e que lle permitiu avanzar aos oitavos de final da Copa do Rei por primeira vez en 10 anos.[6][7][8]

  1. "Noé, el niño que entendía el fútbol" (en castelán). DxT Campeón. 17 de decembro de 2025. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  2. "Noé Carrillo, deportivista hasta 2027" (en castelán). Deportivo da Coruña. 6 de xuño de 2024. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  3. "Noé Carrillo, el «tapado» de «pico y pala» que ha asaltado el Fabril" (en castelán). La Opinión A Coruña. 26 de outubro de 2024. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  4. 1 2 "Noé Carrillo, el "diferente" de Abegondo al que las lesiones no han podido marchitar" (en castelán). DxT Campeón. 17 de decembro de 2025. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  5. "Noé Carrillo desde cuatro prismas: el regreso de un fabrilista que ilusiona" (en castelán). DxT Campeón. 8 de decembro de 2025. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  6. "Bil prende el fuego y Noé cocina a los 'dimonis'" (en castelán). DxT Campeón. 17 de decembro de 2025. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  7. "Abegondo prepara su nueva hornada: Noé, Nsongo… y Samu" (en castelán). Diario AS. 17 de decembro de 2025. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  8. "Noé, el sexto canterano que debuta esta temporada, mete al Dépor en octavos de la Copa diez años después" (en castelán). Deportivo da Coruña. 16 de decembro de 2025. Consultado o 17 de decembro de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]