Nistagmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nistagmo
Clasificación e recursos externos
Movemento ocular do nistagmo
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O nistagmo[1] ou nistaxe[2] é unha afección ocular que provoca un movemento incontrolado, rápido e brusco dos ollos, xeralmente dun lado a outro, pero ás veces cara arriba e abaixo ou nun movemento circular. A maioría das persoas con nistagmo teñen mala visión. Provoca problemas na educación, no emprego e en moitas situacións sociais. O nistagmo non se pode arranxar con lentes ou lentes de contacto, aínda que moitas persoas con nistagmo usan lentes ou lentes de contacto para corrixir outros problemas oculares.

Tipos[editar | editar a fonte]

  • Nistagmo aural. Causado por trastornos do labirinto.
  • Nistagmo calórico. Inducido polo lavado do oído con auga ou aire quentes ou fríos.
  • Nistagmo da mirada. Maniféstase ao mirar cara á dereita ou á esquerda.
  • Nistagmo de fixación. Nistagmo que aparece só cando se mira fixamente un obxecto.
  • Nistagmo de posición. O que ocorre ou se altera en forma ou intensidade con certas posicións da cabeza.
  • Nistagmo espontáneo. O que ocorre sen estimulación vestibular.
  • Nistagmo latente. O que aparece só cando se tapa un ollo.
  • Nistagmo vestibular ou labiríntico. Nistagmo causado por un trastorno vestibular no que os movementos oculares

Causas do nistagmo[editar | editar a fonte]

Nistagmo

O nistagmo pode ser de nacemento ou adquirido. O primeiro é a Síndrome de Nistagmo Infantil (SNI) que algunhas persoas teñen ao nacer;

O segundo tipo coñécese como nistagmo adquirido que ten varias causas[3], incluíndo:

Características do nistagmo[editar | editar a fonte]

  • As persoas con nistagmo normalmente non ven o mundo en movemento, pero si o fan ocasionalmente.
  • Teñen mala visión de distancia, pero a maioría teñen unha boa visión de preto.
  • O nistagmo non é doloroso.
  • Entre 1 de cada 1000 e 1 de cada 2000 persoas teñen nistagmo.
  • O nistagmo pode ser hereditario, e tamén ter outras causas non xenéticas.
  • A maioría das persoas con nistagmo poden ver o suficientemente ben como para conducir un automóbil
  • O nistagmo non empeora coa idade, mesmo pode mellorar co tempo

Tratamentos e investigación[editar | editar a fonte]

Actualmente non hai cura para todos os tipos de nistagmo, pero hai asociacións que promoven a investigación sobre esta condición complexa (por exemplo a UK Nystagmus Network en Inglaterra e Gales[4]). Como resultado, hai diversas investigacións en curso en varias universidades.

A cirurxía utilízase tanto para reducir a intensidade do nistagmo como para mellorar a percepción visual, así como para mellorar a posición anómala da cabeza no caso de que isto se produza.

A terapia de ximnasia ocular de forma complementaria ten mostrado ser de utilidade.

Parte da rehabilitación consiste en reducir a ambliopía que xera a enfermidade. O diagnóstico e o tratamento pode ser feito oportunamente mediante un equipo multidisciplinar: optometrista, oftalmólogo ou oftalmólogo pediatra, estrabólogo, ortoptista e terapeuta visual.

En Galiza[editar | editar a fonte]

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria reflicte o nistagmo como "patoloxía frecuente" no manual de orientación para o alumnado con discapacidade visual.[5]

A data de 2022 non había ningunha asociación de doentes de nistagmo rexistrada no Servizo Galego de Saúde.[6]

Terminoloxía[editar | editar a fonte]

Unha nistagmografía é unha técnica para rexistra-los movementos nistágmicos, un nistagmógrafo é un instrumento que se emprega para rexistrar e medi-la amplitude dos movementos do globo do ollo no nistagmo, e un nistagmograma o trazado ou rexistro gráfico dos movementos oculares no nistagmo.[7]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Do grego υσταγμος (nystagmos), acción de adurmiñar ou resistir o sono.

Documentado en 1655 co sentido de somnolencia e en 1772 referido á visión.[8] Rexistrado en descricións médicas no século XIX: en 1814 (Nysten); 1822 (Plenk); 1855 (Larrey, Congenital double nystagmus de Arch. d'ophtalmologie)[9] e en 1869 cun significado xa similar ao actual.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-31. 
  2. "Nistagmo, nistaxe; p.511" (PDF). Dicionario galego de termos médicos. Consultado o 31-3-2022. 
  3. "Nystagmus: MedlinePlus Medical Encyclopedia". medlineplus.gov (en inglés). Consultado o 2022-03-31. 
  4. "Nystagmus Network – Supporting people living with nystagmus". nystagmusnetwork.org. Consultado o 2022-03-31. 
  5. "Orientación e respostas educativas" (PDF). www.edu.xunta.gal/. Consultado o 31-3-2022. 
  6. "Espazo para asociacións de doentes". extranet.sergas.es. Consultado o 2022-03-31. 
  7. "Nistagmo, nistaxe; p.511" (PDF). Dicionario galego de termos médicos. Consultado o 31-3-2022. 
  8. "Dicciomed: Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico". dicciomed.usal.es (en castelán). Consultado o 2022-03-31. 
  9. "NYSTAGMUS : Etymologie de NYSTAGMUS". www.cnrtl.fr. Consultado o 2022-03-31. 
  10. "NISTAGMO". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2022-03-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Giovanni, C. & Rivera, C. (1999). Oscillopsia: confuse symptom. Universitas Médica, 40(3):122-124.
  • Polsdorfer, J. R. (2002). Nystagmus. In D. S. Blanchfield & J. L. Longe (Eds.), The Gale Encyclopedia of Medicine (2nd ed., Vol. 4, pp. 2371-2372). Detroit: Gale.
  • Reilly, M. (2006). Nystagmus. In K. Krapp & J. Wilson (Eds.), The Gale Encyclopedia of Children's Health: Infancy through Adolescence (Vol. 3, pp. 1332-1335). Detroit: Gale.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]