Atención:Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación.
Este artigo é demasiado curto ou tan só unha definición de dicionario. Por favor, axuda ampliando a información que achega. Cando o problema se resolva, retira esta mensaxe. Por favor, non quites esta mensaxe ata que este problema estea solucionado. (Desde marzo de 2026.)
Fabrícase en versións de dúas portas, cinco portas ou pickup. Varias versións do Patrol son moi empregadas pola ONU. O vehículo é recoñecido pola súa potencia e durabilidade.
O 4W60 foi introducido en setembro de 1951, cunha aparencia similar ao Willys MB, aínda que con maiores dimensións. O 4W60 usou o motor NAK de Nissan, de 75 CV de potencia e 3.7 litros, procedente do autobúsNissan 290, pero con tracción ás catro rodas e transmisión manual de catro velocidades. O 4W60 foi substituído polo 4W61 en agosto de 1955.
O 4W61 era similar ao 4W60 coa excepción da grella (con algunhas barras cromadas), un parabrisas dunha soa peza, barras cromadas no capó e asentos de tamaño diferente (o do pasaxeiro era máis ancho que o do condutor). O outro grande cambio foi o do motor. O 4W61 levou un motor Nissan NB de 3.7 litros e 92 CV de potencia, e máis adiante foi equipado polo motor Nissan NC de 4.0 litros e 105 CV. En outubro de 1958, o 4W61 deixou de ser fabricado e foi substituído polo 4W65.