Saltar ao contido

Nintendo DS Lite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nintendo DS Lite
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Marca
Implicados
 Fabricante
Datas
 Data de publicación
2 de marzo de 2006 (Xapón)
28 de xullo de 2015 (México)
23 de xuño de 2006 (Europa)
7 de marzo de 2006 (España)
18 de xaneiro de 2007 (Corea do Sur)
1 de xuño de 2006 (Australasia)
3 de marzo de 2008 (Arxentina)
11 de xuño de 2006 (América do Norte) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
Cifras e dimensións
 Unidades vendidas
93.860.000 (2013)
580.000 (2006)
4.150.000 (2006)
9.060.000 (2006)
17.330.000 (2006)
21.850.000 (2007)
28.690.000 (2007)
34.930.000 (2007)
45.970.000 (2007)
51.780.000 (2008)
79.950.000 (2009)
90.200.000 (2010)
93.070.000 (2011)
93.840.000 (2012) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0b37k4 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Unha Nintendo DS Lite negra, co seu lapis.

A Nintendo DS Lite é unha videoconsola portátil que foi producida pola empresa xaponesa Nintendo. É a segunda versión da Nintendo DS. Este redeseño ten unha armazón máis delgada, lixeira, e pantallas con máis brillo ca a primeira versión. Lanzouse ao mercado por primeira vez o 2 de marzo de 2006[1] e a súa produción foi finalizada en 2014.

Lanzamento e vendas

[editar | editar a fonte]

No Xapón a Nintendo DS Lite saíu o 2 de marzo de 2006 a un prezo oficial de 16.800 iens,[2] aínda que por mor da excesiva demanda moitos comercios subiron o prezo até os 23.300 iens. As cores de lanzamento eran branco cristal (Crystal White), azul metálico (Ice Blue) e azul escuro (Enamel Navy). Porén, debido a problemas de confección só o branco cristal estaba dispoñíbel no día do seu lanzamento, pero as outras cores foron accesíbeis a partir do 11 de marzo de 2006. Máis adiante, o 20 de xullo de 2006, púxose a venda a nova versión rosa (Noble Pink) e finalmente o 2 de setembro de 2006 o modelo negro (Onyx Black). Para maio, Nintendo xa vendera 700.000 unidades da Nintendo DS Lite no Xapón.

A Nintendo DS Lite foi lanzada en América o 11 de xuño de 2006 a un prezo de 129,99$US con soamente a cor Polar Branco. Para o día do pai fíxose unha promoción de Nintendo DS Lite Polar Branco + Brain Training a só 129,99$US. Nos seus primeiros 10 días de venda vendeu 500.000 unidades. Posteriormente tamén estivo dispoñíbel tamén para América a cor Onyx Black que se vendeu moito en Suramérica. En Colombia, atopouse dende a súa saída a un prezo de 400.000 pesos colombianos. En países como Ecuador, Chile, México e O Salvador mantivo tamén o seu prezo orixinal e rompeu con marcas de moitas unidades vendidas dende a súa saída.

A Nintendo DS Lite saíu en Europa o 23 de xuño de 2006 a 99,99 libras no Reino Unido e 149,99 euros nos países da zona euro. En só 10 días Nintendo vendeu 200.000 unidades da DS Lite en Europa.[3]

En Australia foi lanzada o 1 de xuño de 2006 a un prezo de 199,95$AUS coa cor Polar Branco. Coa consola incluíase un demo de Brain Training.

O 18 de xaneiro de 2007 saíu a Nintendo DS Lite en Corea do Sur a un prezo de 150.000 wons, vendendo 1 millón de unidades durante o ano. Nos seus anos de comercialización vendéronse en total 93,86 millóns de unidades da DS Lite.[4]

Características

[editar | editar a fonte]
Unha Nintendo DS Lite pechada.
  • Peso: 218 gramos[5] (20% máis lixeira ca a Nintendo DS orixinal[6]).
  • Dimensións (pechada):
    • 133 mm x 73,9 mm x 21,5 mm[5] (a DS orixinal ten: 148,7 mm x 84,7 mm x 28,9 mm, é dicir, a Lite ten un 30% menos de tamaño[7]).
    • Stylus máis grande; máis fácil de soster (dimensións do punteiro: 87,5 mm x 4,9 mm, fronte aos 75 mm x 4 mm da Nintendo DS orixinal).
  • CPU: Un procesador ARM9 e un ARM7.
  • Pantalla superior: TFT/LCD reflectora semitransparente en cor de 3 polgadas, con luz incorporada e unha resolución de 256x192 píxeles. É menos duradeira e resistente aos golpes (o modelo inicial de DS é máis resistente en todos os aspectos). Posúe catro tons de brillo. A pantalla amosa 260.000 cores.[5] A pantalla inferior é igual ca a superior, pero é táctil e transparente de tipo analóxico.
  • O Control Pad (botón direccional) reduciuse a 18,6 mm, e os botóns A, B, X e Y tamén.
  • Batería: de ión litio, cunha duración de 15 a 19 horas co menor brillo e de 5 a 8 horas co maior. Tarda 4 horas en recargar.[5]
  • Son: a consola posúe altofalantes estéreo que, dependendo do software, poden proporcionar un son virtual surround.[5]
  • O control da Wii tomou algunhas das características da DS, como o pad direccional.
  • A consola estaba dispoñíbel en oito cores: Celeste, azul, branco, rosa, verde, vermello, negro e cinsento.
  • É moito menos resistente ás rascaduras ca o modelo anterior.
  • É 100% compatíbel coa Nintendo DS orixinal, tanto en modo LAN como en Wi-Fi.
  • É compatíbel con redes inalámbricas con sistemas de cifrado WEP (non WPA nin WPA2)

A DS Lite ten o seu propio sistema de arrinque firmware. Ao acender a consola, unha advertencia de saúde e seguranza amósase en primeiro lugar, ao ser tocado o aviso, cárgase o menú principal, similar á consola Wii. O menú principal presenta ao xogador sete opcións: xogar a un xogo de DS, o uso do PictoChat, iniciar a descarga DS, xogar a un xogo de Game Boy Advance, cambiar o brillo da pantalla, activar a alarma e acceder á configuración da consola.

O firmware tamén ofrece un reloxo de alarma, varias opcións de personalización (como prioridade para o arrinque, cando se inseren os xogos de GBA e pantalla de preferencia) e a capacidade para introducir a información do usuario e as preferencias (como o nome, data de nacemento, cor favorita, etc) que poden ser utilizados nos xogos.

Dende a aparición da Nintendo DS Lite, a autodenominada "scene", fai usos non autorizados das tarxetas R4, dende emular consolas de videoxogos máis antigas: Game Boy, SNES, ou mesmo NeoGeo ou MSX, a usar aplicacións para poder reproducir películas ou ficheiros de son en MP3 e Midi na Nintendo DS, pasando polos propios xogos hackeados de DS; isto provocou que a compañía Nintendo teña que atopar e denunciar aos distribuidores destes cartuchos.[8]

Nintendo DS Lite, edición Zelda.

As cores da Nintendo DS Lite no seu lanzamento xaponés foron: Cristal Branco (en Europa e América coñecido como Polar Branco), azul claro, e mariña. En América estivo dispoñíbel na cor Polar Branco. En Europa está dispoñíbel en Polar Branco, Negro Simpático -unha cor exclusiva para Europa- e Coral rosa. En América estiveron dispoñíbeis a cor Ónix e Coral rosa. Tamén houbo unha edición limitada de Onyx e negro á venda nos Estados Unidos e unha edición especial de cor dourada co xogo The Legend of Zelda: Phantom Hourglass.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]