Nino Khurtsidze
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de setembro de 1975 Tbilisi |
| Morte | 23 de abril de 2018 Tbilisi |
| Causa da morte | cancro |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Tbilisi |
| Ocupación | xadrecista, deportista |
| Nacionalidade deportiva | Xeorxia Unión Soviética |
| Deporte | xadrez |
| Título de xadrecista | Mestra Internacional Feminina (1993) Gran Mestra Feminina (1993) Mestre Internacional (1999) |
| Puntos ELO (màx.) | 2.472 (1999)< |
| Participou en | |
| 2012 | Women's Chess Olympiad 2012 (en) |
| 2006 | Women's Chess Olympiad 2006 (en) |
| 2002 | Women's Chess Olympiad 2002 (en) |
| 2000 | Women's Chess Olympiad 2000 (en) |
| 1998 | Women's Chess Olympiad 1998 (en) |
Nino Khurtsidze, nada o 28 de setembro de 1975 e finada o 22 de abril de 2018 en Tbilisi, foi unha xogadora de xadrez xeorxiana [1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Campioa do mundo júnior feminina en 1993 e mais en 1995, tiña o título de mestre internacional (mixto) desde 1999. Gañou o campionato de Xeorxia mixto en 1998, e o campionato xeorxiano feminino cinco veces (1989, 1993, 2005, 2006 e 2013). Chegou a cuartos de final no campionato do mundo de xadrez feminino en dúas ocasións (2001 e 2006). En 2004 rematou segunda no Open de Essen (mixto), detrás do gran mestre internacional ruso Evgeny Shaposhnikov.
O 1 de outubro de 2016 estaba clasificada como a 51º xadrecista do mundo e a quinta de Xeorxia cunha clasificación Elo de 2415.
Competicións por equipo
[editar | editar a fonte]Nino Khurtsidze representou a Xeorxia en cinco olimpíadas entre 1998 e 2012, gañando unha medalla de prata por equipo (en 2000), unha medalla de bronce por equipo (en 1998) e unha medalla de ouro individual en 2000. Igualmente participou en tres campionatos do mundo femininos por equipo (2007, 2011 e 2013), gañando a medalla de bronce por equipo en 2011[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Нино Хурцидзе. 1975 - 2018". chess-news.ru. 22 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 23 de abril de 2018.
- ↑ Ficha de Nino Khurtsidze en olimpbase.org.