Ninette de Valois
Ninette de Valois | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Edris Stannus |
Nacemento | 6 de xuño de 1898 |
Lugar de nacemento | Blessington |
Falecemento | 8 de marzo de 2001 |
Lugar de falecemento | Londres |
Nacionalidade | Irlanda e Reino Unido |
Ocupación | bailarina de ballet, coreógrafa, libretista, mestre de ballet, escritora, ballet teacher e directora de cine |
Pai | Thomas Robert Alexander Stannus |
Nai | Elizabeth Graydon Smith |
Cónxuxe | Arthur Blackall Connell |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra, Laurence Olivier Award, Dama comandante da Orde do Imperio británico, Premio Erasmus, Companion of Honour, Ordem de Mérito, Albert Medal, Society of London Theatre Special Award, Critics' Circle Award for Distinguished Service to the Arts e Queen Elizabeth II Coronation Award |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Dame Ninette de Valois, nada como Edris Stannus en Blessington (Irlanda) o 6 de xuño de 1898 e finada en Londres o 8 de marzo de 2001, foi unha bailarina, profesora, coreógrafa e directora de ballet clásico británica de orixe irlandesa.[1] Bailou profesionalmente cos Ballets Russes de Serge Diaghileve posteriormente estableceu o Royal Ballet, unha das compañías máis destacadas do século XX. Tamén estableceu a Royal Ballet School e a compañía que se converteu no Birmingham Royal Ballet. Está recoñecida como unha das figuras máis influentes da historia do ballet e como a "madriña" do ballet inglés e irlandés.[2][3][4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a bailar en 1908, con dez anos, e axiña adquiriu unha gran reputación en Inglaterra a causa dos seus graciosos movementos. En 1921 cambiou legalmente o seu nome a Ninette de Valois. Bailou cos Ballets Rusos de Sergei Diagilev, aínda que non chegou a ser unha estrela con eles.
Retirouse como bailarina en 1926, con vinte e oito anos, para promover o ballet clásico por toda Europa. En 1928 convenceu a Lilian Baylis para que o Sadler's Wells Theatre puidese ser sede da súa compañía. Baixo a súa dirección a compañía creceu e converteuse na Wells Royal Ballet Company, que máis adiante se dividiu entre a Birmingham Royal Ballet e a Covent Garden's Royal Ballet. Tamén fundou a Royal Ballet School.
De Valois, case sen axuda, foi responsable de crear o ballet clásico británico. Deseñou a súa compañía segundo o exemplo dos Ballets Imperiais Rusos, aínda que programando unha mestura de ballet clásico e obras contemporáneas. Pouco a pouco foi atraendo persoas de talento, e invitou a Frederick Ashton que fora o principal coreógrafo da súa compañía. Co tempo, a compañía chegou a ser unha das máis sonadas do mundo, con bailaríns como Margot Fonteyn, Gillian Lynne, Robert Helpmann, Moira Shearer, Beryl Grey e Michael Somes. En 1949 o Sadler Wells Ballet causou sensación cando viaxaron aos Estados Unidos e Margot Fonteyn converteuse inmediatamente nunha celebridade internacional. A comezos da década de 1950, de Valois contribuíu a fundar o Ballet e Ópera Estatal Turco, en Istambul.
Ocupouse de que a súa compañía tivese unha fonte constante de talento e nos anos seguintes a compañía contou con estrelas como Svetlana Beriosova, Antoinette Sibley, Nadia Nerina, Lynn Seymour, e coa máis sensacional posible no momento, Rudolf Nureyev. De Valois tamén invitou a coreógrafos como Kenneth MacMillan e George Balanchine a que traballasen coa compañía. Retirouse formalmente en 1964 e foi nomeada Life Governor of the Royal Ballet, deixando sentir a súa presenza na compañía. Era moi severa, e quizais por esa razón, déuselle o alcume de "Madam" (Señora). O alcume callou e dende entón en artigos e entrevistas formais chamárona Madam; ela aceptouno con naturalidade e comezou a asinar así a súa correspondencia.
Continuou con aparicións públicas ata a súa morte aos 102 anos.
Honras[editar | editar a fonte]
Foille concedida a Lexión de Honra francesa en 1950 e nomeada Dame Commander of the Order of the British Empire en 1951, e posteriormente, en 1982, Companion of Honour. En 1992 recibiu a Orde do Mérito.
En 1974 tamén se lle outorgou o prestixioso Premio Erasmus, conxuntamente co coreógrafo Maurice Béjart.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ninette de Valois. Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2 de novembro de 2018.
- ↑ Segal, Lewis. "Dame Ninette de Valois; Influential Founder of Britain's Royal Ballet". Los Angeles Times. Consultado o 12 de agosto de 2010.
- ↑ "The first wave of classical ballet in Australia". cultureandrecreation.gov.au. 4 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2010. Consultado o 31 de xullo de 2010.
- ↑ Walsh, John (6 de xuño de 1998). "Interview: Dame Ninette de Valois: Doyenne of the dance". The Independent (Londres). Consultado o 31 de xullo de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Dame Ninette de Valois obituaryArquivado 27 de outubro de 2010 en Wayback Machine., The Independent
- London Ballet Circle website, londonballetcircle.co.uk
- Profile, pcah.us
- Profile, ballerinagallery.com
- Ninette de Valois profile, peopleplayuk.org.uk
- Ninette de Valois, Royal Ballet Founder, Dies at 102, nytimes.com
- Kathrine Sorley Walker, "The Festival and the Abbey: Ninette de Valois' Early Choreography, 1925-1934, Part One", Dance Chronicle, Vol. 7, No. 4 (1984 - 1985), pp. 379-412
- Ninette de Valois profile; arquivado o 1 de novembro de 2009
- Biography: Ninette de Valois, answers.com
- "Call Her 'Madame'", encyclopedia.com
- Ninette de Valois profile, Ricorso.net
- Dame Ninette de Valois' appearance on This Is Your Life, bigredbook.info