Nina Gualinga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nina Gualinga
Nacementoxuño de 1993
Lugar de nacementoSarayaku
NacionalidadeEcuador
Ocupaciónactivista e ecoloxista
IrmánsHelena Gualinga
Na rede
Facebook: ninagualinga Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nina Gualinga, nada en xuño de 1993, é unha activista ambiental e dos dereitos indíxenas ecuatoriana.[1] Ela é parte da comunidade de fala kichwa e pasou a maior parte da súa vida abogando por unha maior protección medioambiental da Amazonía ecuatoriana e da vida silvestre que a habita así como das persoas que dependen deste contorno.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gualinga naceu e criouse na comunidade de fala kichwa da súa nai de Sarayaku na Amazonía ecuatoriana.[3][4] Desde os sete anos, abogou pola xustiza climática e os dereitos dos indíxenas.[5][6] Obtivo o seu coñecemento do bosque a través dos seus pais e avós.[2] A irmá de Gualinga, Helena Gualinga, e nai, Noemí Gualinga, son tamén activistas medioambientais e membros activos na loita da comunidade Kichwa Sarayaku contra a explotación da selva amazónica por parte de empresas e do goberno ecuatoriano. A defensa dos dereitos indíxenas e territoriais de Gualinga comezou cando unha empresa petroleira coa axuda de tropas militares do goberno ecuatoriano comezou a explotar violentamente a terra indíxena da súa comunidade. Esta intrusión conduciu a unha batalla legal entre o goberno ecuatoriano e a comunidade de Sarayaku ante a Corte Interamericana de Dereitos Humanos, que finalmente resultou nunha vitoria para a comunidade de Sarayaku.[7][6] Á idade de 18 anos, Gualinga representou á xuventude de Sarayaku na audiencia final do caso.

Estuda no departamento de Dereitos Humanos da Universidade de Lund.[8][9][4]

Gualinga tivo unha bolsa indíxena en Amazon Watch onde desenvolveu a proposta para a súa propia organización non gobernamental destinada a facultar ós mozos e mulleres indíxenas de Sarayaku, e a protexer o sur da Amazonía sur ecuatoriana.[5] A súa organización Hakhu Amazon Design vende xoias e accesorios artesanais feitos a man.[3][10] Ela reclama ó goberno ecuatoriano que recoñeza a selva amazónica como un activo e que o goberno poña fin ós seus acordos contractuais coas principais empresas petroleiras e mineiras.[2]

Tamén é activa como activista dos dereitos indíxenas a nivel internacional, cun enfoque na protección de fogares e terras contra os intereses corporativos.[7][4] formou parte dun chamamento global para parar a extracción de combustibles fósiles na Marcha polo Clima dos Pobos en 2014.[9][11] Tamén estivo entre os delegados que abogaron pola “protección dos Bosques Vivos” nas conferencias climáticas globais COP20 e COP21 en Lima e París respectivamente.[5] No transcurso da COP21, chamou a atención sobre as demandas do seu pobo navegando polo río Sena en París nunha canoa desde o seu pobo.[12] Foi integrante das mulleres indíxenas que marcharon en 2016 para unificar e defender os dereitos e territorios de mulleres de 7 nacionalidades.[10] Gualinga botou máis luz sobre os efectos do cambio climático no pobo Kichwa na COP22 en Marrakech e animou ó goberno a dar prioridade ás accións climáticas para reducir as emisións de carbono para as persoas indíxenas.[6] Formou parte da Rede de Acción polo Clima e a Terra de Mulleres (WECAN), Amazon Watch e a Delegación de Sarayaku en COP23 en Bonn e foi oradora no evento.[13][14] Nina tamén formou parte da delegación de WECAN nas negociacións climáticas da COP25 en Madrid en 2019.[15] No evento, mencionou que a saída da crise climática é escoitar ós indíxenas que foron os custodios da terra durante miles de anos. Deu unha conferencia sobre Pobos Indíxenas da Amazonía: Os Gardiáns do noso Futuro no Auditorio IAAC, Barcelona o 25 de febreiro de 2020.[16][4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Internacional WWF Xuventude do Presidente[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nina Gualinga, la luchadora ambiental que batalla contra la violencia de género" (en castelán). El Universo. 2020-07-04. Consultado o 2020-11-11. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Activist Nina Gualinga on protecting the Amazon". World Wildlife Fund (en inglés). Consultado o 2020-11-10. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Environmental and indigenous rights activist to receive WWF's top youth conservation award". World Wide Fund For Nature. 2018-05-08. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Nina Gualinga > IAAC Lecture Series" (en inglés). IAAC. 2020-02-18. Consultado o 2020-11-10. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Nina Sicha Siren Gualinga". sdlac.yale.edu. Consultado o 2020-11-10. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Climate justice day at COP22 considers climate impacts on indigenous people - Business & Human Rights Resource Centre" (en inglés). www.business-humanrights.org. Consultado o 2020-11-10. 
  7. 7,0 7,1 "Spotlight on indigenous rights at COP22 climate talks". Consultado o 2020-11-10. 
  8. "Indigenous Environmental Activism in the Amazon: Nina Gualinga" (en inglés). Consultado o 2020-11-10. 
  9. 9,0 9,1 "Indigenous Voices: A Call to Keep the Oil in the Ground" (en inglés). 2014-12-12. Consultado o 2020-11-10. 
  10. 10,0 10,1 "People Power Rises for Climate Justice at COP25: WECAN International Analysis & Reflection" (en inglés). 2019-12-21. Consultado o 2020-11-10. 
  11. "Indigenous Voices: A Call to Keep the Oil in the Ground" (en inglés). Consultado o 2020-11-10. 
  12. "8 women who are changing the world without you even realising" (en inglés). 2016-03-07. Consultado o 2020-11-10. 
  13. "Women's Voices for Climate Justice" (en inglés). Consultado o 2020-11-10. 
  14. "Amazon Watch and Sarayaku Delegation to COP 23" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 2020-11-10. 
  15. "Advocacy at UN Climate Forums" (en inglés). Consultado o 2020-11-10. 
  16. "Nina Gualinga Lecture" (en inglés). 2020-02-24. Consultado o 2020-11-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]