Nilo Cea Rodríguez
Nilo Cea Rodríguez | |
---|---|
Nacemento | 1911 |
Lugar de nacemento | Melide |
Falecemento | 27 de outubro de 1992 |
Lugar de falecemento | Melide |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre, escritor e debuxante |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nilo Cea Rodríguez, nado en Melide en 1911 e finado no mesmo concello o 27 de outubro de 1992, foi un mestre, escritor e debuxante galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Domingo Antonio Cea Costoya, mestre de Melide, e Leonor Rodríguez. Mestre de Furelos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi represaliado. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[1] Cultivou a poesía e a prosa (contos de nenos e de escola e narracións costumistas) sempre en galego. Tamén foi debuxante, caricaturista e tallista en madeira. Finou en Melide o 27 de outubro de 1992.[2]
Obras[editar | editar a fonte]
Entre as súas obras figuran os contos de escola A Escola, o escolante e máis os rapaces da aldea e Contos do Mariano (en prosa) e Contos recolleitos e contos discurridos postos en verso (poemas).
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Unha rúa de Melide leva o seu nome.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Matilde Concepción Sánchez Reboredo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BOE, 15-9-1942, p. 3618-3619.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 28-10-1992, p. 65.