Bisons Loimaa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nilan Bisons»)
Bisons Loimaa
Información xeral
Liga Korisliiga
Fundación 1964
Historia L. Korikonkarit (1964-2011)
Cores           Vermello, branco
Adestrador Darko Mihajlovic
Localización
Cidade Finlandia Loimaa, Finlandia
Pavillón Loimaan liikuntahalli
Capacidade 1 300 persoas
Campionatos
Liga 2 (2012, 2013)
bisons.fi

O Bisons Loimaa (até 2011 chamado Loimaan Korikonkarit, abreviado LoKoKo), é un club de baloncesto profesional finés da cidade de Loimaa, Finlandia Propia. O club foi fundado en 1964 e na tempada 2023-24 competirá na máxima categoría do baloncesto finlandés, a Korisliiga, da cal posúe dous campionatos. Os Bisons teñen competido en competicións europeas, así como na VTB United League, unha liga internacional integrada principalmente por equipos rusos.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor vermella e cun pantalón da mesma cor. Xoga os seus partidos como local no Loimaan liikuntahalli, pavillón con capacidade para 1 300 espectadores.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Os Bisons xogan os seus partidos como locais no Loimaan liikuntahalli.

Os Bison xogan os seus partidos como locais no Loimaan liikuntahalli, un pavillón construído en 2005 e con capacidade para 1 300 persoas.[1] Con todo, nos seus enfrontamentos europeos o equipo empregou outros pavillóns de maior capacidade como Energia Areena de Vantaa ou o Helsingin jäähalli da capital finlandesa, onde os Bisons reuniron a audiencias superiores ás 6 000 persoas.[2] Durante o seu período na VTB United League os Bisons tamén chegaron xogar no Gatorade Center de Turku, un pavillón con capacidade para 11 000 persoas, vendendo 9 000 entradas dous meses antes do seu partido fronte o Zenit de San Petersburgo.[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Liga de Finlandia
  • Campión (2): 2012, 2013
    • Subcampión: 2015
    • Medalla de bronce: 2014

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Loimaan liikuntahalli" (en finés). bisons.fi. Consultado o 28 de maio de 2023. 
  2. "Bisonsin seuraavat Eurocup-ottelut Vantaan Energia Areenalla" (en finés). basket.fi. 31 de outubro de 2013. Consultado o 28 de maio de 2023. 
  3. "Bisons B€€F: Basketball business in Finland" (en inglés). vtb-league.com. Consultado o 28 de maio de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]