Nikoloz Sherazadishvili
Nikoloz Sherazadishvili | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1996 |
Lugar de nacemento | Tbilisi |
Nacionalidade | Xeorxia e España |
Ocupación | judoka |
Na rede | |
https://www.nikoshera.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nikoloz Sherazadishvili, nado en Tbilisi o 19 de febreiro de 1996, é un judoka español, de orixe xeorxiana.
Compite na categoría de -90 kg e foi dúas veces campión do mundo, en 2018 e 2021.[1][2] Gañou ademais a medalla de bronce nos Campionatos de Europa de Judo de 2018, e participou nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.[3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Tbilisi (Xeorxia) en 1996. Cando tiña 14 anos toda a súa familia emigrou a Madrid. Ten a nacionalidade española desde 2014.[4]
No seu país natal practicaba judo e wáter-polo, pero cando se mudou a Madrid centrouse exclusivamente na arte marcial a través da escola de Judo de Brunete, dirixida polo exjudoka olímpico Joaquín Ruiz Llorente.[5] Os seus primeiros éxitos internacionais foron dúas medallas de prata no Campionato Mundial Júnior, en 2014 e 2015.
Máis tarde instalouse en Vigo, onde entrou a formar parte do club Famu.[6] En 2018 obtivo a medalla de ouro no Campionato do Mundo, na categoría de –90 kg, superando na final ao cubano Iván Felipe Silva , cun ippon de uchi mata na prórroga, despois de rematar o período regulamentario cada un cun wazari. Deste xeito converteuse no primeiro español en obter o título mundial de judo masculino.[1][4] En 2021 gañou o seu segundo título mundial ao gañar a medalla de ouro na final do Mundial contra o uzbeko Davlat Bobonov, logrando un ippon na prórroga.[2]
Na súa primeira participación olímpica, en Toquio 2020, non puido conseguir medalla a pesar de ser o número 1 na clasificación mundial da súa categoría (–90 kg), e rematou na sétima posición tras perder en cuartos de final contra o ruso Mikhail Igolnikov e na repesca ante Bobonov.[7]
Palmarés internacional[editar | editar a fonte]
Campionato do Mundo | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Categoría |
2018 | ![]() |
![]() |
-90 kg |
2021 | ![]() |
![]() |
-90 kg |
Campionato de Europa | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2018 | ![]() |
![]() |
-90 kg |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 De Vicente, Marcos (24 de setembro de 2018). "¡Niko Sherazadishvili, primer campeón del mundo masculino de la historia de España!". Marca (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Niko Shera, primer bicampeón mundial de la historia del judo español". Marca (en castelán). 10 de xuño de 2021. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- ↑ "La IJF hace pública la clasificación Olímpica" (en castelán). 22 de xuño de 2021. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Sánchez, Javier (24 de setembro de 2018). "Nikoloz Sherazadishvili, el primer judoca español campeón del mundo". El Mundo (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- ↑ Calonge, Lorenzo (25 de setembro de 2018). "Niko Sherazadishvili, el ‘ángel’ del yudo". El País (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- ↑ García Calvo, Lorena (26 de setembro de 2018). "La élite del yudo pone su base en Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- ↑ "El español Sherazadishvili también cae en la repesca y se despide de la medalla" (en castelán). 28 de xullo de 2021. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha do atleta no sitio web do COE (en castelán).