Nikol Pashinyan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nikol Pashinyan
Nikol Pashinyan (2018-05-14).jpg
Nacemento1 de xuño de 1975
 Ijevan
NacionalidadeArmenia
Etniapobo armenio
Relixióncristianismo
Alma máterYerevan State University
Ocupaciónpolítico, xornalista e escritor
CónxuxeAnna Hakobyan
Nikol Pashinyan signature.png
editar datos en Wikidata ]

Nikol Pashinyan (en armenio: Նիկոլ Փաշինյան), nado en Ijevan o 1 de xuño de 1975, é un político armenio, actual primeiro ministro de Armenia desde 2018.[1]

Antes de dedicarse á política era editor do xornal Haykakan Zhamanak. Posteriormente foi un dos líderes do opositor Congreso Nacional Armenio, desempeñando un papel destacado nas protestas polo resultado das eleccións presidenciais de 2008.[2] Entre 2009 e 2011 permaneceu arrestado baixo a acusación de desorde pública, aínda que o goberno de Sargsyan terminou amnistiándoo. En 2012 puido presentarse aos comicios e foi elixido membro da Asemblea Nacional de Armenia. Desde 2013 encabeza o movemento liberal «Contrato Civil».

Pashinyan liderou as protestas en Armenia de 2018 que levaron a dimisión de Serzh Sargsyan e o seu posterior nomeamento como primeiro ministro.[3]

Biografía[editar | editar a fonte]

Nikol Pashinyan naceu o 1 de xuño de 1975 en Ijevan, RSS de Armenia. Despois da independencia de Armenia trasladouse a Iereván para estudar xornalismo na Universidade Estatal. Catro anos máis tarde foi expulsado do centro pola súa militancia política, aínda que iso non lle impediu traballar en diversos diarios nacionais.[4]

En 1999, mentres exercía como redactor xefe do diario Oragir, foi condenado a un ano de prisión por inxurias contra a esposa do primeiro ministro, sen chegar a entrar no cárcere. Ese mesmo ano estableceu o xornal Haykakan Zhamanak, (en inglés, The Armenian Times), cuxa liña editorial denunciaba presuntos casos de corrupción e nepotismo do gobernante Partido Republicano de Armenia. Pashinyan permaneceu á fronte da cabeceira até 2008, cando delegou a responsabilidade na súa esposa.

Pashinyan sufriu un intento de atentado con coche bomba en 2004, do que se librou porque o artefacto estalara mentres el seguía na redacción.[5]

Está casado coa tamén xornalista Anna Hakobyan e ten catro fillos.[4]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Nas eleccións parlamentarias de 2007, Pashinyan tentou forzar o proceso de destitución do presidente Robert Kotcharian cunha lista específica que el mesmo liderou, e que obtivo só o 1,29% dos votos.

Un ano máis tarde apoiou a candidatura do ex-presidente Levon Ter-Petrosyan para as presidenciais de 2008, a través do opositor Congreso Nacional Armenio (HAK). A vitoria do oficialista Serzh Sargsyan con maioría absoluta motivou unha denuncia por fraude electoral, así como numerosas protestas cidadás na praza da Ópera de Iereván durante as seguintes dúas semanas, nas que Pashinyan foi un dos rostros máis visibles. A acción policial para disolvelas terminou cun saldo de 10 mortos e 200 feridos, a declaración do estado de emerxencia e o arresto domiciliario de Petrosyan entre outros opositores.[6] Pashinián foi acusado de desorde pública e ditouse unha orde de procura e captura contra el.

Pashinyan en abril de 2014.

O dirixente permaneceu escondido no interior do país durante un ano, ata que en 2009 decidiu entregarse ás autoridades. O Tribunal condenouno en primeira instancia a sete anos de cárcere polo seu papel no movemento, aínda que a súa pena foi rebaixada á metade trala apelación. Finalmente, e despois doutra serie de protestas cidadás en Iereván, o presidente Serzh Sargsyan liberouno en 2011 a través dunha amnistía.[7]

Trala súa posta en liberdade, Pashinyan foi elixido deputado da Asemblea Nacional de Armenia polo HAK nas eleccións parlamentarias de 2012. Un ano despois participou na fundación do movemento liberal Contrato Civil. De cara ás eleccións parlamentarias de 2017 liderou a coalición opositora «Yelk», que quedou terceira a nivel nacional (co 7.78% dos votos) e segunda nas municipais para a alcaldía de Iereván. Devandito movemento foi apoiado polo exprimer ministro Aram Sargsyan e o activista Edmon Marukyan.[8]

Protestas en Armenia de 2018[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Revolución armenia de 2018.
Pashinyan durante as protestas en Armenia de 2018.

A comezos de 2018 o presidente Serzh Sargsyan, quen esgotara o seu mandato como xefe de Estado, quixo manterse no poder a través do seu nomeamento como primeiro ministro, cargo que el mesmo reforzara cunha reforma constitucional para outorgarlle poderes executivos.[9] A operación levou unha serie de protestas cidadás en todo o país, encabezadas por Nikol Pashinyan como líder da oposición na Asemblea Nacional, nas que se chamou á desobediencia civil para denunciar a situación política, a corrupción institucional, a falta de rendición de contas e as escasas oportunidades da sociedade armenia.[10][11] E aínda que Sargsyan foi nomeado primeiro ministro o 17 de abril, tivo que dimitir seis días despois polo éxito das mobilizacións civís.[12][13]

Pashinyan negociou o seu nomeamento como primeiro ministro de transición, co obxectivo de canalizar unha serie de reformas democráticas e económicas. A pesar do rexeitamento inicial por parte dalgúns membros do Partido Republicano, o 8 de maio obtivo os votos necesarios na Asemblea Nacional para ser nomeado primeiro ministro de Armenia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nikol Pashinyan, elegido primer ministro de Armenia en un clima de fiesta y revolución". La Vanguardia. 8 de maio de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  2. "Nikol Pashinián, el periodista que tiene en jaque al Gobierno armenio". France 24 (en castelán). 29 de abril de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  3. "El primer ministro de Armenia, obligado a dimitir por las protestas populares". ISSN 1134-6582. 
  4. 4,0 4,1 "Who is Armenian opposition leader Nikol Pashinyan?". www.aljazeera.com. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  5. azatutyun.am (ed.). "Newspaper Editor’s Car Blown Up". Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  6. "Armenia: Skewed Prosecution Over 2008 Clashes". hrw.org. 25 de febreiro de 2009. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  7. "La oposición armenia paraliza el país con marchas y cortes de ruta contra el gobierno". 3 de maio de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  8. "El bloque opositor de Armenia nomina a Nikol Pashinyán al puesto de primer ministro". Europa Press. 25 de abril de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  9. "El partido del Gobierno armenio sugiere que votará para convertir en primer ministro al líder opositor". Europa Press (en castelán). 3 de maio de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  10. Bonet, Pilar (28 de abril de 2018). "El líder de las protestas en Armenia amenaza con tomar el poder aunque no sea elegido". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  11. "¿Por qué los armenios protestan para que Nikol Pashinián sea primer ministro?". El Espectador. 2 de maio de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  12. "Breaking: Serge Sarkisian Resigns as Prime Minister". The Armenian Weekly. 23 de abril de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2018. 
  13. Mansilla Blanco, Roberto (10 de maio de 2018). igadi.org, ed. "Claroscuros armenios". Consultado o 6 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Karen Karapetyan
Primeiro ministro de Armenia
2018
Sucesor:
No cargo